Richard Dembo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Richard Dembo
Nacemento24 de maio de 1948
 París
Falecemento11 de novembro de 2004
 París
NacionalidadeFrancia
Ocupacióndirector de cinema, guionista e escritor
PremiosPrémio Louis-Delluc e César de melhor primeiro filme
editar datos en Wikidata ]

Richard Dembo, nado en París o 24 de maio de 1948, e finado ibídem o 11 de novembro de 2004, foi un director de cinema e guioinsta francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dembo acadou recoñecemento internacional co seu primeiro filme La Diagonale du fou. Polo seu traballo nesta obra, Dembo obtivo o Óscar en 1984 ó mellor filme en lingua non inglesa,[1] así como numerosos premios máis (César, Prix Louis Delluc). Michel Piccoli protagonizou o filme como cidadán xudeu da URSS.

En 1993, Dembo dirixiu L'Instinct de l'ange con Hélène Vincent, Jean-Louis Trintignant, François Cluzet e Lambert Wilson. Despois dunha longa pausa, Dembo dirixiu o seu derradeiro filme, La Maison de Nina.

O 11 de novembro de 2004, Dembo morreu inesperadamente en París por mor dos síntomas dunha obstrución intestinal. Foi enterrado en Israel.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. oscars.org (ed.). "The 57th Academy Awards (1985) Nominees and Winners". Consultado o 30 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]