Saltar ao contido

Druk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Druk
Logotipo
 Instancia de
 Título
Druk (da) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Deseñador/a son
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Maquillador/a
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
14 de outubro de 2020 (Francia)
24 de setembro de 2020 (Dinamarca)
22 de xullo de 2021 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
Cifras e dimensións
Duración117 min Editar o valor en Wikidata
Custo4500000 € Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF5834161938105339870006 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0005-ACE2-0000-F-0000-0000-T Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
79/100 Metacritic (8 de outubro de 2025)
92% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
7.9/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt10288566 Filmaffinity: 875031 Allocine: 275050 Rottentomatoes: m/another_round Allmovie: am211572 Metacritic: movie/another-round BNE: XX6345410 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Druk é un filme dinamarqués de 2020 dirixido por Thomas Vinterberg, cun guión de Vinterberg e Tobias Lindholm. Está protagonizado por Mads Mikkelsen, Thomas Bo Larsen, Magnus Millang e Lars Ranthe.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 12 de setembro de 2020, e en Dinamarca o 24 de setembro de 2020 a través de Nordisk Film, así como no Festival de Cinema de Adelaide en outubro de 2020.[1] Gañou o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[2] sendo nomeado tamén na categoría de mellor director. Tamén foi nomeado ó Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa e a catro galardóns nos premios BAFTA, conseguindo finalmente o de mellor filme en lingua non inglesa.

Os profesores Martin, Tommy, Peter e Nikolaj son compañeiros e amigos que traballan nun instituto de Copenhaguen. Os catro enfróntanse con estudantes pouco motivados e senten que as súas vidas se tornaron aburridas e estancadas. Nunha cea para celebraren o 40 aniversario de Nikolaj, o grupo fala sobre a teoría do psiquiatra Finn Skårderud, segundo a cal os humanos nacen cunha deficiencia no contido de alcohol en sangue de 0.05%, facendo entón unha taxa do 0.05% as persoas máis creativas e relaxadas. Martin vese confrontado polos seus estudantes máis vellos e os seus pais, que lle din que se converteu nunha barreira para aprobar os seus exames de historia. O grupo de amigos deciden entón embarcarse no experimento de comprobar a teoría de Skårderud.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Final days of Adelaide Film Festival serves up more winners". InDaily. 20 de outubro de 2020. Consultado o 25 de outubro de 2020.
  2. Bisset, Jennifer. "Oscars 2021 results: The full list of winners, from Nomadland to Daniel Kaluuya". CNET (en inglés). Consultado o 2021-04-26.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]