Saltar ao contido

Roma (filme de 2018)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Roma
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Título
Roma (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
7 de decembro de 2018 (Suecia)
30 de novembro de 2018 (Reino Unido)
21 de novembro de 2018 (México, Estados Unidos de América)
3 de decembro de 2018 (Italia)
13 de setembro de 2018 (Israel)
29 de novembro de 2018 (Irlanda)
10 de setembro de 2018 (Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2018)
5 de decembro de 2018 (España)
6 de decembro de 2018 (Dinamarca, Alemaña, Nova Zelandia)
12 de decembro de 2018 (Corea do Sur)
29 de novembro de 2018 (Canadá)
7 de decembro de 2018 (Australia)
30 de agosto de 2018 (75th Venice International Film Festival (en) Traducir)
31 de agosto de 2018 (45th Telluride Film Festival (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Historia
Cifras e dimensións
Duración135 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Custo15000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación1140769 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF4869163211507107580001 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
7.6/10 Internet Movie Database (7 de marzo de 2026)
96/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
8.9/10 Rotten Tomatoes (13 de novembro de 2023)
96% Rotten Tomatoes (13 de novembro de 2023) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt6155172 Filmaffinity: 850453 Allocine: 250095 Rottentomatoes: m/roma_2018 Mojo: roma Allmovie: am196824 Metacritic: movie/roma
Twitter: ROMACuaron Netlix: 80240715 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Roma é un filme dramático de 2018 escrito, co-producido, co-editado e dirixido por Alfonso Cuarón. Trátase dunha coprodución entre os Estados Unidos e México e está protagonizado por Yalitza Aparicio, Marina de Tavira, Marco Graf, Daniela Demesa, Enoc Leaño e Daniel Valtierra. Está ambientado a comezos da década de 1970, e a historia é unha semiautobiografía do propio Cuarón e a súa nenez en Cidade de México. Conta a historia dunha serventa e neneira que traballa para unha familia de clase media.[1][2] O título refírese á Colonia Roma, un barrio de Cidade de México.[3]

Roma estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Venecia o 30 de agosto de 2018, onde gañou o León de Ouro. Tivo unha estrea limitada nos cinemas o 21 de novembro de 2018, e comezou a súa distribución en Netflix o 14 de decembro de 2018.[4][5] O filme recibiu aclamación universal polo guión, dirección e fotografía de Cuarón, así como polas actuacións de Aparicio e de Tavira. Na 91ª edición dos Oscar estivo nomeado en 10 categorías, entre elas mellor actriz (Aparicio) e actriz secundaria (de Tavira); finalmente gañou os premios de mellor filme en lingua non inglesa, mellor fotografía e mellor director.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Yalitza Aparicio como Cleodegaria "Cleo" Gutiérrez
  • Marina de Tavira como Sofía
  • Fernando Grediaga como Antonio
  • Jorge Antonio Guerrero como Fermín
  • Marco Graf como Pepe
  • Daniela Demesa como Sofi
  • Diego Cortina Autrey como Toño
  • Carlos Peralta como Paco
  • Nancy García como Adela
  • Verónica García como Teresa
  • José Manuel Guerrero Mendoza como Ramón
  • Latin Lover como Profesor Zovek
  1. Dargis, Manohla (13 de decembro de 2018). "‘Roma’ Review: Alfonso Cuarón’s Masterpiece of Memory". The New York Times. Consultado o 29 de decembro de 2018. [Roma] centers on a young indigenous woman who works as a maid for a middle-class white family that’s falling apart.
  2. Solórzano, Fernanda. "Entrevista a Alfonso Cuarón “Con Roma quería honrar el tiempo y el espacio; que los lugares dictaran lo que iba a pasar”". Letras Libres (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2019. ... Roma narra la vida de una familia de clase media.
  3. Bradshaw, Peter (30 de agosto de 2018). The Guardian, ed. "Roma review: Alfonso Cuarón returns to Venice – and Mexico – for a heart-rending triumph". Consultado o 6 de decembro de 2018.
  4. Anderson, Ariston (25 de xullo de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Venice to Kick Off Awards Season With New Films From Coen Brothers, Luca Guadagnino and Alfonso Cuaron". Consultado o 25 de xullo de 2018.
  5. Vivarelli, Nick (25 de xullo de 2018). Variety, ed. "Venice Film Festival Lineup: Heavy on Award Hopefuls, Netflix and Star Power". Penske Business Media. Consultado o 25 de xullo de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]