Saltar ao contido

Alguén voou sobre o niño do cuco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alguén voou sobre o niño do cuco
Logotipo
Imaxe
(1975)
 Instancia de
 Parte de
 Título
One Flew Over the Cuckoo's Nest (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Movemento
 Ambientado en
 Colección
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
19 de novembro de 1975 (Estados Unidos de América, Filipinas, Lesotho, Niue)
18 de marzo de 1976 (Alemaña)
1975 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (17 de febreiro de 1976)
Óscar á mellor montaxe (17 de febreiro de 1976)
Óscar ó mellor guión adaptado (17 de febreiro de 1976)
Óscar ó mellor filme (17 de febreiro de 1976)
Óscar á mellor fotografía (17 de febreiro de 1976)
Óscar á mellor actriz (17 de febreiro de 1976)
Óscar ó mellor director (17 de febreiro de 1976)
Óscar ó mellor actor (17 de febreiro de 1976)
Óscar á mellor banda sonora dramática (17 de febreiro de 1976) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
133 min
136 min Editar o valor en Wikidata
 Formato de imaxe
   1.85:1 Editar o valor en Wikidata
 Custo
   3.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
109.114.817 $
108.981.275 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316751608 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-756C-0000-S-0000-0000-R Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07xtqq Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
4.4/5 Letterboxd (19 de febreiro de 2026)
8.6/10 Internet Movie Database (19 de febreiro de 2026)
84/100 Metacritic (15 de xaneiro de 2026)
93% Rotten Tomatoes (15 de xaneiro de 2026)
9.1/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0073486 Filmaffinity: 371621 Allocine: 2072 Rottentomatoes: m/one_flew_over_the_cuckoos_nest Mojo: oneflewoverthecuckoosnest Allmovie: v36363 TCM: 85669 Metacritic: movie/one-flew-over-the-cuckoos-nest TV.com: movies/one-flew-over-the-cuckoos-nest BNE: XX3870952 Netlix: 825812 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Alguén voou sobre o niño do cuco (en inglés: One Flew Over the Cuckoo's Nest) é un filme americano de 1975 dirixido por Miloš Forman. A historia foi adaptada da novela de Ken Kesey E un voou sobre o niño do cuco. Na historia do cine, a película foi a primeira que gañou os cinco Premios Óscar máis cobizados (Mellor filme, Mellor actor protagonista, Mellor actriz protagonista, Mellor guión, e Mellor director) desde It Happened One Night (1934), un logro que non se volvería repetir ata 1991 co filme O silencio dos cordeiros. O filme foi rodado no Hospital Estatal de Oregón, en Salem.

Estreouse en galego na TVG o 6 de outubro de 1989.[1]

O título é unha tradución case literal do inglés, equivalente ás que se fixeron en castelán, catalán e italiano. En inglés cuckoo significa 'cuco' pero tamén en argot 'tolo'. Aparece na novela como parte duns versos que un dos amigos de McMurphy lembra da súa nenez. Os versos proceden dun poema de Louis Untermeyer: "One flew east, one flew west,/ and one flew over the cuckoo's nest" ('Un voou ó leste, un voou ó oeste,/ e un voou sobre o niño do cuco'). O cuco non ten niño propio e pon os ovos nos niños doutros paxaros. Por conseguinte as crías do cuco son hóspedes alimentados por paxaros que non son seus pais. No filme o niño está representado polo manicomio no que se mantén os seus hóspedes baixo unha férrea e sádica disciplina, só en aparencia terapéutica.

A novela homónima de Ken Kesey fora publicada en 1962. O autor escribiuna inmediatamente despois da experiencia que tivera no hospital psiquiátrico onde traballara como enfermeiro. Foi traducida ao galego en 2020 por Neila García Salgado co título E un voou sobre o niño do cuco.

Randle Patrick McMurphy (Jack Nicholson), para non ter que ir a prisión, faise pasar por tolo e é enviado a un hospital psiquiátrico. Nel intentará animar a vida dos internos organizando partidas de cartas e partidos de básquet, influíndo no comportamento dos outros enfermos. Ó infrinxir as regras de disciplina do centro e rachar as súas rutinas comeza a ser perseguido pola sádica enfermeira Mildred Ratched (Louise Fletcher).

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  1. La Voz de Galicia, 6 de outubro de 1989. Páx. 71

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]