Cara -1000: Tumba principesca de Lefkandi de Eubea. Primeiras pegadas de culto en Olimpia. Primeiro agrupamento grego con carácter urbano en Esmirna (Asia Menor).
Cara -700: Construción dos templos de Corinto e de Argos. Reorganización urbana de Esmirna. Anexión de Eleusis por Atenas.
Finais do século -VIII: Composición suposta da Odisea. Templo e ágora de Dredos, en Creta. Guerra lelantina, entre Calcis e Eretria de Eubea. Navegación nos estreitos.
-657: Fundación de Bizancio, á entrada do Bósforo, fronte a Calcedonia. Establecemento da tiranía dos Cipsélidas en Corinto segundo a cronoloxía tradicional.
-546 (ou -541): Segunda expulsión de Pisístrato. Repregue en Tracia.
-546: Conquista do reino lidio polos Persas. Destrución de Esmirna, Xanthos, Caunos. Emigración focea.
-545 - -543: Destrución de Focea (Asia Menor) polos Persas e transferencia da metrópole focea, coa metade da súa poboación, a Alalia, en Córsega. Refundación.
Cara -540 - -535: Batalla de Alalia, que enfronta os Gregos de Focea cos Cartaxineses e cos Etruscos. Derrota focea. A cidade fica poboada, non se sabe baixo o control de quen. Cinco anos de vagabundeo e de piratería foceas.
-508: Primeiro tratado entre Roma e Cartago que se reparten o Mediterráneo occidental. Intervención espartana en Atenas (fracaso). Reforma de Clístenes. Posta en marcha dos cargos democráticos.
Cara -506: Nova expedición de Esparta contra Atenas. Conflito entre a cidade de Esparta e o rei Demarato.
-496 - -495: Tentativa xonia de abrir unha fronte en Tracia. Campañas de Hipócrates en Sicilia oriental contra as cidades calcidias.
-494: Vitoria de Esparta sobre Argos en Sepeia. Sometemento de Chipre. A frota persa está no mar Exeo. Pacificación do litoral anatolio. Derrota dos Xonios en Lade. Caída de Mileto. Misión de Datis de Sardes a Persépole para preparar a contraofensiva no Exeo. Principio da tiranía de Anaxilao, en Rexion. Ataque de Hipócrates de Xela contra Siracusa.
-493: Última ofensiva xonia ao noroeste da Asia Menor. Captura e execución dos axentes da Rebelión. Restablecemento do dominio persa sobre a Xonia.
-492: Reorganización das cidades de Xonia. Instauración de «democracias» polos Persas. Expedición de Mardonio a Tracia. O Ateniense Milcíades abandona as posesións ancestrais de Quersoneso e volve a Atenas.
-491: Intervención espartana en Exina. Emisarios de Darío aos Estados gregos para pedir a súa submisión. Principio das hostilidades entre Atenas e Exina. Morte de Hipócrates. Xelón convértese en tirano de Xela. Expulsión dos aristócratas de Siracusa.
Primavera: Unha escuadra persa mandada por Datis aparece no Exeo, proveniente de Cilicia.
marzo: Vitoria de Exina sobre Atenas.
Verán: Toma de Naxos polos Persas. Asedio e saqueo de Eretria en Eubea.
setembro: Desembarco persa na Ática, en Maratón. Vitoria ateniense en Maratón, obra de Milcíades. Os persas volven embarcar. Fracaso dun desembarco persa en Falero.
Outono: Repregue da frota persa ao sueste do Exeo.
Primavera -489: Expedición de Milcíades a Paros nas Cícladas. Fracaso.
-480: Avance dos Persas desde os Estreitos ata Grecia central. Derrota grega nas Termópilas. Saqueo de Atenas. Vitoria naval dos gregos en Salamina. Intervención de Cartago nos asuntos de Sicilia. Vitoria grega de Himera.
xuño: Xerxes pasa o Helesponto. Unión do exército e da frota persas ao fondo do golfo Termaico, en Macedonia. Reunión dos Estados gregos resistentes no santuario do Istmo. Paz común e convocatoria aos exiliados. Decisión de defender as Termópilas.
mediados de agosto: Leónidas e a súa garda espartana avanzan cara as Termópilas. A frota grega remonta cara Skiathos.
Finais de agosto: Xerxes I establece o seu campamento na fronteira sur de Macedonia. A frota persa abandona o golfo Termaico e bordea as costas macedonias e tesalias.
15 setembro: A frota persa chega ao golfo Malíaco, en Tesalia. Principio das operacións navais cerca de Skiathos.
xullo - agosto: A frota grega libera Quíos, Samos e Lesbos que forman parte da Liga. Batalla do cabo Micale e destrución das fortificacións persas. A frota remonta cara os Estreitos e libera Abidos.
Primavera: O espartano Pausanias, vencedor de Platea, chega ante Bizancio, asedio de Sestos. Destrución da ponte de barcos persa sobre o Helesponto pola frota ateniense. Chamada de Pausanias a Esparta. A frota ateniense fica soa no mar Exeo.
-424: Renovación da paz entre Atenas e os Persas. Ocupación ateniense de Citera. Expedición espartana á Calcídica: conquista de Anfípolis por Brasidas. Derrota ateniense ante os Beocios en Delion. Regreso da frota ateniense de Sicilia.
-423: Subida ao trono de Darío II nun contexto problemático.
-412: Rebelión dos aliados de Atenas. Tratado entre Esparta e os Persas.
Verán: Primeiro tratado entre Tisafernes e a Liga do Peloponeso. Concentración das forzas navais en Xonia.
Inverno 412 - 411 a.C.: atraso dos auxilios persas: segundo tratado entre Esparta e os Persas. Batalla de Mileto.
-411: Golpe de Estado reaccionario en Atenas (os Catrocentos). Intrigas de Alcibíades, que abandonou o campamento espartano para Tisafernes e negocia a alianza persa contra o seu regreso a Atenas. Fracaso.
Primavera: Revolución oligárquica en Atenas. Alcibíades en Samos. Reapertura dos Estreitos.
maio: Comisión dos Dez, estendida a Trinta e dotada de plenos poderes.
Principio xuño: Asemblea de Colono. Goberno dos Catrocentos.
Verán: Terxiversacións de Tisafernes que se reprega cara o sur de Asia Menor. Alcibíades vaise reunir con el.
agosto: Asasinato de Frínico. Goberno dos Cinco Mil, arredor de Teramenes en Atenas. Cruceiro da frota nos Estreitos. Vitoria de Cinosema cerca de Abidos. (Fin da Historia de Tucídides).
Outono: Tensións entre os persas e os peloponesios en Xonia. Regreso de Tisafernes. Os peloponesios se aproximan a Farnabazo, o sátrapa de Frixia.
Inverno -408 - -407: Darío II implícase na axuda aos peloponesios. Nomeamento de Ciro á fronte da Lidia e da Frixia, responsábel das operacións militares. Amizade de Ciro e do navarco espartano Lisandro.
-407: Lisandro comandante da frota. Regreso de Alcibíades a Atenas. Derrota de Notio e retirada a Tracia. (Principio da Historia de Xenofonte).
-394: Vitoria de Cnido sobre os Espartanos, que os elimina do mar Exeo: principio da recuperación militar de Atenas. Esparta retírase de Asia e das illas.
-356 - -355: Triunfo do partido da paz en Atenas (Eubulos). Discurso Sobre a paz de Isócrates; tratado sobre Os Medios de se procurar ingresos (Poroi) de Xenofonte.
-337 - -336: Timoleón remata a súa obra de restauración, abandona os plenos poderes e morre pouco despois.
-336: Desembarco dun corpo expedicionario macedonio en Asia, con Parmenio. Morte de Filipo asassnado en Aigai e subida ao trono de Alexandre. En Corinto, renovación da alianza cos Gregos.
setembro - decembro -325: Viaxe de regreso ata Susa.
-324: Fuxida de Harpalo, o tesoureiro, a Atenas. Decretos de Susa sobre o regreso dos desterrados e a institución dun culto real. Vodas de Susa. Regreso a Babilonia. Sedición de Opis.
Primavera -287: Sublevación contra a guarnición macedonia. Intervención da frota láxida mandada por Calias, irmán de Fedro. Fracaso do asedio por Demetrio. Paz entre Tolomeo I e Demetrio: liberación de Atenas, pero non do Pireo.
Verán -287: Atenas libérase da guarnición macedonia.
-287 - -262: Período democrático en Atenas. Amizade láxida.
-286: Evacuación da guarnición macedonia de Eleusis.
-286 - -281: Tentativas infrutuosas para recuperar O Pireo.
-285: Lisímaco único rei en Macedonia. Demetrio prisioneiro de Seleuco I.
-268 - -267 ?: Arcontado de Pitidemo: principio da guerra contra Antígono (guerra de Cremónides); alianza de Atenas con Esparta (decreto de Cremónides).
-229: Morte de Demetrio II. Negociación da retirada da guarnición do Pireo. Política de neutralidade e de non-intervención, dirixida por Euriceides e Mición. Intervención romana no Adriático.
-205: Fin da primeira guerra de Macedonia. Primeira intervención romana no reino láxida. Coa subida ao trono dun rei-neno (Tolomeo V) e mentres Antíoco III esta ás portas de Exipto, Roma obtén a retirada do Seléucida. Guerra cretense.
-168: Desaparición do reino Antigónida. Intervención diplomática de Roma na sexta guerra de Siria: ultimato a Antíoco IV: o legado Popilio Lenas obrígao a levantar o asedio de Alexandría.
Cara -166: Creación do porto franco de Delos ás expensas de Rodas.
164 a.C.: Primeira partición do reino dos tolomeos: terceira intervención romana, tras da guerra fratricida entre Tolomeo VI e o seu irmán Apión, o senado obriga a unha partición do reino.
-48 - -47: Sublevación de Alexandría. Campañas de César en Exipto e no Ponto. Para servir aos intereses de Cleopatra, asasina ao seu irmán-esposo, Tolomeo XII e senta no trono ao irmán menor, Tolomeo XIII. Relación con Cleopatra. Nacemento de Cesarión.
Mediados do século II: Descrición da Grecia (Periéxese) de Pausanias. Historia de Arriano (a Anábase de Alexandre e a Historia dos Diádocos, das que só quedan fragmentos).