Conversa usuario:Moedagalega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Moedagalega!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 29 de xaneiro de 2016 ás 09:03 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Moedagalega. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 28 de xaneiro de 2016 ás 13:29 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Moedagalega. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 29 de xaneiro de 2016 ás 09:03 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Moedagalega. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 14 de marzo de 2016 ás 13:08 (UTC)[responder]

Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, por favor non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Segue as ligazóns indicadas nos mesmos para obter máis información sobre as cuestións anotadas en cada marcador e cómo solucionalas e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. Banjo tell me 16 de marzo de 2016 ás 11:19 (UTC)[responder]

Ola, Moedagalega. O artigo "Bohemian Rhapsody" no que colaboraches non ten fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 28 de marzo de 2016 ás 10:11 (UTC)[responder]

Referencias[editar a fonte]

Ola Moedagalega. Por favor non crees máis artigos sen referencias. Tódolos artigos da Wikipedia deben levar as referencias correspondentes que verifiquen o contido dos mesmos, ben en forma de referencias xerais ou notas ó pé. Por favor revisa os artigos xa creados e engade as referencias correspondentes antes de crear novos artigos. Grazas. Banjo tell me 28 de marzo de 2016 ás 15:55 (UTC)[responder]

Ola, Moedagalega!

Ao crear un artigo, especialmente ao traducir doutra wiki, procura axeitalo ao formato usado na Galipedia: así, as referencias van antes da bibliografía e as ligazóns externas (campos estes que van no apartado "véxase tamén"), e no cabezallo das persoas úsase o formato Fulano de Tal, nado en Tal Sitio o día tal e finado en Tal Lugar o día tal, foi...

Lembra tamén adaptar as categorías correspondentes.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de marzo de 2016 ás 13:41 (UTC)[responder]

Referencias nos artigos[editar a fonte]

Ola Moedagalega. De novo, por favor non crees máis artigos sen referencias. Tódolos artigos da Wikipedia deben levar as referencias correspondentes que verifiquen o contido dos mesmos, ben en forma de referencias xerais ou notas ó pé. Por favor revisa os artigos xa creados e engade as referencias correspondentes antes de poñerte a crear novos artigos. Grazas Banjo tell me 30 de marzo de 2016 ás 12:40 (UTC)[responder]

RE:Consulta sobre a entrada "We Will Rock You"[editar a fonte]

Ola Moedagalega. Un administrador marcou ese artigo co marcador de problemas na tradución, xa que o artigo presenta diversos problemas derivados dunha tradución sen revisións posteriores insuficientes. Para arranxar tódolos problemas do artigo tes máis información nas seguintes páxinas:

Axuda:Como mellorar a ortografía Axuda:Como traducir un artigo Wikipedia:Citar as fontes Wikipedia:Libro de estilo Wikipedia:Editor visual Wikipedia:Como editar unha páxina

Tamén tes a páxina xeral da Wikipedia:Axuda con máis información sobre as características, ferramentas e estándares do proxecto. Se precisas axuda sobre calquera outra cuestión, podes deixar unha mensaxe na Taberna para que o resto de usuarios a poda ver e axudarche no que poidan. Saúdos. Banjo tell me 1 de abril de 2016 ás 19:33 (UTC)[responder]

Ola Moeda.

Por favor, bótalle un ollo a: Wikipedia:Libro de estilo#Notas e Véxase tamén.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 4 de abril de 2016 ás 13:53 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Moedagalega. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 5 de abril de 2016 ás 21:36 (UTC)[responder]

ligazóns internas, cunha abonda[editar a fonte]

Ola Moeda.

Cando unha palabra ou expresión aparece repetida varias veces nun mesmo artigo non hai que meterlle ligazón interna a todas elas. Por exemplo, se aparece Queen vinte veces e inecesacio poñerlle ligazón internas as vinte veces. Só se debería ligar a primeira aparición .

Tes máis información sobre este tema en: Wikipedia:Guía/Ligazóns internas.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 6 de abril de 2016 ás 06:43 (UTC)[responder]

Ligazóns externas[editar a fonte]

Ola, Moedagalega. Ten en conta que nin no apartado Ligazóns externas nin no corpo do texto debe haber hipernvínculo cara á propia Wikipedia noutras linguas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11 de abril de 2016 ás 11:27 (UTC)[responder]

Ola de novo, Moedagalega. Revertín as túas edicións en Termidor. Ten en conta que cómpre respectar sempre o criterio do primeiro editor. É dicir, se puña dende/até/Galiza..., debe seguir así. E o mesmo sucedería se a escolla fose desde, ata, terminacións en -ble etc. Ademais, ten en conta que os arranxos de redacción deben estar fundamentados. Así, por exemplo, non hai razón para substituír estío por verán. Ambas as formas son correctas. Polo demais, ten en conta en relación co formato que Ligazóns externas é unha subcabeceira integrada en Véxase tamén, que é a cabeceira. Se tes dúbidas, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11 de abril de 2016 ás 15:23 (UTC)[responder]

Ola de novo. Vexo que ao final dos artigos dos meses engaden unhas liñas empregando código e varios espazos entre medias. É máis limpo e máis sinxelo se creas un modelo (pódeste inspirar neste) e o engades como {{Modelo oquesexa}} ao final de cada entrada. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11 de abril de 2016 ás 15:49 (UTC)[responder]

Posible violación de dereitos de autoría en Ficheiro:- Portada Numismatica 2.jpg[editar a fonte]

Ola, Moedagalega, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Ficheiro:- Portada Numismatica 2.jpg, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 18:44 (UTC)[responder]

títulos de artigos[editar a fonte]

Ola, Moedagalega! Lembra que na Galipedia evitamos o uso das parénteses nos artigos sobre lugares, por iso se moveu "Lancaster (Massachusetts)" a Lancaster, Massachusetts. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de xuño de 2016 ás 11:24 (UTC)[responder]

Lancaster, Massachusetts[editar a fonte]

Boas, Moedagalega. Tendo en conta a política oficial de toponimia, a páxina que creaches foi movida a Lancaster, Massachusetts. "Cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma doutro dato de localización". Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 28 de xuño de 2016 ás 11:24 (UTC)[responder]

Denantes[editar a fonte]

Concordo totalmente en corrixir calquera cousa que estea mal, sexa estilo, gramática ou léxico, tan só é para recordarche que denantes, e tamén iñantes, son formas totalmente lexítimas, admitidas no DRAG como sinónimos de antes.--HacheDous=0 (conversa) 7 de setembro de 2016 ás 07:52 (UTC)[responder]

Freo do pene[editar a fonte]

Ola, Moedagalega. Pódesme indicar a referencia para dar freo do pene como sinónimo de prepucio? Moitas grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15 de setembro de 2016 ás 16:53 (UTC)[responder]

Acabo de velo. Esquéceo. Grazas. --Atobar (conversa comigo) 15 de setembro de 2016 ás 16:54 (UTC)[responder]

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para novembro de 2016[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 09:04 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)[responder]

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey[editar a fonte]

Referencias

  1. This survey is primarily meant to get feedback on the Wikimedia Foundation's current work, not long-term strategy.
  2. Legal stuff: No purchase necessary. Must be the age of majority to participate. Sponsored by the Wikimedia Foundation located at 149 New Montgomery, San Francisco, CA, USA, 94105. Ends January 31, 2017. Void where prohibited. Click here for contest rules.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)[responder]

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey[editar a fonte]

(Sorry to write in English)

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)[responder]

Ricardo Pita[editar a fonte]

Feito! Feito! Cómpre revisar as ligazóns que quedan cara a elas. --. HombreDHojalata.conversa 14 de marzo de 2017 ás 13:30 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Moedagalega. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 14 de marzo de 2017 ás 19:14 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)[responder]

Cambiar "despegue" por "engalaxe" na ficha de "misión espacial" (e noutras, se aparece)[editar a fonte]

Boas. Substituín a palabra incorrecta "despegue" pola súa equivalente correcta "engalaxe" en numerosos artigos, no corpo do texto, pero vexo que está tamén no texto fixo dalgunhas fichas, como é o caso da de "misión espacial". Isto aprecieino no artigo "Apolo 8". Rógoche que fagas ese cambio xa que eu, se podo facelo (que o dubido), non sei facelo. Moitas grazas!

--Moedagalega (conversa) 15 de xuño de 2017 ás 10:08 (UTC)Moedagalega[responder]

Boas tardes, Moedagalega! Teño unha dúbida no que respecta ao cambio que fixeches no artigo Rafael Nadal, mudando "despegue" por "engalaxe". A engalaxe e a «acción e efecto de engalar», que só refírese para "aves" e "aeronaves". Estás seguro de que pode ser empregado para persoas? Gracias por anticipado pola resposta e bo traballo!--Castelao (conversa) 26 de xuño de 2017 ás 19:31 (UTC)[responder]
Xa está corrixido, neste caso o máis correcto semella arrancar defin. 11--HacheDous=0 (conversa) 26 de xuño de 2017 ás 19:52 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)[responder]

Bohemian Rhapsody[editar a fonte]

Ola Moedagalega.

Crees que poderías amañar o artigo Bohemian Rhapsody poñéndolle as referencias que quedaron atrás no proceso de tradución desde pt:Bohemian Rhapsody?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 27 de xullo de 2017 ás 15:36 (UTC)[responder]

Boas Moedagalega, o artigo Bellac, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 09:01 (UTC)[responder]

Bohemian Rhapsody[editar a fonte]

Boas Moedagalega, o artigo Bohemian Rhapsody, que fixeches ti, ten o marcador de que faltan as referencias ó facer a tradución, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 22:04 (UTC)[responder]

Tamén hai problemas coas referencias no artigo Mike Stone (produtor). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 22:40 (UTC)[responder]
Boas, tamén no artigo Múon faltan as referencias da versión orixinal. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de agosto de 2017 ás 08:24 (UTC)[responder]

Rock cómico[editar a fonte]

Boas Moedagalega, o artigo Rock cómico, que fixeches ti, ten o marcador de investigación orixinal, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 22:36 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta dunha nova redacción para a política oficial Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:43 (UTC)[responder]

Re: Pertinencia ou non[editar a fonte]

Ola.

Perdón pola tardanza na contestación. Pasoume o de sempre. Leo as mensaxes no teléfono, cando ando fóra, e despois esquézome de contestalas.

Sobre o tema concreto, non son un experto. Trasladei a túa mensaxe a Conversa:Os verbos galegos, a ver se contesta algún compañeiro con máis criterio. --. HombreDHojalata.conversa 19 de setembro de 2017 ás 09:59 (UTC)[responder]

Deixei un aviso en: Wikipedia:A Taberna (xeral)#Os verbos galegos. --. HombreDHojalata.conversa 19 de setembro de 2017 ás 10:05 (UTC)[responder]

títulos de artigo[editar a fonte]

Ola, Moedagalega!

Despois de traballar nun artigo nunha subpáxina persoal, mellor que facer o movemento é copiar e pegar o texto no título que vai levar o artigo, indicando nese momento a orixe da información. O modo en que estás facendo é correcto, pero no historial consérvase todo o proceso de edicións da túa subpáxina. En calquera caso, unha vez feito o movemento lembra poñerlle o marcador {{lixo}} á subpáxina na que traballaches para que non quede como redirección, ou directamente ao facer o movemento indica que non queres que quede esa subdirección.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de decembro de 2017 ás 10:48 (UTC)[responder]

creación de categorías[editar a fonte]

Ola, Moedagalega;

Anímote a probar a crear ti mesmo as categorías. En vez de ir da categoría macro á micro, recoméndoche que fagas ao revés. Por exemplo, primeiro crear a Categoría:Profesores da Universidade de Tecnoloxía de Delft, e incluíla tanto en Categoría:Personalidades da Universidade de Tecnoloxía de Delft como en Categoría:Profesores por universidades. Como Categoría:Personalidades da Universidade de Tecnoloxía de Delft está aínda sen crear, despois cumpriría incluíla en Categoría:Universidade de Tecnoloxía de Delft e Categoría:Personalidades das universidades dos Países Baixos; como Categoría:Universidade de Tecnoloxía de Delft aínda está sen crear, cumpriría incluíla en Categoría:Universidades dos Países Baixos.

Pero é importante crear as interwikis correspondentes, polo cal é bo actualizar en Wikidata as ligazóns ás novas categorías que crees. Por exemplo, d:Q8372067 é a "Categoría:Universidade de Tecnoloxía de Delft".

Para ver como ir facendo recoméndoche ir vendo como están xa creadas outras categorías similares tanto na Galipedia como noutras Wikis. Se tes algún tipo de dúbida, non teñas medo a preguntar.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de febreiro de 2018 ás 10:22 (UTC)[responder]

PIDO PAPAS!!! Síntoo, pero é demasiado para min... Non sei se é a idade... quizá sexa algo só ao alcance dos "nativos dixitais"... pero o caso é que eu non son quen de entender o procedemento de creación e organización das categorías e subcategorías. Sigo, xa que logo, pedindo a axuda inicial (síntoo!).--Moedagalega (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 10:55 (UTC)[responder]
Xa están feitas. Agora cumpriría ir asignando ás personalidades as categorías novas. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de febreiro de 2018 ás 12:08 (UTC)[responder]
De acordo. Xa me encargo eu. Moitísimas grazas e perdón por vos dar tanto traballo!!!--Moedagalega (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 12:14 (UTC)[responder]

Can / patacón[editar a fonte]

Por certo, Moeda.

Sería ben interesante un artigo sobre o can (moeda)/patacón/perra gorda (d:Q6072836). Non te animas? --. HombreDHojalata.conversa 6 de marzo de 2018 ás 21:56 (UTC)[responder]

Tomo nota!--Moedagalega (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 22:01 (UTC)[responder]
Aproveito esta conversa numismática para entrometerme e mencionar a entrada no Wiktionary do termo ichavo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de marzo de 2018 ás 22:13 (UTC)[responder]
Ichavo é unha palabra (xunto con chavo) recollida en practicamente todos os dicionarios prenormativos (véxanse os resultados no Dicionario de dicionarios), pero en ningún (creo) dos normativos. Trátase dunha alteración popular do castelán ochavo (a wikipedia en catalán ten tamén a entrada como xavo). Realmente nunca foi a denominación formal dunha moeda con ese valor facial; empezóuselle a chamar así a unha moeda de cobre dos Austrias e acabóuselle atribuíndo tamén aos 10 céntimos de peseta de cobre (can, patacón, mota grande...). --Moedagalega (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 07:53 (UTC)[responder]
Fixen a páxina de Can (moeda), como páxina nova, e logo vinculeina á castelá "Perra gorda". Grazas pola suxestión, HombreDHojalata! Tamén traballei un pouco nas redireccións dos sinónimos e en facer ou editar algunha páxina de homónimos relacionada. Respecto a ichavo, non considerei oportuno meter esa palabra como sinónimo, xa que non a vexo documentada. Quizá nalgún momento me anime a introducila como artigo novo. Saúdos.--Moedagalega (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 18:19 (UTC)[responder]

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey[editar a fonte]

WMF Surveys, 29 de marzo de 2018 ás 18:41 (UTC)[responder]

Reminder: Share your feedback in this Wikimedia survey[editar a fonte]

WMF Surveys, 13 de abril de 2018 ás 01:39 (UTC)[responder]

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey[editar a fonte]

WMF Surveys, 20 de abril de 2018 ás 00:48 (UTC)[responder]

RE:Grazas pola reversión dos cambios en "Ferrol"[editar a fonte]

Non te preocupes, non pasa nada, para iso estamos traballando entre todos :). Eu tampouco sei o que puido pasar, pero xa vin que lle pasou a un par de usuarios máis hai uns meses tempo noutros artigos. É posible que o código wiki desa parte do artigo poida dar problemas con algún navegador e configuración, se teño tempo intento cambialo un pouco porque tal e como está agora queda un pouco atrapallado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de agosto de 2018 ás 12:33 (UTC)[responder]

Ola, Moedagalega. Borrei a entrada *meaja, pois nesta Wikipedia o criterio é non redireccionarmos dende erros. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 7 de setembro de 2018 ás 14:52 (UTC)[responder]

Boas! Loxicamente, non discutirei os criterios da Galipedia, aínda que non acabo de entender o da palabra "erro". Trátase máis ben dunha variedade idiomática moi utilizada no ámbito numismático, neste caso procedente do castelán, do mesmo xeito que outras que utilicei para redirixir ao mesmo artigo desde "miaja" (tamén do castelán), "maille" (do francés), "mealha" (do portugués) ou "malla" (do catalán). Cal é o teu criterio para considerares un erro a palabra "meaja" e non todas as demais? Como se pode ver, o DRAE trae ambas as entradas: "meaja" e "miaja". Saúdos.--Moedagalega (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 22:22 (UTC)[responder]
Ola, Moedagalega. Non vira a túa resposta (para a próxima, cítame ou escribe na miña páxina de conversa, porque se non non recibo o aviso). Non é preciso nin conveniente redireccionar dende formas alleas á lingua galega; o conto é outro cando son institucións ou nomes instalados: Museo de Ciencia y Tecnología de España ou British Museum, por exemplo. Sería interminable e forzosamente incompleto facer redireccións a ovo dende oef, huevo, uovo, ei, æg... Polo demais, se non borrara as restantes redireccións é porque non sabía delas. Fíxeno agora.
Agradécense, e moito, as túas correccións. Nunca sobran mans. E todas estas explicacións teñen un espírito construtivo. Coa mesma, vin que pasaches *solar a leira. É unha posibilidade. Outra, máis acaída nalgúns contextos é soar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 27 de setembro de 2018 ás 11:26 (UTC)[responder]

Moeda global[editar a fonte]

Boas Moedagalega, vin que hai uns días creaches o artigo moeda global e lembreime dun artigo que fixen eu nos meus primeiros anos na Galipedia: Unión Monetaria Latina. Non sei se o coñecías, pero quizais estaría ben facer unha mención sobre esta unión, e mesmo sobre a Unión Monetaria Escandinava no apartado dos antecedentes. Por certo, se te animas a melloralos sería estupendo. Un saúdo e parabéns polos artigos que estás creando.--AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2019 ás 18:43 (UTC)[responder]

Botareille unha ollada. Moitas grazas pola suxestión (e polos parabéns!).--Moedagalega (conversa) 4 de xaneiro de 2019 ás 09:21 (UTC)[responder]

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Citar as fontes, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)[responder]

Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da redacción da política Wikipedia:Spam, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam. Un saúdo. Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)[responder]

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Páxina de usuario, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:57 (UTC)[responder]

Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Día_do_Galizionario_na_Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla[editar a fonte]

Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.

Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)[responder]

Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Categorías[editar a fonte]

Ola Moedagalega. Na Galipedia non se utilizan categorías por sexo/xénero. Banjo tell me 8 de marzo de 2020 ás 11:51 (UTC)[responder]

Ok! Grazas.Moedagalega (conversa) 8 de marzo de 2020 ás 11:59 (UTC)[responder]

mover títulos[editar a fonte]

Ola, Moedagalega! Como vai?

Grazas por crear a páxina de homónimos de George Hill, pois efectivamente hai varias persoas con ese nome. Ao mover artigos a outro título, ten en conta se teñen páxina de conversa, pois tamén debe ser movida. Se non se fai, córrese o risco de que o contido da conversa quede na conversa do artigo novo creado. Decateime ao ver que a páxina de conversa de George Hill (a páxina de homónimos) facía referencia a algo relacionado co artigo do baloncestista.

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de xuño de 2020 ás 17:50 (UTC)[responder]

Efectivamente, non reparara niso. Grazas por avisar. Téñoo en conta en posteriores cambios.--Moedagalega (conversa) 21 de xuño de 2020 ás 17:53 (UTC)[responder]

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro[editar a fonte]

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)[responder]


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

Ola, Moedagalega! Como van as cousas?

Hoxe souben que o termo gaceta, referido a unha publicación periódica, ten a súa orixe nunha moeda veneciana, a gazzetta. Anímaste a crear o artigo en galego? Existe en grego, italiano, neerlandés, polonés e ruso.

Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de novembro de 2020 ás 12:20 (UTC)[responder]

Feito! Apertas! (Aquí: Gazeta).--Moedagalega (conversa) 8 de novembro de 2020 ás 19:27 (UTC)[responder]
Moitas grazas pola túa achega! Noutra orde de cousas, hai tres anos fixen no Wiktionary a entrada para ichavo; impórtache botarlle un ollo, e ver se está correcto? Mil grazas de novo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de novembro de 2020 ás 18:35 (UTC)[responder]
Boas, non sei moito disto, pero penso que o nome do artigo non é correcto, non Estevo(aei)? Non atopo un nome en galego para esa moeda polo tanto o nome debería ser gazzetta... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de novembro de 2020 ás 21:41 (UTC)[responder]
@Elisardojm:: está en veneciano, gazeta. Por que poñelo en italiano se a moeda era veneciana? --Estevo(aei)fálame aquí 14 de novembro de 2020 ás 22:17 (UTC)[responder]
Ah, vale, non me decatara. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de novembro de 2020 ás 23:14 (UTC)[responder]

Efectivamente, é en veneciano. Ademais , é a forma usada máis adoito internacionalmente. Moedagalega (conversa) 15 de novembro de 2020 ás 13:58 (UTC)[responder]

moeda da caetra[editar a fonte]

Ola, Moedagalega! Como vai todo?

Lin esta nova, na que se fala de que se declarara BIC unha moeda concreta, un sestercio de Augusto. Coidas que merece artigo de seu? Ou simplemente habería que actualizar o artigo Ceca de Lucus Augusti?

Moitas grazas. Unha aperta!! --Estevo(aei)fálame aquí 11 de marzo de 2022 ás 18:01 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso! Polo de agora, engadín un pequeno texto no artigo da ceca, xunto coa referencia á resolución do DOG. Quizais nalgún momento lle cumpriría unha actualización máis xeral a todo o artigo.--Moedagalega (conversa) 13 de marzo de 2022 ás 10:31 (UTC)[responder]

Formato dos pés de imaxe[editar a fonte]

Ola Moeda.

Antes de nada, parabéns polo teu impresionante traballo no proxecto.

Oes, porfa, non miniaturices o texto dos pés de foto, nin poñas en letra grosa o título do artigo máis aló da primeira liña do artigo. Vai en contra do formato que na comunidade levamos seguindo dende hai xa moitos anos en xa moitos artigos.

Graciñas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 25 de marzo de 2022 ás 22:21 (UTC)[responder]

Colombino / Colombiano[editar a fonte]

Boas Moedagalega! Entroume unha dúbida sobre os títulos dos artigos "Medio dólar colombino" e "Cuarto de dólar colombino" (non sei se hai algún máis). O termo colombino non aparece recollido pola RAG e só admite colombiano, que na súa segunda acepción di: "Relativo ou pertencente a Cristovo Colón ou á súa época". Da mesma maneira, temos o termo precolombiano e non precolombino para a época en América anterior a Colón. Como o ves? deberíamos mover os artigos non é? Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 6 de abril de 2022 ás 14:44 (UTC)[responder]

Boas! Parece que ten moito sentido o que dis; non reparara nesas entradas do DRAG. Dáme un tempo para miralo noutras fontes e, se o confirmamos, xa me encargo eu de movelo e de axustar as ligazóns. Grazas!--Moedagalega (conversa) 6 de abril de 2022 ás 17:58 (UTC)[responder]
Vexo que os dicionarios de Galaxia dan como sinónimos "colombiano" (nesta acepción) e "colombino". Nos dicionarios de portugués vexo "colombino" para o relativo ao descubridor e "colombiano" para o relativo ao país, e neste sentido aparecen os resultados das procuras en Google. Así e todo... ao mesmo tempo, tamén haberá que ter en conta o criterio de autoridade do DRAG.
Propoño, xa que logo, a seguinte solución, á espera de máis reflexión: como a ausencia de "colombino" no DRAG non presupón a súa condena como sinónimo de "colombiano", e baseándonos (1) no uso, (2) na confusión semántica que se crearía (ao relacionar os dólares con Colombia), (3) en que a sufixación con "-ino" é correcta e (4) na solución portuguesa, deberiamos limitarnos de momento a introducir como entradas "medio dólar colombiano" e "cuarto de dólar colombiano" redirixidas ás actuais con "colombino".

Paréceche?--Moedagalega (conversa) 6 de abril de 2022 ás 18:30 (UTC)[responder]

Paréceme ben o que dis! De momento deixámolo así, pero penso que estaría ben que a RAG se pronunciase neste tema e tentarei transmitirlles esta dúbida e ver a súa explicación. Noutros casos, o dicionario contén entradas riscadas para deixar claro que non son termos admitidos, pero aquí simplemente non o recolle. Perdoa por tardar tanto en contestarche pero non me apareceu ningunha alerta no meu perfil e esqueceume esta conversa. Grazas e un saúdo. Breogan2008 (conversa) 19 de abril de 2022 ás 12:01 (UTC)[responder]
@Breogan2008, eu tamén fixen unha suxestión ao DRAG; xa veremos en que queda. Mentres, eu creo que fixemos o máis adecuado. Saúdos. Moedagalega (conversa) 19 de abril de 2022 ás 16:11 (UTC)[responder]

Ola, Moedagalega! Como vai todo?

Impórtache botarlle un ollo ao artigo Esceta, que creou un compañeiro? Graciñas, e unha aperta!! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de abril de 2022 ás 09:16 (UTC)[responder]

Boas! Sobre o contido, nada que dicir. Sobre o nome do artigo... Esceta non é unha denominación nada habitual nin en galego nin en castelán, nin creo que tampouco en portugués, de onde parece que se tomou. O común é nomealas como sceat e o plural sceatta. Propoño, xa que logo, que se mova o artigo a sceat, que se poña sceatta como redirección. Eu esceta non o deixaría nin como redirección.--Moedagalega (conversa) 12 de abril de 2022 ás 09:30 (UTC)[responder]
Boas, respondinche editando a fonte no teu comentario. Aínda non sei se esa é a mellor maneira de facelo...@Estevoaei Moedagalega (conversa) 12 de abril de 2022 ás 09:33 (UTC)[responder]

Eva Cárdenas[editar a fonte]

Bos días! Adín o artigo Eva Cárdenas, no que participaches, ao proxecto Translation of the week en Meta-Wiki. Por iso quería pedirche se podías votar nele aquí para que haxa máis posibilidades da proposta saír para adiante e pois o artigo ser traducido a máis linguas. Moitas grazas! --Brunnaiz (conversa) 12 de setembro de 2022 ás 15:35 (UTC)[responder]

Manuel Castro Gil[editar a fonte]

Ola, Moedagalega! Como vai?

Vin que o gravador lugués Manuel Castro Gil traballou na Fábrica Nacional de Moneda y Timbre como autor de deseños de billetes. Terás información ao respecto, para aumentar esa sección no artigo?

Moitas grazas. Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de xuño de 2023 ás 07:52 (UTC)[responder]

Non a teño polo de agora, pero é un bo pretexto para informarme. Grazas polo aviso, tomo nota!--Moedagalega (conversa) 19 de xuño de 2023 ás 08:22 (UTC)[responder]

Dólar estadounidense[editar a fonte]

Boas! O artigo dólar estadounidense é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter e preguntábame se te animarías a amplialo para facer que pase a ser artigo grande (+26000 bytes). Moitas grazas por adiantado e unha aperta. Chairego apc (conversa) 26 de xullo de 2023 ás 17:14 (UTC)[responder]

Billete de 500 pesetas de Rosalía de Castro[editar a fonte]

Ola, Moedagalega! Como vai todo?

Véñoche romper a cabeza con outra solicitude. Anímaste a crear artigo sobre o billete de 500 pesetas coa imaxe de Rosalía de Castro? Hai dúas imaxes en Commons de boa calidade (Ficheiro:500pelas.JPG e Ficheiro:Billete de quinientas pesetas de 1979.jpg); penso que sería interesante pola súa relación con Rosalía. Como o ves?

Moitas grazas pola atención; un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de agosto de 2023 ás 12:50 (UTC)[responder]

Boas!
Agora estou a centrarme máis en facer artigos novos que en completar outros existentes. Iso non significa que non tome nota deste tipo de suxestións (que agradezo moito). Nalgún momento poreime con iso. Saúdos e grazas, @Estevoaei Moedagalega (conversa) 11 de xaneiro de 2024 ás 10:16 (UTC)[responder]

Moeda (artigo dos 1000)[editar a fonte]

Boas! Que tal? Animaríaste a ampliar o artigo moeda? Cuns 10.000 bytes máis de información xa pasaría a ser artigo grande. Moitas grazas de antemán. Chairego apc (conversa) 10 de xaneiro de 2024 ás 16:20 (UTC)[responder]

Boas!
Agora estou a centrarme máis en facer artigos novos que en completar outros existentes. Iso non significa que non tome nota deste tipo de suxestións (que agradezo moito). Nalgún momento poreime con iso. Saúdos e grazas, @Chairego apc Moedagalega (conversa) 11 de xaneiro de 2024 ás 10:17 (UTC)[responder]
Moitas grazas a ti! Faltaría máis, sen compromiso ningún. Apertas! Chairego apc (conversa) 12 de xaneiro de 2024 ás 09:50 (UTC)[responder]