Estación de Betanzos-Cidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estación de Betanzos - Cidade")

Coordenadas: 43°17′03″N 08°12′57″O / 43.28417, -8.21583

Betanzos-Cidade
Estacion Betanzos Cidade - Jose Luis Cernadas Iglesias.jpg
Situación Betanzos
Liñas
Longa Distancia Alvia, Trenhotel
Media distancia MD

Betanzos-Cidade é unha estación de tren de Adif situada na vila de Betanzos, na provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 5,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 4 metros de altitude,[1] entre as estacións de Betanzos-Infiesta e de Miño-Castro. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

O ferrocarril chegou a Betanzos-Cidade o 5 de maio de 1913 coa o apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada RENFE, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

A estación[editar | editar a fonte]

O edificio de viaxeiros da estación de Betanzos-Cidade é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. Está situada no extremo noroeste do núcleo urbano de Betanzos, o que fai que estea moito máis próxima ao centro urbano da cidade que a estación de Betanzos-Infesta.

Conta con dúas plataformas, unha lateral e a outra central, ás que acceden dúas vías.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Spanishrailway

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]