American Beauty
| American Beauty | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Lingua orixinal
| |||||
|
Cor
| |||||
| Autoría | |||||
|
Director/a
| |||||
|
Compositor/a
| |||||
|
Guionista
| |||||
|
Director/a fotografía
| |||||
|
Editor/a de cine
| |||||
|
Deseñador/a produción
| |||||
|
Deseñador/a vestiario
| |||||
| Temática | |||||
|
Tema principal
| |||||
|
Ambientado en
| |||||
| Publicación | |||||
|
Data de publicación
| |||||
|
País de orixe
| |||||
|
Produtor/a
| |||||
|
Compañía produtora
| |||||
|
Distribuidor/a
| |||||
|
Recadación
| |||||
|
Formato de distribución
| |||||
|
Puntuación da crítica
84/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
87% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022) 8.2/10 Rotten Tomatoes (4 de setembro de 2021) | |||||
|
Premios
BAFTA ao mellor filme (9 de abril de 2000)
Óscar ó mellor filme (26 de marzo de 2000) Óscar ó mellor guión orixinal (26 de marzo de 2000) Óscar ó mellor director (26 de marzo de 2000) Óscar á mellor fotografía (26 de marzo de 2000) Óscar ó mellor actor (26 de marzo de 2000) Amanda Award for Best Foreign Feature Film (en) Premio Dallas-Fort Worth Film Critics Association ao mellor filme (1999) National Board of Review aos 10 filmes máis salientables National Board of Review Award ao mellor filme | |||||
|
Nomeamentos
Óscar ó mellor actor (15 de febreiro de 2000)
Óscar ó mellor guión orixinal (15 de febreiro de 2000) Óscar ó mellor filme (15 de febreiro de 2000) Óscar á mellor banda sonora (15 de febreiro de 2000) Óscar á mellor montaxe (15 de febreiro de 2000) Óscar ó mellor director (15 de febreiro de 2000) Óscar á mellor fotografía (15 de febreiro de 2000) Óscar á mellor actriz (15 de febreiro de 2000) Premio do Cinema Europeu ao mellor filme non europeo (1999) | |||||
| Dimensións | |||||
|
Duración
| |||||
| Localizacións | |||||
|
Localización rodaxe
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
American Beauty é un filme estadounidense dirixido por Sam Mendes que se estreou en 1999. Kevin Spacey interpreta a Lester Burnham, un executivo de publicidade que ten unha crise da mediana idade cando queda prendado da mellor amiga da súa filla adolescente, Angela (Mena Suvari). Annette Bening interpreta a materialista muller de Lester, Carolyn, e Thora Birch intepreta a súa insegura filla, Jane. Wes Bentley, Chris Cooper e Allison Janney tamén aparecen no filme nos papeis secundarios. O filme é descrito polos académicos como unha sátira da clase media americana, das nocións de beleza e satisfacción persoal, cunha análise centrada nas exploracións románticas do filme, o amor paternal, a sexualidade, a beleza, o materialismo, a liberación e a redención.
Ball comezou a escribir American Beauty como unha obra teatral a comezos da década de 1990, parcialmente inspirado polo circo dos medios arredor do xuízo de Amy Fisher en 1992. Desbotou a obra logo de decatarse que a historia non funcionaría ben no escenario. Despois de varios anos como guionista de televisión, Ball recuperou a idea en 1997 cando intentaba irromper na industria do cine. O guión retocado tiña unha ollada cínica que estaba influenciada pola frustración de Ball por escribir para varias comedias de situación. Os produtores Dan Jinks e Bruce Cohen levaron American Beauty a DreamWorks e o estudio mercou o guión de Ball por $250 000, logo dunha poxa con outros estudio de produción. DreamWorks financiou a produción cun orzamento de $15 millóns e serviu como o distribuidor en América do Norte. American Beauty supuxo o primeiro debut no cine do aclamado director de teatro Sam Mendes, que fora cortexado despois das exitosas producións dos musicais Oliver! e Cabaret. Malia isto, Mendes obtivo o posto despois de que outros vinte "A-list" directores rexeitasen a oportunidade.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A película trata da vida de Lester Burnham, de 42 anos, un executivo de publicidade de Chicago e pai de familia. Ó principio, escóitase a Lester describindo a súa contorna e a súa familia, que é un desastre. A súa esposa Carolyn é unha ambiciosa vendedora inmobiliaria á que só lle importa o éxito profesional. A súa filla Jane, de 16 anos, é unha típica adolescente apática e con complexos que se queixa do seu pai porque non lle presta suficiente atención e porque, segundo ela, “non é normal”. Lester di: "Janie é unha típica adolescente: enfadada, insegura e confusa. Gustaríame dicirlle que todo isto pasará, pero non quero mentirlle". Jane e Lester levan tempo sen falarse.
Lester descríbese como un perdedor, aburrido, alguén fácil de esquecer. Pero a súa vida vai sufrir un cambio radical...
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kevin Spacey como Lester Burnham. Corentón que vive unha existencia gris e desexa cambiar de vida. Aínda que non o expresa, quere moito á súa filla Jane e incluso á súa muller, a pesar de estar pasando por unha crise matrimonial con ela.
- Annette Bening como Carolyn Burnham. Esposa de Lester. É unha muller moi ambiciosa, cargada de manías, que vive máis centrada nas aparencias e nas esixencias do seu traballo que na propia felicidade da súa familia.
- Thora Birch como Jane Burnham. Filla de Lester e Carolyn. É unha adolescente insegura, cohibida polo seu físico e ten a sensación de que seus pais non a entenden. Por isto mesmo, apóiase no seu mozo, Ricky Fitts, xa que a súa amiga Angela é moi diferente a ela.
- Mena Suvari como Angela Hayes. É a mellor amiga de Jane e é a fantasía sexual do pai desta. É moi superficial e hipócrita, debido a que lle mentía nas súas relacións á súa amiga, e é un personaxe moi importante debido a que cambia a vida do protagonista.
- Wes Bentley como Ricky Fitts. Veciño dos Burnham, acaba de mudarse coa súa familia á casa do lado. Personaxe moi importante, xa que cambia radicalmente a vida dos Burnham. Pasa o seu tempo libre gravando en vídeo escenas da vida cotiá, e en particular, os seus veciños (especialmente a Jane). Así é como coñece a Jane e declárase o seu admirador, facéndolle ver que ela non ten nada que envexarlle a ninguén. Tamén coñece a Lester, con quen traba unha amizade a través da venda de marihuana.
- Chris Cooper como o Coronel Frank Fitts. É o pai de Ricky Fitts, antigo coronel da mariña americana e ten a súa familia sometida aos seus abusos sen consideración. Lévase bastante mal con Lester Burnham porque pensa que mantén unha relación sexual co seu fillo, debido que o seu fillo vai moitas veces á súa casa. De feito, o Coronel, ao final da película nun momento de desesperación, dálle un bico a Lester para comprobar se este é homosexual.
- Allison Janney como Bárbara Fitts.
- Peter Gallagher como Buddy Kane
Temas
[editar | editar a fonte]- Aparencias. Este filme explora temas como a importancia imposta pola sociedade occidental moderna á aparencia e o éxito económico, e fala de como isto deforma as relacións interpersoais e como se xera a necesidade de escapar.
- Relacións de familia. A película trata sobre a familia composta por Lester (Kevin Spacey, o protagonista), a súa muller Carolyn e a súa filla adolescente Jane, que se relacionan con outras personaxes, incluídos os seus veciños, a familia Fitts. Se a familia de Lester, Carolyn e Jane é un desastre, isto é debido a que non hai comunicación entre eles. Ámbolos dous pais están moi ocupados cos seus problemas persoais como para prestarlle a atención que Jane desexaría. Neste caso, por exemplo, Lester, aínda que no fondo si se preocupa pola súa filla, non ten a iniciativa de poñerse a falar con ela.
Por outro lado, a familia Fitts está sometida ó despotismo do pai, Frank Fitts, antigo coronel da Mariña, que a goberna con man de ferro. O Coronel Fitts é un maltratador que ten completamente anulada a súa esposa, e incluso propina ó seu fillo Ricky tundas brutais, chegando a ter que ser hospitalizado.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1999: 5 Oscars: filme, director, actor (Kevin Spacey), guión e fotografía. 8 nomeamentos.
- 1999: 3 Globos de Ouro: Mellor filme - drama, director e guión. 6 nomeamentos.
- 1999: 6 premios BAFTA, incluíndo mellor filme, fotografía e montaxe. 14 nomeamentos.
- 1999: Nomeado ó Cesar: Mellor filme estranxeiro.
- 1999: Nomeada ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro.
- 1999: 2 premios National Board of Review: Mellor filme, actor (Wes Bentley).
- 1999: Festival de Toronto: Mellor director (Sam Mendes), Premio do Público.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- American Beauty na IMDb (en inglés).
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Filmes de 1999
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Sam Mendes
- Filmes con banda sonora de Thomas Newman
- Filmes de DreamWorks
- Filmes sobre sexualidade
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América
- Filmes sobre familias disfuncionais
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal