Nomadland (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nomadland
Ficha técnica
DirectorChloé Zhao
Produtor
GuiónChloé Zhao
Baseado enNomadland: Surviving America in the Twenty-First Century, de Jessica Bruder
Intérpretes
MúsicaLudovico Einaudi
FotografíaJoshua James Richards
MontaxeChloé Zhao
Estudio
DistribuidoraSearchlight Pictures
Estrea2020
Duración108 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento4 000 000 de dólares
Recadación4 820 723 de dólares
Na rede
IMDB: tt9770150 Filmaffinity: 816686 Allocine: 271687 Rottentomatoes: m/nomadland Allmovie: v713615 Metacritic: movie/nomadland
Facebook: NomadlandFilm Twitter: nomadlandfilm Instagram: nomadlandfilm Editar o valor em Wikidata

Nomadland é un filme estadounidense escrito e dirixido por Chloé Zhao. Baséase no libro Nomadland: Surviving America in the Twenty-First Century escrito por Jessica Bruder, e narra a historia dunha muller que abandona a súa poboación para emprender unha viaxe polo oeste dos Estados Unidos. Está protagonizado por Frances McDormand, David Strathairn e os nómades reais Linda May, Swankie e Bob Wells interpretando versións ficticias deles mesmos. Foi estreado o 11 de setembro de 2020 no Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde gañou o León de Ouro.

Nomadland recibiu a aclamación por parte da crítica especializada, que eloxiou a dirección, a fotografía e as interpretacións, especialmente a de McDormand. Foi candidata a seis premios Óscar en 2021,[1] dos que gañou tres, ao mellor filme,[2] á mellor dirección e á mellor actriz.[3][4] Tamén recibiu dous Globos de Ouro (mellor filme dramático e mellor dirección),[5][6] catro Critics' Choice Awards,[7] catro Independent Spirit[8] e catro BAFTA.[9]

Argumento[editar | editar a fonte]

No poboado de Empire (Nevada), en 2011, Fern perde o seu emprego despois do peche dunha fábrica de materiais de construción onde traballou durante anos xunto co seu marido, que faleceu hai pouco. Fern decide vender a maioría das súas pertenzas e comprar unha furgoneta para vivir e viaxar polos Estados Unidos na procura de traballo como nómade contemporánea.[10][11]

Elenco[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2021". Oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2021. Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  2. staff, Cnn. "See all the Oscar winners". CNN. Consultado o 2021-04-26. 
  3. Oganesyan, Natalie (15 de marzo de 2021). "Oscars 2021 Nominations List". Variety (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  4. Pedersen, Erik (25 de abril de 2021). "Oscar Winners List". Deadline Hollywood (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2021. 
  5. "Golden Globes: 'Tears' as Chloe Zhao becomes first Asian woman to win best director". BBC News. 1 de marzo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2021. Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  6. Phillips, Jevon (28 de febreiro de 2021). "Here’s the list of 2021 Golden Globe winners". Los Ángeles Times (en inglés). Consultado o 28 de febreiro de 2021. 
  7. Dino-Ray Ramos (7 de marzo de 2021). "Critics Choice Awards 2021 – Complete Winners List". Deadline Hollywood (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2021. 
  8. Zemler, Emily (2021-04-23). "'Nomadland,' Riz Ahmed Win at Independent Spirit Awards". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-04-26. 
  9. "Bafta Film Awards 2021: The winners and nominees in full". BBC News. 11 de abril de 2021. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  10. "Nomadland". Searchlight Pictures. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  11. Wiley, Melissa (23 de abril de 2021). "The true story of Empire, Nevada, the tiny desert town from 'Nomadland' that shut down in 2011, forcing all of its residents out". INSIDER. Consultado o 26 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]