Million Dollar Baby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Million Dollar Baby
Ficha técnica
Título orixinalMillion Dollar Baby
DirectorClint Eastwood
ProdutorHenry Bumstead
GuiónPaul Haggis
Baseado enRelatos recolleitos en Rope Burns de F.X. Toole.
IntérpretesClint Eastwood
Hilary Swank
Morgan Freeman
Jay Baruchel
Mike Colter
Lucia Rijker
Brían F. O'Byrne
Anthony Mackie
Margo Martindale
Riki Lindhome
Michael Peña
Bruce McVittie
MúsicaClint Eastwood
FotografíaTom Stern
MontaxeJoel Cox
EstudioLakeshore Entertainment
Malpaso Productions
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 15 de decembro de 2004
Galicia 2 de xaneiro de 2008 (TVG)
Duración137 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$30 000 000[1][2]
Recadación$216 763 646
Na rede
http://www.warnerbros.com/movies/home-entertainment/million-dollar-baby/ea451331-882d-4b74-bc62-73721eb40013.html
IMDB: tt0405159 Filmaffinity: 314359 Allocine: 56714 Rottentomatoes: m/million_dollar_baby Mojo: milliondollarbaby Allmovie: v305809 TCM: 592673 Metacritic: movie/million-dollar-baby TV.com: movies/million-dollar-baby Netlix: 70018292Editar o valor em Wikidata

Million Dollar Baby é un filme estadounidense dirixido por Clint Eastwood que se estreou en 2004. Está protagonizada por Hilary Swank, Clint Eastwood e Morgan Freeman e narra a historia dun veterano adestrador de boxeo ó final da súa carreira e os seus esforzos por axudar a unha boxeadora a chegar ata o máis alto. Estreouse en galego na TVG o 2 de xaneiro de 2008.[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

A historia introduce a Maggie Fitzgerald (Hilary Swank), unha camareira de 31 anos, que desexa ser boxeadora profesional. Diariamente adestra no ximnasio de Frankie Dunn (Clint Eastwood), un adestrador cuxo desexo é que o seu protexido, Willie (Mike Colter), sexa campión. No mesmo ximnasio tamén traballa Eddie "Scrap-Iron" Dupris (Morgan Freeman), un antigo boxeador sen un ollo, e vello amigo de Frankie.

Inicialmente, Maggie intenta sen éxito que Frankie a adestre, pero este rexéitaa continuamente, inclusive cando Dupris intercede no seu favor. Cando Willie deixa a Frankie por outro adestrador chamado Mickey Mack dúas pelexas antes do título, Frankie finalmente accede a adestrar a Maggie ata a súa primeira pelexa. Porén, Frankie entrega a Maggie a outro adestrador, xa que ela estaba impaciente por pelexar e Frankie consideraba que aínda non estaba lista.

Durante a pelexa, Frankie descobre que o adestrador de Maggie fixo un trato co adestrador do seu opoñente, polo que Frankie recupera o control de Maggie durante a pelexa, que estaba perdendo, e grazas á súa axuda, logra recuperarse e gañar. Finalmente, Frankie acepta adestrar a Maggie, aínda que deixa claro, que isto é de carácter temporal. Mentres ela adestra, revélase que Frankie ten unha filla á que escribe frecuentemente sen obter resposta, xa que, por razóns non especificadas, ela esta anoxada co seu pai desde hai varios anos. Ademais, revélase tamén que o pai de Maggie morreu fai varios anos, e pronto se forma unha relación pai-filla entre Frankie e Maggie.

Ó ir vencendo en máis pelexas, Maggie gaña máis cartos, que aforra para comprar á súa nai unha casa, xa que esta vivía con outra filla e un neto nun parque de trailers. Porén, logo de burlarse da profesión de Maggie, a nai recrimínalle o feito de regalarlle unha casa, xa que se o goberno se decatase perdería a pensión. Durante a viaxe de regreso, Maggie leva a Frankie a un restaurante onde venden pastel de limón caseiro, e cóntalle acerca dun can enfermo que tiveron, e que o seu pai matou ó empeorar a súa saúde.

Ó aumentar a súa fama, Maggie realiza un tour por Europa, onde un refacho de vitorias vólvea aínda máis popular. Maggie é recoñecida en Europa polo sobrenome de Mo Cuishle, unha frase irlandés ideada por Frankie, cuxo significado Maggie descoñece. Finalmente, Frankie permite que Maggie loite polo título feminino de peso Welter contra a actual campioa Billie "A Osa Azul" (Lucia Rijker, boxeadora na vida real), unha ex-prostituta de Alemaña Oriental coñecida por pelexar sucio.

A pelexa ocorre en Las Vegas, e aínda que inicialmente Billie parece gañar a pelexa, logo Maggie recupérase grazas ós consellos de Frankie. Cando termina un acto, ambas as boxeadoras sepáranse ós seus recunchos, pero Billie regresa e golpea por detrás a Maggie, a cal cae sobre o banco da súa esquina, partindo a columna á altura do pescozo.

Maggie queda paralizada desde o pescozo cara a abaixo, e Frankie pasa todo o seu tempo á beira da súa cama no hospital. A súa familia anuncia que van visitala, incluíndo ó seu irmán que acababa de saír de prisión, pero chegan ó hospital varios días logo de chegar á cidade, vestidos con flanelas de parques de diversións, e cun avogado. Os seus familiares intentan convencela de que os faga responsables dos seus bens, pero Maggie descobre finalmente o verdadeiro carácter da súa familia e rexéitaos. Desde entón, Frankie queda só con Maggie, quen perde un pé.

Eventualmente, Maggie pídelle a Frankie que a mate, xa que xa realizara o seu maior desexo, que era ser unha boxeadora famosa e coñecer o mundo. Frankie arrepíase ante tal proposición, pero logo de varios intentos de suicidio por parte de Maggie (mordéndose a lingua), finalmente accede e inxecta unha sobredose de adrenalina a Maggie, quen morre. Durante a inxección, Frankie revela a Maggie o significado de Mo Cuishle: "a miña querida, o meu sangue". O narrador da película, que non é outro que Dupris, di que despois Frankie desapareceu. A narración resulta ser unha carta que Dupris estaba escribindo á filla de Frankie, nun intento de mostrarlle "a clase de home que era" o seu pai. A última escena dá entender que Frankie está no restaurante onde comeu con Maggie pastel de limón hai tempo.

A resolución final do relato espertou críticas en Estados Unidos por parte de grupos de activistas e da dereita católica norteamericana por considerar que avalaba a eutanasia.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Crítica[editar | editar a fonte]

A revista Fotogramas, na convocatoria anual de críticos españois para elixir as mellores películas de 2005 (contando con críticos dos máis prestixiosos medios, como Cartelera Túria, Cadena Ser, ABC, Levante-EMV, El Mundo etc.) proclamou a Million Dollar Baby como a mellor película estranxeira do ano (Revista Fotogramas, Número 1948, febreiro de 2006).

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Million Dollar Baby conseguiu 7 candidaturas aos premios da Academia Norteamericana de Cine na súa 77ª edición dos premios. A película gañou o Óscar á mellor película, ó mellor director (Clint Eastwood), actriz principal (Hilary Swank) e mellor actor secundario (Morgan Freeman). O resto de nomeamentos foron ó mellor actor principal (Clint Eastwood), mellor guión adaptado (Paul Haggis) e mellor montaxe.

Premios Óscar[editar | editar a fonte]

Categoría Persoa Resultado
Mellor película Gañadora
Mellor director Clint Eastwood Gañador
Mellor actor secundario Morgan Freeman Gañador
Mellor actriz Hilary Swank Gañadora
Óscar ó mellor actor Clint Eastwood Candidato
Óscar ó mellor guión adaptado Paul Haggis Candidato
Óscar á mellor montaxe Joel Cox Candidato

Dobraxe en galego[editar | editar a fonte]

Actor orixinal Actor de dobraxe Galicia Personaxe
Hilary Swank Isabel Vallejo Maggie
Clint Eastwood Fermín Encinar Frankie Dunn
Morgan Freeman Alfonso Valiño Eddie Scrap-Iron Dupris
Anthony Mackie Antón Ja Shawrelle Berry
Jay Baruchel Gaspar Somoza Perigo Barch
Mike Colter Matías Brea Willie Little
Brian F. O'Byrne Luís Iglesia Padre Horvak
Margo Martindale Xermana Carballido Earline Fitzgerald
Riki Lindhome Ana Lemos Mardell Fitzgerald

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eliot (2009), p. 309
  2. Hughes, p. 156
  3. "Million Dollar Baby na TVG". DiarioSiglo XXI. 1 de xaneiro de 2008. Consultado o 8 de marzo de 2013. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]