Século -XII
século XIII adC < século XII adC > século XI adC
O século XII antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1200 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1101 a. C.
O século XII adC é o período comprendido entre o 1200 e o 1101 a.C. Co colapso da Idade do Bronce tardía no antigo Oriente Próximo e Mediterráneo oriental adoita considerarse que comeza neste século.
Eventos[editar | editar a fonte]

- 1200 a.C: Desenvólvese a primeira civilización en América Central e do Norte arredor do 1200 aC nas rexións costeiras do sur do Golfo de México. Coñecida como a civilización Olmeca, o seu sitio inicial está en San Lorenzo. Ler máis Arquivado 22 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
- 1200 a.C.: os fenicios fundan o porto de Lisboa, Portugal
- 1197 a.C.: na China comeza o primeiro período (que terminará no 982 a.C.) do concepto de Shao Yong acerca do I Ching e a historia.
- 1194 a.C.: nas costas da actual Turquía, comenzaría a lendaria Guerra de Troia (segundo a mitoloxía grega).
- 1192 a.C.: na China morre o emperador Wu Ding da dinastía Shang.
- 1186 a.C.: en Exipto finaliza a XIX Dinastía e comeza a XX Dinastía.
- 1184 a.C.: suposto inicio do reinado do faraón exipcio Ramsés III, que durou 31 anos.
- 1184 a.C. (24 de abril): segundo cálculos de Eratóstenes, data tradicional do final da Guerra de Troia (os aqueos e os seus aliados toman a cidade de Troia).
- 1181 a.C. <! - 1191, segundo a Wikipedia en inglés ->: Menesteo, lendario rei de Atenas e veterano da Guerra de Troia, morre despois dun reinado de 23 anos, sucedeo o seu sobriño Demofonte, fillo de Teseo. Segundo outros investigadores morreu dez anos antes na Guerra de Troia.
- 1180 a.C.: os hebreos cruzán o río Xordán e chegan a Canaán a recuperar a súa terra.
- 1180 a.C.: os elamitas derrotan ao último rei casita, Anllil-Nadin-Akhe.
- 1180 a.C.: en Anatolia (actual Turquía), os Pobos do Mar destruen a cidade de Hattusa, capital dos hititas. Finaliza o Imperio hitita.
- 16 de abril de 1178 a.C. un eclipse solar marca o retorno de Odiseo, "o lendario rei da illa de Ítaca, ao seu reino, transcorriron 20 anos fóra ata que puido retornar a o seu fogar. Ese día mata aos pretendentes da súa suposta viúva Penélope.
- 1177 a.C.: Ramsés III derrota de forma pírrica aos Pobos do Mar[1].
- 1159 a.C.: en Islandia, a erupción do volcán Hekla 3 desatou un período de empeoramento climático de 18 anos en toda Europa.
- 1155 a.C.: Elam conquista aos casitas.
- 1150 a.C.: no actual México se crea o centro olmeca de San Lorenzo, o inicio do florecimiento da cultura olmeca.
- 1154 a.C.: en Esparta morre o rei Menelao.
- 1154 a.C.: a raíña exiliada Helena de Esparta suicídase na illa de Rodas.
- 1150 a.C.: termina a invasión exipcia de Canaán. Ramsés VI é o último faraón citado.
- 1147 a.C.: Demofonte, lendario 12º rei de Atenas e veterano da Guerra de Troia, morre logo dun longo reinado de 33 anos, sucedeo o seu fillo Oxintes.
- 1146 a.C.: Nabucodonosor I coróase rei de Babilonia.
- 1145 a.C.: en Exipto morre de virola o faraón Ramsés V[2].
- 1137 a.C.: Ramsés VII comenza o seu reinado como rei da XX Dinastía.
- 1135 a.C.: Oxintes, lendario 13º rei de Atenas, morre despois de 12 anos, sucédeo o seu fillo máis vello Afeidas.
- 1134 a.C.: Afeidas, lendario 14º rei de Atenas, é asasinado, sucédeo o seu irmán máis novo Timetes.
- Anos 1120 a.C.: Ramsés VIII, sétimo faraón da XX Dinastía de Exipto.
- 1126 a.C.: Timetes, lendario 15º rei de Atenas, moore sen fillos despois dun reinado de 8 anos. Sucedeuno o seu herdeiro designado, Melanto de Pilos, descendente de quinta xeración de Neleo, que o asistira na batalla contra os beocios.
- 1122 a.C.: segundo a lenda, fundase a cidade de Pyongyang.
- 1122 a.C.: na China comeza a dinastía Zhou; chegara ata o ano 249 a.C.
- Anos 1120 a.C.: Ramsés IX, oitavo faraón da XX Dinastía de Exipto.
- 1120 a.C.: destrución da localidade de Troia VIIb 1
- 1116 a.C.: na China falece Wu Zhou, rei da dinastía Zhou (1122-256 a.C.).
- 1115 a.C.: na China, Zhou Cheng Wang convértese en rei da dinastía Zhou (1122-256 a.C.).
- 1115 a.C.: Tiglatpileser I convértese en rei de Asiria.
- 1110 a.C.: as cidades fenicias se rebelan do antigo Exipto e crean un novo estado chamado tamén Fenicia.
- 1104 a.C.: Data tradicional[3] na que os fenicios provenientes de Tiro fundan Gádir, nome primitivo fenicio da actual Cádiz.
- 1100 a.C.: Tiglatpileser I conquista aos hititas.
- 1100 a.C.: no Mar Exeo, os dorios invaden Rodas.
- 1100 a.C.: no norte de Italia comeza a desenvolverse a cultura de Vilanova.
- 1100 a.C.: en Micenas (Grecia) termina o período de historia denominado micénico. Comeza a Época Arcaica da Antiga Grecia.
- Anos 1100 a.C.: Chegan os dorios á illa de Rodas.
- 1100 a.C.: termina o Imperio Novo de Exipto.
- 1100 a.C.: os fenicios desenvolveron o seu alfabeto.
- Invasores elamitas rouban tesouros artísticos de Iraq e os levan a Susa.
Persoas relevantes[editar | editar a fonte]
- 1202-1199: Amenmeses, faraón exipcio, da dinastía XIX.
- 1180-1153 a.C.: Ramsés III, faraón exipcio.
- Suppiluliuma II, último rei dos hititas.
- Anos 1160 a.C.: Shutruk-Nahhunte, rei elamita.
- Anos 1100 a.C.: Ramsés X, aristócrata exipcio, noveno faraón da XX dinastía exipcia.
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ Cline, Eric H. (2015). 1177 a.C. O ano en que a civilización derrubouse. Barcelona: Crítica. p. 21.
- ↑ "Encyclopaedia Britannica". Consultado o 28 de xaneiro de 2020.
- ↑ Oitenta anos despois do final da Guerra de Troia; en 1184 a.C. O referencian Patérculo, Marco Veleyo (29 a.C.). Historiarum Libri Duo. Gredos. ISBN 3-598-71873-X. e Livio, Tito (753 a.C.). Ab Urbe condita libri (Historia de Roma desde a súa fundación). Gredos. ISBN 978-84-249-1428-8.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século -XII ![]() |