Saltar ao contido

Memorias de África

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Memorias de África
John Barry Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Título
Out of Africa (en) Editar o valor en Wikidata
 Tema principal
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Formato de distribución
 Cor
 Ambientado en
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
Organizacións
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Economía e industria
Custo31000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación227500000 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
21 de febreiro de 1986 (Suecia)
20 de decembro de 1985 (Estados Unidos de América)
13 de marzo de 1986 (Alemaña)
1985 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Dimensións
Duración160 min e 157 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (4 de febreiro de 1986)
Óscar á mellor banda sonora (4 de febreiro de 1986)
Óscar ó mellor deseño de vestiario (4 de febreiro de 1986)
Óscar ó mellor deseño de produción (4 de febreiro de 1986)
Óscar á mellor montaxe (4 de febreiro de 1986)
Óscar ó mellor guión adaptado (4 de febreiro de 1986)
Óscar ó mellor director (4 de febreiro de 1986)
Óscar á mellor fotografía (4 de febreiro de 1986)
Óscar á mellor actriz (4 de febreiro de 1986)
Óscar ó mellor son (4 de febreiro de 1986)
Óscar ó mellor filme Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
69/100 Metacritic (14 de febreiro de 2026)
3.4/5 Letterboxd (3 de febreiro de 2026)
7.2/10 Internet Movie Database (3 de febreiro de 2026)
62% Rotten Tomatoes (2 de agosto de 2024)
6.9/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF316751612 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-4D8F-0000-T-0000-0000-O Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0mcl0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0089755 Filmaffinity: 447941 Allocine: 1592 Rottentomatoes: m/out_of_africa Mojo: outofafrica Allmovie: v36787 TCM: 19122 Metacritic: movie/out-of-africa TV.com: movies/out-of-africa BNE: XX3960488 Netlix: 60000019 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Memorias de África (en inglés: Out of Africa) é un filme estadounidense de 1985, baseado no libro autobiográfico Den afrikanske Farm da escritora danesa Isak Dinesen. Adaptado por Kurt Luedtke a partir deste libro e doutras obras de Dinesen, o filme foi dirixido por Sydney Pollack e obtivo sete Premios Óscar, incluíndo o de mellor filme, mellor dirección e mellor guión adaptado.

Narra, apartándose significativamente do texto do libro orixinal, varios episodios da vida de Dinesen en Kenya, durante a época na que esta era unha colonia británica.

Estreouse en galego a través da TVG.[1]

A comezos do século XX, Karen Blixen (nome real da escritora danesa Isak Dinesen), decide casar e irse a vivir co home a unha das colonias británicas de África, concretamente en Kenya, para dirixir unha plantación de café. Este matrimonio de conveniencia pronto se ven abaixo, debido ao carácter do seu marido e á falta de amor. O seu soño vese truncado polas dificultades económicas da plantación, aínda que se sente a gusto co lugar e as súas xentes. Coñece alí a un cazador profesional, Denys Finch Hatton, aventureiro e liberal, que lle fai recobrar a alegría de vivir. Pero a súa visión respectiva do amor difire, debido a que el non concibe a vida sen a súa independencia e ela precisa dun compañeiro fiel.

Un incendio destrúe a colleita de café e Karen arruínase, tendo que volver a Europa, e aínda que naquel momento xa estaban separados, Denys ofrécese a axudala. O último día de Karen en Kenya, Denys ten un accidente na súa avioneta e falece, enterrándose logo nas montañas de Ngong.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Out of Africa é unha película multipremiada, destacando que foi a máxima gañadora dos Óscar 1985:

CategoríaPersoaResultado
Óscar ó mellor filmeSydney PollackGañador
Óscar ó mellor directorSydney PollackGañador
Óscar ó mellor guión adaptadoKurt LuedtkeGañador
Óscar á mellor banda sonoraJohn BarryGañador
Óscar á mellor fotografíaDavid WatkinGañador
Óscar á mellor dirección de arteStephen Grimes
Josie MacAvin
Gañador
Óscar á mellor edición de sonChris Jenkins
Gary Alexander
Larry Stensvold
Peter Handford
Gañador
Óscar á mellor actrizMeryl StreepNomeada
Óscar ó mellor actor secundarioKlaus Maria BrandauerNomeado
Óscar ó mellor deseño de vestiarioMilena CanoneroNomeado
Óscar á mellor montaxeFredric Steinkamp
William Steinkamp
Pembroke J. Herring
Sheldon Kahn
Nomeado
BAFTA ó mellor guión adaptadoKurt LuedtkeGañador
BAFTA á mellor fotografíaDavid WatkinGañador
BAFTA á mellor actrizMeryl StreepGañador
BAFTA ó mellor actor secundarioKlaus Maria BrandauerNomeado
BAFTA ó mellor vestiarioMilena CanoneroNomeado
BAFTA á mellor músicaJohn BarryNomeado
Globo de Ouro á mellor película - DramaSydney PollackGañador
Globo de Ouro ó mellor actor secundarioKlaus Maria BrandauerGañador
Globo de Ouro á mellor banda sonoraJohn BarryGañador
Globo de Oro á mellor actriz - DramaMeryl StreepNomeado
Globo de Oro ó mellor directorSydney PollackNomeado
Globo de Oro ó mellor guiónKurt LuedtkeNomeado
Premio da Sociedade británica de FotografíaDavid WatkinGañador
David de Donatello á mellor actriz estranxeiraMeryl StreepGañador
David de Donatello á mellor película estranxeiraSydney PollackGañador
Premios da crítica de Londres, Os Ánxeles, Nova York, Italia e AlemañaSydney PollackGañador
  1. TVG (ed.). "Memorias de África na TVG". Consultado o 23 de abril de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]