Asghar Farhadi
Asghar Farhadi, en persa: اصغر فرهادی , [æsɣæɾ fæɾhɒːdiː], nado en Khomeyni Shahr o 7 de maio de 1972 é un director de cinema e guionista iraniano. Recibiu diversos recoñecemtos, entre eles un Globo de Ouro e dous premios Óscar polos seus filmes Jodaí-e Nadér az Simín[1] e Forušande; ademais, en 2012 foi incluído dentro da listaxe das 100 persoas máis influentes do mundo segundo a revista Time.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Asghar Farhadi graduouse en teatro, cun BA en Artes Dramáticas e un mestrado en Dirección na Universidade de Teherán e na Universidade Tarbiat Modarrés. Realizou curtametraxes en 8 e 16 milímetros na filial da Sociedade Iraniana de Novos Cineastas en Isfahán, antes de realizar obras e guións para IRIB (a radiotelevisión estatal iraniana). Tamén dirixiu series de televisión como Dastan-e yek shahr e coescribiu o guión de Ertefa-e past, dirixida por Ebrahim Hatamikia.
Raghs dar ghobar foi o seu debut como cineasta, ao que seguiu o aclamado Shahr-e ziba .[4] O seu terceiro filme, Chaharshanbe Suri, gañou o premio Hugo de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Chicago do 2006. A súa cuarta película, Dar bāre-ye Elly gañou o Oso de Prata ao mellor director no quincuaxésimo noveno Festival Internacional de Cinema de Berlín, ademais do premio á mellor fotografía no Festival de Cinema de Tribeca.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme Título en inglés |
Acreditado como | Notas | ||
|---|---|---|---|---|---|
| Director | Produtor | Guionista | |||
| 2002 | Ertefa'e Past Low Heights |
Coescrito con Ebrahim Hatamikia | |||
| 2003 | Raghs dar ghobar Dancing in the Dust |
Coescrito con Alireza Bazrafshan e Mohammad Reza Fazeli | |||
| 2004 | Shahr-e Ziba The Beautiful City |
||||
| 2006 | Chaharshanbe Suri Fireworks Wednesday |
Coescrito con Mani Haghighi | |||
| 2007 | Canaan | Coescrito con Mani Haghighi | |||
| 2008 | Dayere Zangi Tambourine |
||||
| 2009 | Mohakeme dar khiaban Trial on the Street |
Coescrito con Masoud Kimiai | |||
| 2009 | Dar bāre-ye Elly About Elly |
||||
| 2011 | Jodaí-e Nadér az Simín A Separation |
A Separation foi o primeiro filme iraniano que gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Ademais foi candidato ao oscar ao mellor guión orixinal. | |||
| 2013 | Gozašte The Past |
||||
| 2016 | Forušande The Salesman |
The Salesman gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2017. Porén, Farhadi non asistiu á 89ª edición dos Oscar en protesta pola orde executiva 13769 dos Estados Unidos. | |||
| 2018 | Todos lo saben Everybody Knows |
Protagonizada por Penélope Cruz, Javier Bardem e Ricardo Darín. | |||
| 2021 | Ghahreman A Hero |
||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "The 84th Academy Awards (2012) Nominees and Winners".
- ↑ Los Angeles Times (ed.). "Golden Globes: 'A Separation' wins best foreign language film".
- ↑ Corliss, Richard. Time, ed. "Time 100: The list. Asghar Farhadi".
- ↑ "neshane.com". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2006. Consultado o 02 de novembro de 2017.