Herodes Ático
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 101 Maratona |
| Morte | 177 Maratona |
| Senador romano | |
| Cónsul romano | |
| Arconte epónimo | |
| | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Ática |
| Actividade | |
| Ocupación | político, filósofo, militar, retórico, orador |
| Período | Alto Imperio Romano |
| Movemento | Segunda sofística |
| Profesores | Secundus (pt) |
| Alumnos | Elio Arístides, Hadriano de Tiro, Chrestus of Byzantium (en) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Appia Annia Regilla |
| Fillos | Atticus Bradua |
| Pais | Tiberius Claudius Atticus Herodes |
| Irmáns | Tiberius Claudius Atticus Herodianus Claudia Tisamenis |
| Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica (9ª edición) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Реальный словарь классических древностей по Любкеру |

Tiberio Claudio Herodes Ático, en lingua grega Ἡρώδης ὁ Ἀττικός, nado en Maratón no ano 101 e finado en Atenas no 177, foi un político e orador grego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Herodes Ático sobresaíu como retórico e sofista. Ensinou retórica en Atenas, onde empregou a súa enorme fortuna para a construción de edificios: recubriu de mármore o estadio de Atenas, construíu piscinas de mármore nas Termópilas, un ninfeo en Olimpia, o estadio de Delfos, o teatro Odeón etc. Dicíase que o seu pai achara o tesouro que os persas agocharan en Maratón. Foi procónsul en Asia, pontífice das Panateneas en Atenas, cónsul en Roma (143) e senador.
O Odeón construíuno no 161 en memoria da súa muller, Apia Annia Regila, á morte da cal mandou pintar de negro mesmo a casa. Disque en certa ocasión o seu amigo sofista Lucio, vendo un servo que pelaba ravos, burlouse de que cometese "unha inxustiza contra a memoria de Regilla comendo ravos brancos nunha casa completamente negra".
Herodes Ático foi un aticista rigoroso, gabado polos seus contemporáneos e axiña considerado un clásico. Foi mestre do emperador romano Marco Aurelio. Produciu unha obra extensa composta de diatribas, diarios literarios e efemérides, mais só sobreviviron unha declamación (Tratado de Herodes sobre o estado) e a tradución latina dunha fábula.