Que verde era o meu val
| Que verde era o meu val | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
Que verde era o meu val (en inglés: How Green Was My Valley) é un filme estadounidense dirixido por John Ford que se estreou en 1941. Baséase na novela homónima de Richard Llewellyn, foi producido por Darryl F. Zanuck e guionizado por Philip Dunne. Está protagonizado por Walter Pidgeon, Maureen O'Hara, Anna Lee, Donald Crisp e Roddy McDowall. Foi nomeado a dez Premios Oscar,[1] gañando a Cidadán Kane no premio ó mellor filme, ademais de gañar o mellor director, mellor fotografía e mellor actor secundario.
O filme conta a historia dos Morgan, unha familia de mineiros galeses que viven no corazón dos vales do sur de Gales no século XIX. O argumento conta a perda do seu xeito de vida e os efectos na familia. A vila ficticia do filme está baseada en Gilfach Goch;[2] Llewellyn estivo varios veráns visitando o seu avó e empregou esas experiencias como inspiración na novela.[2] En 1990, o filme foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou estéticamente significativo".
Estreouse en galego o 11 de marzo de 2000 a través da TVG.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Walter Pidgeon como Mr. Gruffydd
- Maureen O'Hara como Angharad Morgan
- Donald Crisp como Gwilym Morgan
- Roddy McDowall como Huw Morgan
- Sara Allgood como Mrs. Beth Morgan
- Anna Lee como Bronwyn
- Patric Knowles como Ivor Morgan
- John Loder como Ianto Morgan
- Barry Fitzgerald como Cyfartha
- Rhys Williams como Dai Bando
- Morton Lowry como Mr. Jonas
- Arthur Shields como Mr. Parry
- Frederick Worlock como Dr. Richards
- Richard Fraser como Davy Morgan
- Evan S. Evans como Gwilym Morgan Jr.
- James Monks como Owen Morgan
- Ethel Griffies como Mrs. Nicholas
- Lionel Pape como Mr. Evans senior
- Marten Lamont como Iestyn Evans
- Ann E. Todd como Ceinwen
- Clifford Severn como Mervyn Phillips
- Irving Pichel como Huw Morgan adulto
- Minta Durfee (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ NY Times (ed.). "NY Times: How Green Was My Valley". Consultado o 13 de decembro de 2008.
- 1 2 "How Green Was My Valley" - BBC Radio Wales, www.bbc.co.uk, publicado o 7 de febreiro de 2009. Consultado o 6 de febreiro de 2015.
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 4 de marzo de 2000. Consultado o 28 de outubro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Que verde era o meu val |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Que verde era o meu val na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1941
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua galesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por John Ford
- Filmes de 20th Century Fox
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes ambientados en Gales
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1941 con versión en galego