Estación de Xixón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′15″N 5°40′30″O / 43.537606, -5.675082

Xixón
SituaciónXixón
Liñas
Longa DistanciaAlvia
Media distanciaRexional
CercaníasProximidades Asturias
FEVERexionais, Transcantábrico

A estación de Xixón, tamén coñecida como Xixón–Sanz Crespo, é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Xixón. É de carácter terminal e provisional e foi inaugurada o 28 de marzo do 2011. Ten servizos de longa e media distancia, rexionais e proximidades operados por Renfe tanto de vía estreita como de ancho ibérico.

Atópase na rúa Sanz Crespo do barrio homónimo, preto do Palacio de Xustiza.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase situada a 8 metros de altitude nos trazados de varias liñas férreas tanto de ancho ibérico como de ancho métrico:

Historia[editar | editar a fonte]

Ao comezo da década dos anos 90 a cidade de Xixón sufriu unha ampla reorganización ferroviaria.[3] A histórica estación do Norte foi pechada e o tráfico distribuíuse entre a nova estación de Jovellanos para trens de longo percorrido e a estación de Xixón-Cercanías.[3] Ambas as estacións combináronse con Feve de tal forma que ambas ofrecían servizos de vía estreita e de vía ancha.[3] En 2002 coa vista posta na alta velocidade e en mellorar a intermodalidade entre os distintos servizos de transporte existentes creouse a Sociedad Gijón al Norte co fin de reordenar o armazón ferroviario da cidade. Os plans iniciais incluían o soterramento das vías e a creación dunha nova estación. Para iso considerouse necesario construír un recinto provisional cuxas obras se iniciaron no primeiro trimestre do ano 2009.[4] As mesmas concluíron en marzo do 2011 sendo inaugurada a nova estación provisional de Sanz Crespo o 28 de marzo de 2011. A principios do 2013, os graves problemas económicos da Sociedad Gijón al Norte con dificultades para financiarse e vender os terreos liberados tras as obras iniciais supoñen un freo na continunidade do proxecto.[5]

A estación[editar | editar a fonte]

Plataformas da estación en 2012.

A nova terminal consiste nunha plataforma para seis vías, tres de ancho ibérico e tres de ancho métrico e tres plataformas sobre os terreos de Sanz Crespo comprendidos entre os pasos superiores de Carlos Marx e da avenida do Príncipe de Asturias. Todas as vías terminan en fondo de saco xunto ao edificio de viaxeiros. O inmoble, en forma de 'L', ocupa unha superficie total construída de 2.250 metros cadrados, dos cales 1.200 son en planta baixa e outros 800 corresponden a un nivel superior en altura. Nel terán cabida todos os servizos que precisan as empresas ferroviarias (Renfe e Adif), incluíndo vestiarios, oficinas, atención ao cliente, zona de cafetería, locais comerciais e un amplo vestíbulo no que se poñerán á venda os billetes. Os materiais construtivos utilizados tanto no edificio como na praia de vías están concibidos para ser reutilizados.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 3/4 trens diarios por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 1 tren diario por sentido
Alvia Xixón Oviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía Sur Cádiz 1 tren diario por sentido
Alvia Xixón Oviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · Benicàssim Orpesa 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
24 Rexional Valladolid-Campo Grande <> Xixón

Rexionais[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
R-1 Ferrol <> Xixón

Proximidades[editar | editar a fonte]

A estación forma parte da rede de proximidades Asturias integrándose nas liñas C-1, F-4, F-5 e o semidirecto Xixón-Oviedo denominado tamén en ocasións liña F-9. En todos os casos exerce de terminal.

Trens turísticos[editar | editar a fonte]

O trazado de vía estreita, pola súa natureza e as paraxes percorridas, dá lugar a unha serie de trens turísticos historicamente operados por Feve e en mans de Renfe Operadora desde 2013. Estes trens son o Estrela do Cantábrico entre Xixón e Llaviana, e o Transcantábrico entre León e Ferrol, vía Bilbao. Este último tren é de luxo, mesmo ten unha versión de gran luxo. As viaxes que se realizan en datas concretas, principalmente no verán, inclúen visitas a museos e turismo gastronómico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]