Saltar ao contido

Breve encontro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Breve encontro
 Título
Brief Encounter Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
Publicación
 Distribuidor/a
 Custo
1.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
30 de agosto de 1946 (zonas de ocupación aliada en Alemaña)
26 de novembro de 1945 (Reino Unido)
19 de novembro de 1945 (Londres)
24 de agosto de 1946 (Estados Unidos de América, Canadá)
1945 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración85 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
 Nomeamentos
Óscar á mellor actriz (9 de febreiro de 1947)
Óscar ó mellor director (9 de febreiro de 1947)
Óscar ó mellor guión adaptado (9 de febreiro de 1947) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
92/100 Metacritic (17 de outubro de 2025)
93% Rotten Tomatoes (31 de outubro de 2024)
8.6/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF316751926 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-1B61-0000-1-0000-0000-Y Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0j88t Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0037558 Filmaffinity: 553666 Allocine: 4291 Rottentomatoes: m/1003094-brief_encounter Mojo: briefencounter Allmovie: v7121 TCM: 69696 Metacritic: movie/brief-encounter TV.com: movies/brief-encounter-1945 Netlix: 60000295 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Breve encontro (en inglés: Brief Encounter) é un filme británico de 1945 dirixido por David Lean. Está protagonizado por Celia Johnson e Trevor Howard. O guión é do propio Lean, Ronald Neame e Noël Coward, e baséase na obra teatral de Coward de 1936 Still Life.

Foi emitido na TVG o 13 de decembro de 1987.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Laura, unha simple ama de casa, casada e con fillos coñece por casualidade nunha estación de tren que ela frecuenta diariamente un médico chamado Alec, tamén casado. Os dous inician unha amizade aparentemente inocente que aos poucos se converte nunha paixón entre ambos. Entón comezan unha relación amorosa secreta.

Estación de Carnforth

Gran parte do filme foi rodado na estación de Carnforth en Lancashire, daquela da London, Midland and Scottish Railway. Ao precisarse unha estación con xente, localizouse lonxe de calquera cidade grande para evitar os apagamentos, xa que a rodaxe tivo lugar a principios de 1945, antes da fin da segunda guerra mundial. En dous momentos do filme indícase a localización da estación mediante sinais nas beiravías referidos a destinos locais, incluíndo Leeds, Bradford, Morecambe e Lancaster. Noël Coward realizou os anuncios da estación para o filme. A cantina da estación recreouse en estudio. A estación de Carnforth aínda conserva moitos elementos presentes no filme e é un lugar de peregrinación para fans do filme.[2] Non obstante, algunhas escenas urbanas foron filmadas en Londres, en Denham ou en Beaconsfield, preto dos estudios Denham, en que se realizou o filme.[3]

A música recorrente no filme é o Concerto para piano n.º 2 de Serguéi Rakhmáninov, interpretado por Eileen Joyce. Tamén hai unha escena onde a orquestra do salón toca Spanish Dance No. 5 (Bolero) de Moritz Moszkowski.

O filme compartiu o Gran Premio no Festival de Cannes de 1946. Na 19ª edición dos Oscar, Celia Johnson foi candidata ao premio á mellor actriz, mentres que David Lean foi candidato á mellor dirección e mellor guión adaptado xunto con Anthony Havelock-Allan e Ronald Neame.

Recepción

[editar | editar a fonte]

Breve encontro foi aclamado trala súa estrea,[4] aínda que había dúbidas sobre se sería popular.[5] Foi votado como un dos 10 mellores filmes realizados en dúas enquisas diferentes a críticos en 1952.[6] En 1999 o filme quedou segundo na lista BFI Top 100 British films, do British Film Institute'.

  1. Programación
  2. "BBC - Cumbria - Cumbria 0n Film - Brief Encounter". bbc.co.uk. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  3. Whitaker, Brian (comp.) (1990). Notes & Queries. Fourth Estate. ISBN 1-872180-22-1. 
  4. Turner, Adrian (26 de xuño de 2000). "Brief Encounter". Consultado o 17 de marzo de 2017. On its initial release, Brief Encounter was hailed as a groundbreaking piece of realism [...] 
  5. Brief Encounter: Archive review by C A Lejeune The Observer, 25 de novembro de 1945
  6. "Brief Encounter (1945)". Turner Classic Movies, Inc. Consultado o 17 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]