Saltar ao contido

Wò hǔ cáng lóng

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wò hǔ cáng lóng
 Instancia de
 Título
臥虎藏龍 (zh)
Crouching Tiger, Hidden Dragon (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
Wang Dulu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Época ambientación
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
Tan Dun (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
Timmy Yip (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
3 de novembro de 2000 (Xapón)
14 de marzo de 2001 (Venezuela)
7 de xullo de 2000 (Taiwán)
22 de setembro de 2000 (Tailandia)
8 de xullo de 2000 (República Popular da China)
1 de marzo de 2001 (República Checa)
5 de xaneiro de 2001 (Reino Unido, Irlanda, Suecia)
9 de marzo de 2001 (Polonia)
8 de marzo de 2001 (Perú)
26 de decembro de 2000 (Nova Zelandia)
6 de xullo de 2000 (Malaisia, Singapur)
6 de xuño de 2001 (Kuwait)
2 de febreiro de 2001 (Italia, Lituania)
26 de outubro de 2000 (Israel)
12 de xaneiro de 2001 (Islandia, Suráfrica)
15 de xullo de 2000 (Indonesia)
19 de xaneiro de 2001 (India, Noruega)
8 de febreiro de 2001 (Hungría, Países Baixos)
13 de xullo de 2000 (Hong Kong)
20 de outubro de 2000 (Grecia)
4 de outubro de 2000 (Francia)
23 de marzo de 2001 (Finlandia, Turquía)
1 de novembro de 2000 (Filipinas)
18 de maio de 2000 (Festival Internacional de Cinema de Cannes)
21 de marzo de 2001 (Exipto)
16 de marzo de 2001 (Estonia)
8 de decembro de 2000 (Estados Unidos de América)
23 de febreiro de 2001 (España)
22 de marzo de 2001 (Eslovenia)
3 de novembro de 2000 (Dinamarca)
19 de agosto de 2000 (Corea do Sur)
15 de decembro de 2000 (Canadá)
18 de outubro de 2000 (Bélxica)
16 de febreiro de 2001 (Brasil, México, Uruguai)
9 de febreiro de 2001 (Austria)
4 de xaneiro de 2001 (Australia)
13 de febreiro de 2001 (Arxentina)
11 de xaneiro de 2001 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Cifras e dimensións
Duración115 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Custo15000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación213500000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
Códigos e identificadores
VIAF316751974 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01mgw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
7.9/10 Internet Movie Database (9 de marzo de 2026)
94/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
97% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
8.6/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0190332 Filmaffinity: 488497 Allocine: 25720 Rottentomatoes: m/crouching_tiger_hidden_dragon Mojo: crouchingtigerhiddendragon Allmovie: v201837 TCM: 442944 Metacritic: movie/crouching-tiger-hidden-dragon TV.com: movies/crouching-tiger-hidden-dragon Netlix: 60002907 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Wò hǔ cáng lóng (en chinés tradicional: 臥虎藏龍) que en galego significa "Tigre agazapado, Dragón agochado"; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixido por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen. O filme baséase na novela Crouching Tiger, Hidden Dragon do escritor de literatura wuxia Wang Dulu. As escenas de artes marciais e as de acción son froito das coreografías de Yuen Wo Ping.

É unha historia ficticia, situada no período da Dinastía Qing na China, aproximadamente durante o reinado do Emperador Qianlong (arredor de 1680).

Os protagonistas da historia son dous experimentados e famosos mestres en artes marciais, Li Mu Bai (Chow Yun-fat) e Yu Shu Lien (Michelle Yeoh). Os dous están namorados, pero cren que non poden estar xuntos porque Shu Lien é a viúva do mellor amigo de Mu Bai. Por outra parte, Jen (Zhang Ziyi), filla do Gobernador Yu de Manchuria (Fa Zeng Li), desexa desesperadamente ter a vida emocionante e chea de aventuras dun guerreiro. Polo que de xeito secreto, Jen convértese na alumna da malvada guerreira "Raposa de Xade" (Cheng Pei-pei), de quen Mu Bai xurou vingarse xa que matou o seu mestre. Mu Bai vai na busca da súa lendaria espada, "A espada celestial", que roubou Jen. Jen loita contra Mu Bai en varias ocasións, e pese a superioridade de Mu Bai, el rexeita matala porque quere adestrala como aprendiz. Jen tamén loita contra Shu Lien, quen intenta ensinarlle os valores do amor e a amizade. Pero Jen non se deixa convencer polo seu amor prohibido co bandido do deserto Lo (Chang Chen), e rexeita a axuda de Mu Bai e Shu Lien.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Chow Yun-fat como Li Mu Bai
  • Michelle Yeoh como Yu Shu Lien
  • Zhang Ziyi como Jen Yu (versión en mandarín) / Jiao Long (versión internacional)
  • Chang Chen como Lo "Nube Escura" / Luo Xiaohu
  • Cheng Pei-pei como Raposa de Xade
  • Sihung Lung como Sir Te
  • Li Fazeng como Gobernador Yu
  • Gao Xi'an como Bo
  • Hai Yan como Madam Yu
  • Wang Deming como Inspector de policía Tsai / Prefeto Cai Qiu
  • Huang Suying como Tío Wu
  • Yang Rui como Maid
  • Li Kai como Gou Jun Pei
  • Feng Jianhua como Gou Jun Sinung
  • Ma Zhongxuan como Mi Biao
  • Li Baocheng como Fung Machete Chang
  • Yang Yongde como Monk Jing
  • Zhang Shaocheng como O home na noite

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2000: 4 Oscars: Mellor película estranxeira. 10 Nomeamentos.
  • 2000: 2 Globos de Ouro: Mellor director, película de fala non inglesa. 3 Nomeamentos.
  • 2000: 4 premios BAFTA, incluíndo David Lean á dirección, Anthony Asquith. 14 Nomeamentos.
  • 2000: National Board of Review: Mellor película de fala non inglesa.
  • 2000: Círculo de críticos de Nova York: Mellor fotografía.
  • 2000: 2 premios no Festival de Toronto: Mellor director (Ang Lee), mellor película.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]