Saltar ao contido

A balada de Narayama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A balada de Narayama
 Instancia de
 Título
楢山節考 (ja) Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
29 de abril de 1983 (Xapón)
11 de xullo de 2018 (Francia)
15 de maio de 1983 (Festival Internacional de Cinema de Cannes)
1983 Editar o valor en Wikidata
Historia
Cifras e dimensións
Duración130 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF222756495 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dndpx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
94% Rotten Tomatoes (16 de setembro de 2024)
8.5/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0084390 Filmaffinity: 673496 Allocine: 128 Rottentomatoes: m/the_ballad_of_narayama_1984 Allmovie: v3805 TCM: 68030 BNE: XX4128485 Netlix: 70043732 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A balada de Narayama (en xaponés: 楢山節考, Narayama bushikō) é un filme xaponés de 1983 dirixido por Shōhei Imamura. Está protagonizado por Sumiko Sakamoto como Orin, Ken Ogata e Shoichi Ozawa. É unha adaptación do libro Narayama bushikō de Shichirō Fukazawa[1] e lixeiramente inspirado polo filme de 1958 dirixido por Keisuke Kinoshita. Gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1983.[2]

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 21 de maio de 2005.[3]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O filme está ambientado nunha pequena vila rural no Xapón do século XIX. Segundo a tradición, cando unha persoa cumpre setenta anos debe viaxar a unha montaña remota para morrer de fame, práctica coñecida como ubasute. A historia trata sobre Orin, que ten 69 anos e boa saúde, mais ve que un veciño ten que arrastrar o seu pai ata a montaña, así que decide evitar aferrarse á vida. Ela pasa un ano amañando todos os asuntos da súa familia e aldea: castiga severamente unha familia que está acaparando comida e axuda o seu fillo máis novo a perder a virxindade.

O filme inclúe algunhas escenas crúas que amosan os brutais que poden ser as situacións dos aldeáns. Intercaladas no filme hai breves estampas de natureza, aves, serpes e outros animais cazando, axexando, cantando, copulando ou dando a luz.

Produción

[editar | editar a fonte]

A balada de Narayama foi filmado nas prefeturas de Niigata e Nagano.[4]

A principios do século XXI, o filme tivo a posibilidade de ser estreado na China, coa condición de que as escenas de sexo fosen censuradas. Imamura consultou con varios directores chineses, que responderon que esas escenas eran o contraste necesario coas escenas de morte. Imamura deciciu rexeitar a proposta.[5]

  1. O’Donoghue, Darragh (febreiro de 2013). "Ballad of Narayama". Cinémathèque Annotations on Film (66). Consultado o 19 de agosto de 2016.
  2. "Narayama-Bushi-Ko". Festival de Cannes. Consultado o 19 de agosto de 2016.
  3. La Voz de Galicia, 21 de maio de 2005. Páx. 63
  4. Localizacións
  5. China Times (中國時報) en Taipei. Data descoñecida.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]