Mrs. Miniver
| Mrs. Miniver | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Parte de
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Cor
| |||||
| Autoría | |||||
|
Director/a
| |||||
|
Compositor/a
| |||||
|
Guionista
| |||||
|
Director/a fotografía
| |||||
|
Editor/a de cine
| |||||
|
Deseñador/a produción
| |||||
|
Actores
| |||||
| Temática | |||||
|
Tema principal
| |||||
|
Ambientado en
| |||||
| Publicación | |||||
|
Produtor/a
| |||||
|
Compañía produtora
| |||||
|
Distribuidor/a
| |||||
|
Formato de distribución
| |||||
|
Puntuación da crítica
| |||||
|
Nomeamentos
Óscar á mellor actriz secundaria (8 de febreiro de 1943)
Óscar á mellor montaxe (8 de febreiro de 1943) Academy Award for Best Cinematography, Black-and-White (en) Óscar ó mellor guión adaptado (8 de febreiro de 1943) Óscar ó mellor filme (8 de febreiro de 1943) Óscar ó mellor son (8 de febreiro de 1943) Óscar ó mellor director (8 de febreiro de 1943) Óscar ó mellor actor (8 de febreiro de 1943) Óscar á mellor actriz (8 de febreiro de 1943) Óscar á mellor actriz secundaria (8 de febreiro de 1943) Óscar ó mellor actor secundario (8 de febreiro de 1943) Óscar aos mellores efectos especiais (8 de febreiro de 1943) | |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Mrs. Miniver é un filme estadounidense dirixido por William Wyler que se estreou en 1942. Está protagonizado por Greer Garson e Walter Pidgeon. Inspirouse na novela de 1940 Mrs. Miniver de Jan Struther,[1] e amosa de que xeito a vida dunha muller da Inglaterra rural é afectada pola segunda guerra mundial.
Producida e distribuída por Metro-Goldwyn-Mayer, conta cun nutrido grupo de actores secundarios entre os que se inclúen a Teresa Wright, Dame May Whitty, Reginald Owen, Henry Travers, Richard Ney e Henry Wilcoxon.[2]
Mrs. Miniver gañou seis Premios Oscar, incluíndo mellor filme, mellor director (William Wyler), mellor actriz (Greer Garson) e mellor actriz secundaria (Teresa Wright).[3][4] En 1950, estreouse a secuela The Miniver Story con Greer Garson e Walter Pidgeon nos seus respectivos papeis.[2]
En 2006, o filme foi clasificado no número 40 da lista do American Film Institute, como un dos máis inspiradores filmes de tódolos tempos. En 2009, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente" significativo.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Greer Garson como Kay Miniver
- Walter Pidgeon como Clem Miniver
- Teresa Wright como Carol Beldon
- Dame May Whitty como Lady Beldon
- Reginald Owen como Foley
- Henry Travers como Mr. Ballard
- Richard Ney como Vin Miniver
- Henry Wilcoxon como O vigairo
- Christopher Severn como Toby Miniver
- Brenda Forbes como Gladys
- Clare Sandars como Judy Miniver
- Marie De Becker como Ada
- Helmut Dantine como piloto alemán
- John Abbott como Fred
- Connie Leon como Simpson
- Rhys Williams como Horace
- Peter Lawford como piloto (sen acreditar)
- Charles Bennett como home do leite (sen acreditar)
- Harry Allen comom William (sen acreditar)
- Billy Bevan como condutor de autobús (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Struther, Jan (1940). Mrs. Miniver. Nova York: Harcourt, Brace & Company. ASIN B000O9ZBGA.
- ↑ 2,0 2,1 The New York Times (ed.). "Mrs. Miniver (1942)". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2007. Consultado o 16 de febreiro de 2013.
- ↑ Internet Movie Database (ed.). "Awards for Mrs. Miniver". Consultado o 16 de febreiro de 2013.
- ↑ Reel Classics (ed.). "Mr. Miniver (1942)". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2008. Consultado o 16 de febreiro de 2013.
- ↑ Library of Congress, ed. (30 de decembro de 2009). "News from the Library of Congress". Consultado o 16 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mrs. Miniver |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mrs. Miniver na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)