Saltar ao contido

Gladiator (filme de 2000)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gladiator
Hans Zimmer Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Título
Gladiator (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Inspirado en
Características
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de distribución
Obras
 Obra derivada
 Ambientado en
 Época ambientación
Implicados
 Interpretado por
 Director/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
19 de maio de 2000 (Suecia)
5 de maio de 2000 (Estados Unidos de América)
19 de maio de 2023 (Emiratos Árabes Unidos)
25 de maio de 2000 (Alemaña)
2000 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (25 de marzo de 2001)
Óscar ó mellor deseño de produción (25 de marzo de 2001)
Óscar ó mellor filme (25 de marzo de 2001)
Óscar á mellor banda sonora (25 de marzo de 2001)
Óscar ó mellor son (25 de marzo de 2001)
Óscar ós mellores efectos visuais (25 de marzo de 2001)
Óscar ó mellor deseño de vestiario (25 de marzo de 2001)
Óscar á mellor montaxe (25 de marzo de 2001)
Óscar ó mellor actor (25 de marzo de 2001)
Óscar ó mellor guión orixinal (25 de marzo de 2001)
Óscar ó mellor director (25 de marzo de 2001)
Óscar á mellor fotografía (25 de marzo de 2001)
Premio do Cinema Europeu ao mellor filme non europeo (2000) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración155 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Custo103000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación460583960 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316751918 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-2A02-0000-3-0000-0000-S Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09q5w2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
8.5/10 Internet Movie Database (17 de marzo de 2026)
80% Rotten Tomatoes (24 de xaneiro de 2026)
67/100 Metacritic (28 de novembro de 2024)
7.3/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0172495 Filmaffinity: 392075 Allocine: 24944 Rottentomatoes: m/gladiator Mojo: gladiator Allmovie: v184587 TCM: 341478 Metacritic: movie/gladiator TV.com: movies/gladiator BNE: XX4655676 Netlix: 60000929 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Gladiator é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que se estreou no ano 2000. Pertence ó xénero cinematográfico peplum, ou filmes de romanos. Está protagonizado por Russell Crowe, Joaquin Phoenix, Connie Nielsen, Ralf Möller, Oliver Reed, Djimon Hounsou, Derek Jacobi, John Shrapnel e Richard Harris. Crowe interpreta o Xeneral romano Maximus Decimus Meridius, que é traizoado cando o ambicioso fillo do Emperador, Cómodo, asasina o seu pai e toma o poder. Convertido nun escravo, Maximus gaña gloria como gladiador coa intención de vingar o asasinato da súa familia e do seu emperador.

Foi estreado nos Estados Unidos o 5 de maio de 2000. Gladiator foi un éxito de recadación, recibindo críticas positivas, e foi acreditado como o filme que reavivou o interese pola épica histórica. O filme gañou varios galardóns, destacando os cinco Premios Oscar da 73ª edición, incluíndo o premio ó mellor filme e o mellor actor para Crowe.

No ano 185, o Imperio Romano domina o mundo coñecido. Trala vitoria sobre os bárbaros xermanos, o ancián emperador Marco Aurelio (Richard Harris) decide transferir o poder a Máximo (Russell Crowe), un valente xeneral dos seus exércitos e leal militar ó imperio, pero o seu fillo Cómodo (Joaquin Phoenix) non o acepta e mata o seu pai e ordena matar o xeneral Máximo, e a súa familia. Pero este loita contra os seus executores e consegue viaxar malferido ó seu fogar en Hispania. Ó chegar atopa a súa muller e o seu fillo mortos, e farto pola pena e o cansazo desvanécese no chan. Tempo despois esperta nunha caravana de escravos no norte de África, e é obrigado a loitar como gladiador.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Influencias

[editar | editar a fonte]

A trama está influída por dous filmes de Hollywood dos anos 60, Spartacus e The Fall of the Roman Empire, compartindo moitos puntos chave do argumento do segundo. Nel, cóntase a historia de Livius, que, ó igual que Maximus en Gladiator, é o sucesor do emperador Marco Aurelio. Livius está namorado de Lucilla e pretende casar con ela, mentres Maximus, que está felizmente casado, tivo un romance xuvenil coa filla do emperador. Ámbolos dous filmes retratan a morte de Marco Aurelio coma un asasinato.

Banda sonora

[editar | editar a fonte]

A banda sonora nomeada ó Oscar foi composta por Hans Zimmer e Lisa Gerrard, e dirixida por Gavon Greenway. Orixinalmente, Zimmer elixiu a vocalista israelí Ofra Haza para a banda sonora, despois do seu traballo con ela en The Prince of Egypt. Porén, Ofra morreu traxicamente en febreiro do 2000, antes de que puidese gravar nada, polo que Gerrard foi elixida no seu lugar. A voz de Lisa Gerrard é semellante á doutro traballo seu na banda sonora do filme The Insider.[1] A música das escenas de batalla ten semellanzas coa feita por Gustav Holst para "Mars: The Bringer of War", e en xuño de 2006, a Fundación Holst emprendeu accións legais contra Hans Zimmer por plaxio.[2][3]

  • 2000: 5 Oscars: Mellor película, mellor actor (Russell Crowe), vestiario, son, efectos visuais.
  • 2000: 2 Globos de Ouro: Mellor película: Drama, banda sonora. 5 nomeamentos.
  • 2000: 5 Premios BAFTA, incluíndo mellor película, fotografía, montaxe. 15 nomeamentos.
  • 2000: 2 premios National Board of Review: Mellor deseño de produción, actor secundario.
  1. "Zimmer and Gladiator". Reel.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2009.
  2. Priscilla Rodriguez (12 de xuño de 2006). KNX 1070 NEWSRADIO, ed. ""Gladiator" Composer Accused of Copyright Infringement". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2009.
  3. Michael Beek (xuño de 2006). "Gladiator Vs Mars – Zimmer is sued:". Music from the Movies. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]