Saltar ao contido

Ida (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ida
Logotipo
 Título
Ida Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Compañía produtora
Opus Film (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Distribuidor/a
 Recadación
11.100.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
28 de agosto de 2014 (Hungría)
11 de setembro de 2014 (Hungría)
10 de abril de 2014 (Alemaña)
30 de agosto de 2013 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración80 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
91/100 Metacritic (30 de agosto de 2025)
95% Rotten Tomatoes (27 de outubro de 2024)
8.4/10 Rotten Tomatoes (9 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF82147266510235480133 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0003-EE69-0000-F-0000-0000-T Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0wk715z Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt2718492 Filmaffinity: 313764 Allocine: 223850 Rottentomatoes: m/ida_2013 Mojo: ida Allmovie: v585957 TCM: 2055251 Metacritic: movie/ida TV.com: movies/ida-2014 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ida é un filme polaco de 2013 dirixido por Paweł Pawlikowski e escrito por Pawlikowski e Rebecca Lenkiewicz. Ambientado na Polonia de 1962, conta a historia dunha moza que está a piques de tomar os seus votos como unha monxa católica. Orfa dende nena por mor da ocupación alemá na segunda guerra mundial, antes de converterse en monxa debe coñecer á súa tía, o seu único parente vivo. Ela cóntalle que os seus pais eran xudeus. As dúas mulleres embárcanse nunha viaxe polas estradas do campo polaco para descubrir cal foi o final dos seus pais.

Considerada unha "obra mestra compacta" e un "filme de estrada estrañamente fermoso", "contén un cosmos de culpa, violencia e dor", aínda que os eventos históricos que motivan os eventos (ocupación alemá de Polonia, o holocausto e o stalinismo) non son directamente mencionados: "nada disto se afirma, pero todo está construído, por así decilo, na atmosfera: o país séntese morto, a poboación escasa".[1]

Ida gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa no 2015, converténdose no primeiro filme polaco en conseguilo.[2]

Anna é unha noviza que viviu toda a vida nun convento e está a piques de asumir os votos. Antes diso, debe de coñecer a súa tía, a súa única parente viva, unha xuíza de vida bohemia e pasado antifascista. Ela dálle a coñecer a súa orixe xudía e o seu verdadeiro nome: Ida. Ambas irán na procura dos restos dos pais de Ida, asasinados durante a ocupación nazi na segunda guerra mundial.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]