Unidade Galega (coalición): Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Novas categorías. |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
{{Nacionalismo galego}} |
{{Nacionalismo galego}} |
||
[[Categoría:Partidos políticos nacionalistas galegos]] |
|||
[[Categoría:Forzas políticas de Galicia]] |
[[Categoría:Forzas políticas de Galicia]] |
||
[[Categoría:Forzas políticas de España]] |
|||
[[Categoría:Nacionalismo]] |
|||
[[Categoría:Política]] |
Revisión como estaba o 19 de setembro de 2016 ás 09:52
- Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)
Unidade Galega (UG) | |
---|---|
Coalición do PSG, Partido Galeguista e o Partido Obreiro Galego (Galiza) | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Francisco Fernández del Riego, Camilo Nogueira e Avelino Pousa Antelo |
Historia | |
Fundación | 1978 |
Disolución | 1980 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Socialismo Federalismo |
Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.
A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.
As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.