Leoncio Bescansa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leoncio Bescansa
Nacemento1879
 A Coruña
Falecemento1957
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]
Escolas Labaca, A Coruña.

Leoncio Bescansa Casares, nado na Coruña en 1879 e finado na mesma cidade en 1957 foi un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bescansa era fillo do comerciante coruñés Fermín Bescansa e de Cándida Casares Teijeiro, filla á súa vez do químico Antonio Casares Rodríguez.

Estudou arquitectura en Madrid e en 1904 viaxou por varios países europeos. Foi arquitecto municipal en Córdoba, Lugo e Santiago de Compostela e arquitecto diocesano de Monforte de Lemos. A partir de 1911 instalouse como arquitecto libre na Coruña.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

S. Xoán Bautista en Monserrat, Oza.

Bescansa foi un dos últimos arquitectos modernistas, mais considérase integrado no grupo de arquitectos do eclecticismo, con Pedro Mariño ou Eduardo Rodríguez-Losada.[1]

Destacan na súa obra as Escolas Labaca (1912-1915), que combinan modernismo con estilo neogótico[2] e o edificio chamado popularmente “dente de ouro” na praza de María Pita (1926-1927). Realizou tamén edificios de vivendas en Betanzos.[1] Na Casa Torres da Coruña (1925) mesturou o barroco español con estilos europeos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Fuentes Sanz, Miriam (2013-2014). Los estilos arquitectónicos (PDF). Universidade da Coruña. Consultado o 11 de agosto de 2015. 
  2. As escolas Labaca e a arquitectura do seu tempo
  3. Garrido Moreno, Antonio (1998). "La galería gallega" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (21). ISSN 1130-7625. Consultado o 11 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "A Coruña modernista". EducArtabria (en castelán). 15 de febreiro de 2013. Consultado o 11 de agosto de 2015.