Saltar ao contido

Casablanca (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Casablanca
Logotipo
Imaxe
Póster de filme
 Instancia de
 Parte de
 Título
Casablanca (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
Características
 Cor
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
11 de outubro de 1943 (Suecia)
26 de novembro de 1942 (Nova York)
23 de xaneiro de 1943 (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (6 de febreiro de 1944)
Óscar ó mellor guión adaptado (6 de febreiro de 1944)
Óscar ó mellor director (6 de febreiro de 1944)
Óscar ó mellor filme (6 de febreiro de 1944)
Óscar á mellor montaxe (6 de febreiro de 1944)
Óscar ó mellor actor (6 de febreiro de 1944)
Academy Award for Best Cinematography, Black-and-White (en) Traducir (6 de febreiro de 1944)
Óscar á mellor música (comedia ou drama) (6 de febreiro de 1944) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración102 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxeformato académico Editar o valor en Wikidata
Custo950000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF178212982 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-2B7D-0000-6-0000-0000-J Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ft18 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
8.5/10 Internet Movie Database (22 de febreiro de 2026)
100/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
99% Rotten Tomatoes (4 de febreiro de 2025)
9.4/10 Rotten Tomatoes (2 de maio de 2022) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0034583 Filmaffinity: 165208 Allocine: 2645 Rottentomatoes: m/1003707-casablanca Mojo: casablanca Allmovie: v8482 TCM: 610 Metacritic: movie/casablanca TV.com: movies/casablanca Netlix: 354611 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Casablanca é unha das películas máis coñecidas da historia do cine. Foi dirixida por Michael Curtiz e estreada en 1942. O seu guión baséase na obra teatral Everybody Comes to Rick's de Murray Burnett e Joan Alison. Estreouse en galego na TVG o 2 de maio de 2010.[1]

Durante a segunda guerra mundial Rick Blaine (Humphrey Bogart), un exiliado americano por escuras causas que non se desvelan ó longo do filme, rexenta o local nocturno máis popular de Casablanca o Rick´s Café. O cínico e solitario Rick consegue grazas á morte de Ugarte dous salvocondutos para abandonar o Marrocos da "Francia non ocupada" da Francia de Vichy.

Chega namentres a Casabranca o maior alemán Heinrich Strasser (Conrad Veidt), ó cal o xefe da policía, o capitán Renault (Claude Rains), comprace de todas as formas posibles, ata detendo un líder da resistencia checa Victor Laszlo (Paul Henreid), que chega a Casabranca acompañado de Ilsa (Ingrid Bergman), unha antiga amante de Rick que o abandonou en París sen dar explicacións. Rick segue resentido con ela, aínda que cambia de actitude ó coñecer o motivo polo cal marchou do seu lado. Ambos reconcílianse e, xa xuntos, os dous planean saír de Casabranca utilizando os salvocondutos que ten Rick.

Rick convence ao capitán Renault de que vai escapar con Ilsa e deixará a Laszlo en terra para que o deteña a Gestapo. Finalmente, nun acto de heroísmo, Rick dispara ó maior Strasser deixando que Laszlo e Ilsa vaian a América a continuar co labor de resistencia alén do Atlántico.

Humphrey Bogart e Paul Henreid

Comentarios

[editar | editar a fonte]
Ingrid Bergman e Humphrey Bogart protagonizan un dos bicos máis famosos da historia do cine.

A película está ambientada no Marrocos francés durante a segunda guerra mundial. O produtor Hal B. Wallis quería a William Wyler para dirixir esta película, pero logo de barallar varios nomes, o director de orixe húngara Michael Curtiz foi o elixido, e comezou a rodaxe da que ía ser unha película destinada a ser propaganda antinazi. Acerca da realización da película circulan numerosas historias, entre as cales está por exemplo a que di que Ingrid Bergman non soubo ata o último momento con cal dos dous homes quedaría.

A música correu a cargo de Max Steiner, o vestiario foi obra de Orry-Kelly e Sam (Dooley Wilson) canta acompañado polo seu piano unha das cancións máis recordadas da historia do cine, "As Time Goes By".

Gañadora de tres Premios Óscar: mellor filme, mellor guión e mellor director. Amais, estivo nomeada nas categorías de mellor actor (Humphrey Bogart), actor secundario (Claude Rains), fotografía, edición e banda sonora.

Nos Estados Unidos, pola súa popularidade, Casablanca é coñecida como The Movie. Así mesmo, adoita aparecer nos primeiros postos de diversos ránkings históricos (por exemplo os realizados polo American Filme Institute ou a Internet Movie DataBase).

O personaxe principal loitou no lado republicano na guerra civil española pero na primeira dobraxe en castelán en España esta referencia suprimiuse debido á ditadura de Francisco Franco. Igual pasa coa referencia ó combate en Abisinia contra as tropas fascistas.

  1. "Casablanca na TVG". Diario Siglo XXI. 30 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]