Saltar ao contido

Roma, cidade aberta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Roma, cidade aberta
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Título
Roma città aperta (it) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
27 de setembro de 1945
1945 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ó mellor guión adaptado (9 de febreiro de 1947) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración100 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316751667 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-67B2-0000-S-0000-0000-R Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06dz71 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
100% Rotten Tomatoes (11 de maio de 2026)
9.1/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
IMDB: tt0038890 Filmaffinity: 625556 Allocine: 3622 Rottentomatoes: m/open_city Allmovie: am5703 TCM: 85803 TV.com: movies/open-city Netlix: 70128031 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Roma, cidade aberta (título orixinal en italiano Roma, città aperta) é unha película italiana dirixida por Roberto Rossellini en 1945. Está considerada a película manifesto do neorrealismo italiano. A película sitúase en Roma, nos últimos momentos da ocupación nazi de 1944.

Produción

[editar | editar a fonte]

Rosellini comezou a traballar no guión en agosto de 1944, a só dous meses de terminar a ocupación alemá, coa colaboración de Federico Fellini e de Sergio Amadei. Segundo as súas propias palabras, estaba movido por unha forte necesidade de narrar os acontecementos recentes, e literalmente saíu á rúa a buscar historias (o argumento baséase en parte en sucesos reais). Comezou a rodarse en xaneiro de 1945, tanto en estudios como en localizacións da cidade devastada, sendo isto último algo que se caracterizaría no neorrealismo. Tamén o sería a participación de actores non profesionais, a excepción de Anna Magnani e Aldo Fabrizi.

No seu lanzamento a película foi vítima da censura. Nos Estados Unidos recortouse, reducindo a súa duración nun cuarto de hora. Na Arxentina foi quitada de exhibición por unha orde anónima do goberno en 1947. En Alemaña Occidental foi prohibida desde 1951 ata 1960.

Emitiuse subtitulado en galego na TVG o 11 de agosto de 2001.[1]