Saltar ao contido

12 anos de escravitude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

12 anos de escravitude
Hans Zimmer Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Parte de
 Título
12 Years a Slave (en) Editar o valor en Wikidata
 Tema principal
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Formato de distribución
 Cor
 Ambientado en
 Época ambientación
 Personaxes
Implicados
 Produtor/a executivo
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Organizacións
 Distribuidor/a
Economía
Custo20000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación187733202 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
2 de xaneiro de 2014 (Hungría)
8 de novembro de 2013 (Estados Unidos de América)
16 de xaneiro de 2014 (Alemaña)
30 de agosto de 2013 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración133 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Nomeamentos
Óscar á mellor actriz secundaria (16 de xaneiro de 2014)
Óscar ó mellor guión adaptado (16 de xaneiro de 2014)
Óscar ó mellor deseño de vestiario (16 de xaneiro de 2014)
Óscar ó mellor filme (16 de xaneiro de 2014)
Óscar á mellor montaxe (16 de xaneiro de 2014)
Óscar ó mellor actor (16 de xaneiro de 2014)
Óscar ó mellor director (16 de xaneiro de 2014)
Óscar ó mellor actor secundario (16 de xaneiro de 2014)
Óscar ó mellor deseño de produción (16 de xaneiro de 2014) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
8.1/10 Internet Movie Database (7 de marzo de 2026)
95% Rotten Tomatoes (15 de xaneiro de 2026)
96/100 Metacritic (15 de xaneiro de 2026)
8.9/10 Rotten Tomatoes (7 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF307457464 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0003-A550-0000-M-0000-0000-8 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h32y7j Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt2024544 Filmaffinity: 554692 Allocine: 196885 Rottentomatoes: m/12_years_a_slave Mojo: twelveyearsaslave Allmovie: v547471 TCM: 896198 Metacritic: movie/12-years-a-slave TV.com: movies/12-years-a-slave BNE: XX5416141 Netlix: 70284282 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

12 anos de escravitude[1] (en inglés: 12 Years a Slave) é un filme británico-estadounidense dirixido por Steve McQueen que se estreou no 2013. Baséase nas memorias de Solomon Northup Twelve Years a Slave (1853), un afroamericano nado no Estado de Nova York que foi secuestrado en Washington, D.C., e vendido en 1841 como escravo. Traballou nunhas plantacións do estado de Luisiana durante doce anos antes da súa liberación. A primeira edición académica das súa memorias, co-editada en 1968 por Sue Eakin e Joseph Logsdon, foi coidadosamente validada e chegouse á conclusión de que é precisa e certa.[2]

Este é o terceiro filme dirixido por Steve McQueen. O guión foi escrito por John Ridley. Chiwetel Ejiofor interpreta a Solomon Northup. Michael Fassbender, Benedict Cumberbatch, Paul Dano, Paul Giamatti, Lupita Nyong'o, Sarah Paulson, Brad Pitt e Alfre Woodard realizan papeis secundarios. A rodaxe tivo lugar en Nova Orleáns, Luisiana, dende o 27 de xuño ó 13 de agosto de 2012. As localizacións empregadas foron catro plantacións anteriores á Guerra Civil Estadounidense: Felicity, Magnolia, Bocage e Destrehan. Deses catro lugares, Magnolia é o máis achegado á plantación real onde Northup foi escravizado.

12 anos de escravitude recibiu loanzas da crítica, e foi descrito como o mellor filme do ano por numerosos medios de comunicación. Tamén foi un éxito de recadación, gañando máis de $158 millóns sobre uns custos de produción de $20 millóns. O filme gañou tres Premios Oscar: mellor filme, mellor actriz secundaria para Nyong'o e mellor guión adaptado para Ridley. Tamén foi galardoado co Globo de Ouro ó mellor filme dramático, e co BAFTA ó mellor filme e mellor actor para Ejiofor.

Historia de Solomon Northup, un culto músico negro -e home libre- que vivía coa súa familia en Nova York. Tras compartir unha copa con dous descoñecidos, Solomon descobre que foi drogado e secuestrado para ser vendido como escravo no Sur nunha plantación. Solomon contempla como todos ó seu arredor sucumben á violencia, ó abuso emocional e á desesperanza. Entón decide correr riscos e confiar na xente menos aparente para intentar recuperar a súa liberdade e reunirse coa súa familia.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Woodard na estrea do filme.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2013: Globos de Ouro: 7 nomeamentos, incluíndo mellor filme e director.
  • 2013: Festival de Toronto: Mellor filme (Premio do público).
  • 2013: National Board of Review (NBR): Mellores 10 filmes do ano.
  • 2013: American Film Institute: Top 10 - Mellores filmes do ano
  • 2013: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor director.
  • 2013: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Mellor actriz secundaria (Nyong'o).
  • 2013: Premios Gotham: 3 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2013: Independent Spirit Awards: 7 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2013: Satellite Awards: 10 nomeamentos, incluíndo mellor filme e director.
  1. sincroguia-tv.expansion.com (ed.). "12 anos de escravitude na TVG". Consultado o 5 de maio de 2022.
  2. Robert Brent Toplin (1969). "Twelve Years a Slave (review)". Civil War History (The Kent State University Press) 15 (1): 66. doi:10.1353/cwh.1969.0065.