The Zone of Interest é un filme de 2023 escrito e dirixido por Jonathan Glazer. É unha coprodución entre o Reino Unido, Polonia e os Estados Unidos de América. A historia baséase bvagamente na novela homónima de 2014 escrita por Martin Amis, que á súa vez está baseada en feitos reais. Está protagonizado polos actores alemáns Christian Friedel e Sandra Hüller como o comandante nazi e a súa muller Hedwig, e o filme conta a historia da parella mentres se esforzan por construír unha vida de soño para a súa familia nunha casa na zona de interese xunto ao infame campo de concentración de Auschwitz.[1]