-256
Aparencia
| 2026 | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Calendario gregoriano | 2026 MMXXVI | ||||||||||||||||||
| Ab urbe condita | 2779 | ||||||||||||||||||
| Calendario armenio | 1475 | ||||||||||||||||||
| Calendario chinés | 4722 – 4723 | ||||||||||||||||||
| Calendario hebreo | 5786 – 5787 | ||||||||||||||||||
| Calendario hindú | |||||||||||||||||||
| · Vikram Samvat | 2081 – 2082 | ||||||||||||||||||
| · Shaka Samvat | 1948 – 1949 | ||||||||||||||||||
| · Kali Yuga | 5127 – 5128 | ||||||||||||||||||
| Calendario persa | 1404 – 1405 | ||||||||||||||||||
| Calendario musulmán | 1448 – 1449 | ||||||||||||||||||
| Calendario rúnico | 2276 | ||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Grecia antiga
[editar | editar a fonte]- Tras a morte de Ares II, fillo póstumo de Acrótato, aos oito anos, Leónidas II ascendeu ao trono de Esparta[1].
Roma antiga
[editar | editar a fonte]- Este ano, Lucio Manlio Vulsón Longo e Quinto Cedicio foron elixidos cónsules, pero este último morreu pouco despois de asumir o cargo. Foi substituído como cónsul sufecto por Marco Atilio Régulo [2][3].
- Os dous cónsules son enviados con 330 barcos desde Ecnomo, en Sicilia, para invadir Cartago, pero os cartaxineses agárdanos en Heraclea Minoa baixo o liderado de Amílcar e Hannón. Na batalla do cabo Ecnomo, os romanos saen vitoriosos, perdendo só 24 barcos mentres que os cartaxineses perden 30 que son afundidos e 64 que os romanos capturan. Os cartaxineses superviventes diríxense a Cartago para defender a capital, pero os romanos desembarcan en Clipea, onde establecen o campamento e desde onde saquean o territorio cartaxínés[4]. O combate marca o final do predominio naval púnico no Mediterráneo occidental.
- O corvo, unha arma naval romana destinada ao abordaxe, úsase por última vez nesta batalla<[5]
- No transcurso da Primeira Guerra Púnica, os cónsules Marco Atilio Régulo e Lucio Manlio Vulsón Longo asediaron a cidade de Aspis (actual Kélibia ) e ocupárona.
China antiga
[editar | editar a fonte]- Fin da dinastía Zhou, a máis longa de todas as dinastías chinesas (desde -1122 ata -256) e a última das dinastías de reis que precederon ás dinastías imperiais[6].
- Constrúese un gran sistema de rega en Dujiangyan, que aínda segue en funcionamento[7]. Arredor do século -II, durante a dinastía Han, os chineses empregaban bombas de cadea para elevar a auga[8]. Estas funcionaban con pedais, rodas hidráulicas ou mecanismos rotatorios accionados por bois. A auga utilizábase para obras públicas ou para abastecer as casas, pero utilizábase principalmente para regar.
Nacementos
[editar | editar a fonte]Mortes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- ↑ Pausanias. Descrición de Grecia, III, 6, 7
- ↑ Fasti Capitolini
- ↑ Smith, William (ed.). "Caedicius". A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ Polibio, Historia, I, 25-28
- ↑ Wallinga, Hermann T (1956). The boarding-bridge of the Romans. Groningen: Wolters. p. 12.
- ↑ Cunrui Xiong, Victor (comp.) (2009). Historical dictionary of medieval China. Lanham, Md.: Scarecrow Press. p. 533. ISBN 9780810860537.
- ↑ China – history. Encyclopædia Britannica, edición 1994.
- ↑ Needham, Joseph (1986). Science and Civilization in China Volume 4, Physics and Physical Technology, Part 2, Mechanical Engineering. Taipei: Caves Books Ltd. pp. 344-346.