Saltar ao contido

Kramer contra Kramer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kramer contra Kramer
 Instancia de
 Título
Kramer vs. Kramer (en) Editar o valor en Wikidata
 Tema principal
 Baseado en
 Xénero artístico
 Movemento
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Obra derivada
 Formato de distribución
 Cor
 Formato de imaxe
 Ambientado en
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Organizacións
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Economía
Custo8000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación106000000 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
5 de decembro de 1979 (Os Ánxeles)
19 de decembro de 1979 (Estados Unidos de América)
28 de febreiro de 1980 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración100 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Nomeamentos
Óscar á mellor actriz secundaria (25 de febreiro de 1980)
Óscar á mellor fotografía (25 de febreiro de 1980)
Óscar á mellor montaxe (25 de febreiro de 1980)
Óscar ó mellor actor (25 de febreiro de 1980)
Óscar ó mellor director (25 de febreiro de 1980)
Óscar ó mellor actor secundario (25 de febreiro de 1980)
Óscar á mellor actriz secundaria (25 de febreiro de 1980)
Óscar ó mellor filme (25 de febreiro de 1980)
Óscar ó mellor guión adaptado Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
7.8/10 Internet Movie Database (20 de febreiro de 2026)
77/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
89% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
8.1/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF316751721 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0p_th Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0079417 Filmaffinity: 257947 Allocine: 1237 Rottentomatoes: m/kramer_vs_kramer Mojo: kramervskramer Allmovie: v27688 TCM: 4665 Metacritic: movie/kramer-vs-kramer TV.com: movies/kramer-vs-kramer BNE: XX4061065 Netlix: 60010559 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Kramer contra Kramer (en inglés: Kramer vs. Kramer) é un filme estadounidense dirixido por Robert Benton en 1979. É unha adaptación de Robert Benton da novela Kramer vs. Kramer de Avery Corman. O filme conta a historia do divorcio dun matrimonio e o impacto que este ten no seu fillo. Recibiu cinco Premios Oscar na 52ª edición dos Oscar nas categorías de mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor actriz secundaria e mellor guión adaptado.

Estreouse en galego na TVG o 9 de abril de 2008.[1]

Ted Kramer (Dustin Hoffman) é un home que antepón o seu traballo á súa familia. A súa esposa Joanna (Meryl Streep) non resiste máis esta situación e abandónao. Ted vese agora ante a necesidade de ocuparse da casa e, sobre todo, do seu pequeno fillo.

Logo dun tempo, cando Ted xa se desenvolve ben só, Joanna regresa e reclama a custodia do neno. Con todo, Ted non está disposto a separarse do seu fillo, de maneira que Joanna leva o asunto ante os tribunais, onde deberá decidirse quen dos dous obterá a custodia do fillo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]
Varios lugares de Nova York foron utilizados coma localizacións, como por exemplo a praza Foley.

Antes de seleccionar a Dustin Hoffman, os produtores consideraran darlle o papel a Al Pacino. Ademais, Jane Fonda rexeitou o papel interpretado finalmente por Meryl Streep.

Dustin Hoffman axudou en gran xeito ó actor novel Justin Henry, analizando e comentando con el cada escena antes da súa rodaxe.

O decorado do apartamento montado no interior do estudo tivo as medidas exactas resultantes do exterior do edificio que aparece na película. O director de fotografía, Néstor Almendros, utilizou nos interiores luz cenital e nos exteriores a luz dispoñible para as tomas.

A versión inicial tivo unha duración de 43 minutos adicionais respecto da duración definitiva. Suprimíronse sobre todo escenas con Jane Alexander e con JoBeth Williams.

CategoríaAcodeResultado
Mellor películaGañador
Mellor directorRobert BentonGañador
Mellor actorDustin HoffmanGañador
Mellor actrizMeryl StreepGañador
Mellor actor secundarioJustin HenryCandidato
Mellor actriz secundariaJane AlexanderCandidato
Mellor guión adaptadoRobert BentonGañador
Mellor fotografíaNéstor AlmendrosCandidato
Mellor montaxeGerald B. GreenbergCandidato
  1. "Kramer contra Kramer na TVG". Diario Siglo XXI. 7 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]