Saltar ao contido

Un homme et une femme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un homme et une femme
Francis Lai Editar o valor en Wikidata
 Título
Un homme et une femme Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
75% Rotten Tomatoes (14 de agosto de 2024)
6.4/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Datas
 Data de publicación
25 de outubro de 1966 (Alemaña)
1966 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Dimensión
Duración102 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
ISAN0000-0000-AC9A-0000-W-0000-0000-F Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01fd7j Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0061138 Filmaffinity: 714147 Allocine: 1334 Rottentomatoes: m/a_man_and_a_woman Allmovie: v31060 TCM: 82535 TV.com: movies/a-man-and-a-woman-1966 Netlix: 60026991 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Un homme et une femme é un filme francés de 1966 escrito e dirixido por Claude Lelouch e protagonizado por Anouk Aimée e Jean-Louis Trintignant. Escrito por Lelouch e Pierre Uytterhoeven, o filme conta a historia dunha viúva e un viúvo que se coñecen por casualidade no colexio dos seus fillos e cuxa relación incipiente é complicada por mor das lembranzas das súas parellas mortas.[1] O filme salienta pola súa exuberante fotografía, con frecuentes secuencias entre imaxe en cor, branco e negro e sepia, e pola banda sonora composta por Francis Lai.

Un homme et une femme vendeu un total de 4 272 000 entradas nos cinemas de France e foi o sexto filme con maior recadación dese ano.[2] Nos Estados Unidos, o filme recadou 14 000 000 dólares.[3] O filme gañou varios premios, incluíndo a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1966,[4] dous Globos de Ouro ó mellor filme en lingua estranxeira e mellor actriz dramática (para Aimée), e dous Premios Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.[5][6] Unha secuela, Un Homme et une Femme, 20 Ans Déjà foi estreada en 1986, seguida por Les Plus Belles Années d'une vie, que se estreou no ano 2019.

O piloto de carreiras Jean-Louis Duroc e Anne Gauthier, dous viúvos recentes, encóntranse por casualidade cando visitan os seus respectivos fillos nun internado e iso repítese todas as fins de semana. Un día, Anne perde o tren e Jean-Louis ofrécelle levala de volta a París; acaban converténdose en amigos íntimos e finalmente apaixonados, mais notan que as lembranzas dos cónxuxes falecidos aínda son moi fortes.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Anouk Aimée como Anne Gauthier
  • Jean-Louis Trintignant como Jean-Louis Duroc
  • Pierre Barouh como Pierre Gauthier
  • Valérie Lagrange como Valerie Duroc
  • Antoine Sire como Antoine Duroc
  • Souad Amidou como Françoise Gauthier
  • Henri Chemin como copiloto de Jean Louis
  • Yane Barry como amante de Jean Louis
  • Paul Le Person como empregado da gasolineira
  • Simone Paris como amante principal
  • Gerard Sire como comentarista de radio
  • Gérard Larrousse como condutor de rally
  • Jean Collomb como o servidor
  • Clive Roberts como condutor de rally[7]
  1. "A Man and a Woman". Internet Movie Database. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  2. JP's Box Office (ed.). "Un homme et une femme". Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  3. The Numbers (ed.). "A Man and a Woman, Box Office Information". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  4. Festival de Cannes (ed.). "Un homme et une femme". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  5. The Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "The 39th Academy Awards (1967) Nominees and Winners". Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  6. "Golden Globe Awards for 1967". Internet Movie Database. Consultado o 1 de abril de 2012. 
  7. "Full cast and crew for A Man and a Woman". Internet Movie Database. Consultado o 30 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]