Saltar ao contido

Jodaí-e Nadér az Simín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jodaí-e Nadér az Simín
 Título
جدایی نادر از سیمین
Jodāyi-e Nāder az Simin Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Ambientado en
 Época ambientación
Publicación
 Produtor/a
 Distribuidor/a
 Recadación
24.426.169 $
7.098.492 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
800.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Parte da serie
Datas
 Data de publicación
16 de marzo de 2011 (Irán)
15 de febreiro de 2011 (Festival Internacional de Cinema de Berlín)
1 de febreiro de 2011 (Fajr International Film Festival (en) Traducir)
30 de decembro de 2011 (Estados Unidos de América)
20 de xaneiro de 2012 (Canadá)
14 de xullo de 2011 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
Dimensión
Duración123 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
95/100 Metacritic (30 de agosto de 2025)
99% Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2024)
8.9/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF316752403 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0g9zljd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt1832382 Filmaffinity: 291694 Allocine: 189616 Rottentomatoes: m/a_separation_2011 Mojo: aseperation Allmovie: v538649 TCM: 981677 Metacritic: movie/a-separation TV.com: movies/a-separation-2011
Facebook: aseparationmovie Netlix: 70175439 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Jodaí-e Nadér az Simín (en persa: جدایی نادر از سیمین, "A separación de Nader de Simin") é un filme dramático iraniano do 2011 escrito e dirixido por Asghar Farhadi, e protagonizado por Leila Hatami, Peyman Moaadi, Shahab Hosseini, Sareh Bayat e Sarina Farhadi. Céntrase nunha parella iraniana de clase media que se separa, a desesperación da súa filla polas disputas e a separación dos seus proxenitores e os conflitos que xorden cando o marido contrata unha coidadora de clase baixa para ocuparse do seu pai, enfermo de alzhéimer.

O filme gañou o premio Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2012, converténdose no primeiro iraniano que consegue o galardón.[1] Ademais foi candidato ao óscar ao mellor guión orixinal e recibiu o Oso de Ouro ao mellor filme e o Oso de Prata á mellor actriz e ao mellor actor na 61.ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[2] Gañou ademais o Globo de Ouro ao mellor filme en lingua estranxeira.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Simin quere abandonar Irán co seu home, Nader, e a súa filla, Termeh, xa que non quere que esta medre nas condicións actuais. O desexo non o comparte Nader, que está preocupado polo seu pai, que vive coa familia e sofre alzhéimer. Cando Nader decide permanecer no país, Simin pide o divorcio.

Produción

[editar | editar a fonte]

A idea chegou dunha serie de experiencias persoais e imaxes abstractas que tiña Farhadi na súa mente. Unha vez decidido a realizar o filme foi escrito e financiado rapidamente. Igual que os seus tres anteriores filmes foi producido sen ningún apoio gobernamental. O financiamento chegou sen problema debido ao éxito de About Elly.[3] A produción recibiu ademais 25 000 dólares do APSA Academy Film Fund da Motion Picture Association.[4]

En setembro de 2010, o ministerio de Cultura iraniano prohibiulle a Farhadi a realización do filme debido a un discurso que fixo nunha cerimonia de entrega de premios e no que expresou o seu apoio a varios cineastas do país. En particular, desexou a volta do cineasta exiliado Mohsen Makhmalbaf e do cineasta e político encarcerado Jafar Panahi. A prohibición levantouse a principios de outubro despois de que Farhadi indicase que fora mal entendido e de que se desculpase polos seus comentarios.[5]

  1. "Iran wins first Oscar with "A Separation"". Reuters. 27 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 17 de abril de 2014. 
  2. "Iranian Film Takes Top Prize at Berlinale". 19 de febreiro de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2011. 
  3. Wiseman, Andreas (18 de febreiro de 2011). "One on One: Asghar Farhadi". Screen Daily. Consultado o 19 de febreiro de 2011. 
  4. Staff writer (4 de febreiro de 2011). "Berlin debut for MPA & APSA supported Iranian film". Business of Cinema. Join The Dots Media. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2011. Consultado o 17 de febreiro de 2011. 
  5. Yong, William (4 de outubro de 2010). "Iran Lifts Ban on Director, Saying He Issued an Apology". The New York Times. Consultado o 17 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]