Demóstenes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Demóstenes
Nacemento384 a. C. e 384
Lugar de nacementoUpper Paiania
Falecemento12 de outubro de 322 a. C.
Lugar de falecementoPoros
Causaveleno
NacionalidadeAntiga Atenas
EtniaGregos
Ocupaciónpolítico, diplomático, orador e escritor
NaiKleobule
Na rede
Discogs: 4407182 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Demóstenes (en grego, Δημοσθένης: Dēmosthénēs), nado en Atenas no ano -384 e finado en Calauria no ano -322, foi un dos oradores máis relevantes da historia e un importante político ateniense.

Os seus dotes de oratoria constitúen a última expresión significativa das proezas intelectuais atenienses, e permiten o acceso aos detalles da política e a cultura da Antiga Grecia durante o século -IV. Demóstenes aprendeu retórica mediante o estudo dos discursos de oradores anteriores. Pronunciou os seus primeiros discursos xudiciais aos vinte anos de idade, cando reclamou aos seus titores que lle entregasen a totalidade da súa herdanza. Durante un tempo, Demóstenes gañou a vida como escritor profesional de discursos xudiciais e como avogado, redactando textos para o seu uso en preitos entre particulares.

Demóstenes interesouse pola política durante esa época, e foi no -354 cando deu os seus primeiros discursos políticos en público. Dedicou os seus anos de plenitude física e intelectual a opoñerse á expansión do reino de Macedonia. Idealizaba a súa cidade e loitaba por restaurar a supremacía ateniense e motivar os seus compatriotas para se opoñer a Filipo II de Macedonia. Buscou preservar a liberdade de Atenas e establecer unha alianza contra Macedonia nun intento sen éxito de impedir os plans de Filipo de expandir a súa influencia cara ao sur, conquistando as cidades-estado gregas. Dous anos antes da morte de Filipo, Demóstenes tivo un papel capital no levantamento de Atenas e Tebas contra o rei macedonio e o seu fillo, Alexandre III, na batalla de Queronea, aínda que os seus esforzos non tiveron éxito cando a revolta atopou cunha enérxica reacción macedonia. Máis aínda: para previr unha revolta similar contra o seu propio líder, o sucesor de Alexandre, o diádoco Antípatro, enviou os seus homes para que acabasen con Demóstenes. Demóstenes, con todo, suicidouse co fin de evitar caer nas mans de Arquias, confidente de Antípatro.

O chamado Canon Alexandrino, compilado por Aristófanes de Bizancio e Aristarco de Samotracia, recoñece a Demóstenes como un dos 10 maiores logógrafos e oradores áticos. Segundo Lonxino, Demóstenes "perfeccionou ao máximo o ton do discurso idealista, pasional, abundante, preparado, rápido".[1]

Cicerón aclamouno como "o orador perfecto" ao que non lle faltaba nada e Quintiliano loouno, dirixíndose a el como "lex orandi" ("a norma da oratoria") e dicindo del que "inter omnes unus excellat" ("de entre todos, sobresae un").[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Familia, educación e vida persoal[editar | editar a fonte]

Familia e educación[editar | editar a fonte]

Demóstenes naceu no ano -384, durante o último ano da 98.ª Olimpíada ou o primeiro da 99ª[4]. Seu pai, do mesmo nome, pertencía á tribo (phyle) pandionisia e vivía no Demo de Peania,[5] nos arredores de Atenas. Pertencía a unha rica familia mercantil, ou que lle valeu o desprezo das vellas familias aristocráticas. Seu pai, Demóstenes de Peania, posuía unha fábrica de armas[6].

Esquines, o maior rival político de Demóstenes, mantería máis tarde que a súa nai, Cleóbula, era de orixe escita[7], aínda que algúns estudosos modernos poñen en dúbida esta afirmación[8].

Aos sete anos Demóstenes quedou orfo. O seu pai deixoulle unha fortuna en fideicomiso, quedando ao coidado dos seus tíos, Afobo e Demofón, así como dun tal Terípido. Os seus titores dilapidaron a súa fortuna[9], xa sexa por erro de xestión ou por mala intención, quedando o mozo Demóstenes en extrema pobreza.

Axiña que Demóstenes alcanzou a maioría de idade, esixiu unha auditoría de contas da xestión realizada polos seus titores. Segundo Demóstenes, a revisión das contas demostraba a apropiación indebida do seu patrimonio. Aínda que o seu pai lle deixou un patrimonio de case catorce talentos[10], que equivalerían de forma aproximada a uns 400.000 dólares estadounidenses de 2008[11]. Demóstenes dixo no xuízo que os seus titores non lle deixaron nada agás a casa, catorce escravos e trinta minas de prata (30 minas equivalían a medio talento)[12].

Aos 20 anos, Demóstenes demandou aos seus titores, intentando recuperar o seu patrimonio. Durante os xuízos pronunciou cinco discursos: tres Contra Afobos, entre o -363 e o -362, e dous Contra Ontenor entre o -362 e o -361. O tribunal fixou os danos e perdas sufridos por Demóstenes en dez talentos (285.000 dólares estadounidenses de 2008)[13]. Cando finalizaron todos os preitos, Demóstenes só logrou recuperar unha porción de toda a súa herdanza[11][14].

Entre o -366, data na que alcanzou a maioría de idade, e o -364, Demóstenes e os seus extitores buscaron arduamente unha saída negociada ao conflito, aínda que non conseguiron chegar a un arranxo porque ningunha das dúas partes estaba disposta a facer concesións[11]. Ao mesmo tempo, Demóstenes preparouse para os xuízos mediante o adestramento das súas habilidades oratorias.

Aos 16 anos Demóstenes asistira a un proceso de Calístrato de Afidna (-367), quedando sorprendido polo talento do orador. Calístrato estaba entón no momento cúspide da súa carreira e gañou un preito dunha importancia considerábel[15]. Aparentemente, esa experiencia levouno a decidirse por aprender a retórica.

Segundo Friedrich Nietzsche, filólogo e filósofo alemán, e Constantine Paparregopoulus, historiador grego, Demóstenes foi alumno de Isócrates[16][17]. Segundo Cicerón, Quintiliano e o biógrafo romano Hermipo, foi un alumno de Platón[15]. Luciano, un retórico e satírico romano-sirio, inclúe os filósofos Aristóteles, Teofrasto e Xenócrates entre os seus profesores[18]. Con todo, todas estas afirmacións son hoxe en día postas en dúbida[19].

De acordo con Plutarco, Demóstenes converteuse en alumno de Iseo, outro orador ático, aínda que nesa época Isócrates tamén daba clases na área, especializándose nos problemas de sucesións. O motivo pode ser ou ben que non puidese pagar os honorarios de Isócrates, ou porque pensaba que o estilo de Iseo encaixaba mellor coa súa forma de ser, máis vigorosa e astuta[15]. Ernst Curtius, un arqueólogo alemán, describía a relación entre alumno e profesor como "unha alianza armada intelectual"[20]. Tamén se dixo que Demóstenes pagou ao seu profesor unhas 10.000 dracmas (aproximadamente medio talento) baixo a condición de que deixase a escola de retórica que abrira e se dedicase de maneira total ao ensino de Demóstenes[20]. Outra versión afirma que Iseo non cobrou nada a Demóstenes polo ensino[21]. Con todo, segundo Sir Richard C. Jebb, estudoso británico clásico, "a relación entre Iseo e Demóstenes como profesor e alumno apenas puido ser nin moi íntima nin de moi longa duración"[20]. Konstantinos Tsatsos, profesor e académico grego, cre que Iseo axudou a Demóstenes na creación dos seus primeiros discursos xudiciais contra os seus titores[22].

Segundo unha biografía de autor descoñecido pero atribuída a Plutarco, que chegou ata os nosos días, Demóstenes casou unha vez. A única información que aparece sobre a súa esposa, da que se descoñece o nome, é que era filla de Heliodoro, un cidadán importante[23].

Tamén tivo unha filla, "a primeira e única que algunha vez lle chamou pai", segundo Esquines, nun comentario acedo[24]. A súa filla morreu nova, antes de casar, poucos días despois da morte de Filipo [24]. O seu sobriño Demócares foi tamén político e orador[25].

Acusacións concernentes á súa vida persoal[editar | editar a fonte]

Nos seus discursos, Esquines frecuentemente utilizaba as relacións pederastas de Demóstenes para atacalo. O contido dos ataques non era o feito de que Demóstenes tivese relacións con mozos (algo que naquela época non era raro nin socialmente inaceptábel), senón que o seu comportamento como erastés fora inadecuado, e que a súa forma de actuar non beneficiaba os mozos (como era o esperado) senón que os danaba. No caso de Aristión, un mozo de Platea que viviu durante moito tempo na casa de Demóstenes, Esquines burlábase da súa falta de control sexual e do seu posíbel comportamento efeminado.[26]

No caso de Cnosio, Esquines fai outra acusación de índole sexual, aínda que neste caso acusa a Demóstenes de deitar este coa súa esposa para que a deixase embarazada.[27]

Ateneo, pola súa banda, móstranos outro punto de vista, argumentando que foi a muller a que deitou co mozo nun ataque de celos.[28]

Demóstenes

Esquines tamén acusaba a Demóstenes de conseguir diñeiro a través das súas relacións con mozos adiñeirados. Dicía que enganou a Aristarco, o fillo de Mosco, coa idea de que o podería converter nun grande orador.[29]

Aparentemente, estando aínda baixo a tutela de Demóstenes, Aristarco matou e mutilou a un tal Nicodemo de Afidna, arrincándolle os ollos e a lingua. Esquines acusaba a Demóstenes de complicidade no asasinato, utilizando como argumento o feito de que Nicodemo se querelara anteriormente con Demóstenes acusándoo de deserción. Tamén acusaba a Demóstenes de ser tan mal erastés para Aristarco como para non ser digno de recibir tal nome. O seu crime, segundo Esquines, era traizoar o seu erómeno apropiándose do seu patrimonio mentres que pretendía estar namorado do novo (dicíase que se apropiou de tres talentos - 86.000 dólares estadounidenses de 2008 - de Aristarco mentres que este fuxía para o exilio para evitar o xuízo). Por iso, en pagamento pola confianza que Aristarco e a súa familia puxeran nel, e en palabras de Esquines "Entraches nun fogar feliz [...] arruináchelo".[30]

En calquera caso, a historia das relacións de Demóstenes con Aristarco é máis que dubidosa, e non se coñece pupilo ningún de Demóstenes con ese nome.[29]

Carreira como logógrafo[editar | editar a fonte]

"Se vos vedes obrigados a actuar no espírito desa dignidade, no momento en que veñades ao tribunal xulgar as causas públicas, debedes lembrar que co báculo e o cargo cada un de vós recibe a confianza do ancestral orgullo de Atenas".
Demóstenes (Sobre a Coroa, 210) - A defensa que fai o orador do honor do tribunal contrastaba coas accións impropias que Esquines lle imputaba no xuízo.

Ao finalizar os preitos contra os seus titores e como forma de gañarse a vida, Demóstenes dedicouse a redactar discursos para a súa utilización en preitos privados de terceiras persoas. Destacou moito no seu traballo, e foi conseguindo unha carteira de clientes ricos e poderosos.

Por outra banda, un logógrafo ateniense podía permanecer no anonimato e non figurar como tal en ningures, o cal nalgunhas ocasións podía ocasionar que un profesional deste estilo se dedicase aos seus intereses persoais en prexuízo dos do seu cliente (non se podían examinar os posíbeis conflitos de intereses dunha persoa anónima). Esquines tamén acusou a Demóstenes de comportamento pouco ético no seu traballo, dicindo que transmitira aos opoñentes dos seus clientes algúns dos argumentos que utilizarían no xuízo.[31]

E ao traidor nato, como o recoñecemos? Non te imitará a ti, Demóstenes, no seu trato con aqueles que o azar pon no seu camiño e que confían nel? Non cobrará por escribir discursos para recitar aos tribunais, e logo revelará o contido dos discursos aos seus opoñentes?
Esquines, O Discurso na Embaixada[32]

Por exemplo, Esquines acusou a Demóstenes de escribir un discurso para un tal Formión, un rico banqueiro, e logo comunicalo a Apolodoro, que estaba preparando cargos contra Formión.[32] Plutarco apoiaba esta acusación, dicindo que Demóstenes "crese que actuara de forma deshonesta".[33]

Comezo na vida política[editar | editar a fonte]

Adestramento da oratoria[editar | editar a fonte]

Demóstenes Practicando Oratoria por Jean Lecomte du Nouÿ (1842-1923). Demóstenes adoitaba estudar nunha habitación subterránea que construíra el mesmo. Tamén adoitaba falar con pedras na boca e recitar versos mentres corría. Para fortalecer a súa voz, falaba na beira do mar por encima do son das ondas.

Antes ata de cumprir os 21 anos no -363, Demóstenes demostrara certo interese pola política.[11] No -363, -359 e -357 desempeñou o posto de trierarca, encargándose do mantemento e abastecemento dunha trirreme.[34] No -348 fíxose cargo dunha corexía, e pagaba os gastos dunha produción teatral.[35]

Aínda que Demóstenes dixo que nunca avogaba en ningún caso privado,[36] non está claro aínda cando abandonou Demóstenes a lucrativa (aínda que non tan prestixiosa) profesión de logógrafo, e se é que chegou a facelo.[37]

Cando era rapaz, Demóstenes tiña un defecto de elocución no fala.[38] Esquines burlábase diso, e referíase a el nos seus discursos polo alcumo que lle poñían, Bátalo,[39] que aparentemente poderían inventar ou ben os seus pedagogos ou ben os seus propios compañeiros de xogos.[40][41]

Segundo Plutarco, durante o primeiro discurso público do mozo Demóstenes, a audiencia burlábase do seu problema de elocución (dificultade en pronunciar o /R/) e o seu estraño e duro estilo, que estaba pragado de longas frases con argumentos formalistas ata un extremo duro e desagradábel. Afirmaba o de Queronea que tiña unha debilidade na voz, unha fala estraña e difícil de entender e unha falta de aire que, ao romper e desenlazar as frases, escurecía moito o sentido e o significado do que dicía.[42]

Demóstenes levou a cabo un estrito programa para superar esas deficiencias e mellorar a súa locución. Traballou a dicción, a súa voz e os seus xestos[43] ata o punto que o seu afán e a súa devoción se volveron proverbiais. Con todo, non se sabe con certeza se estes relatos son verdadeiros feitos da vida de Demóstenes ou meras anécdotas utilizadas para ilustrar a súa perseveranza e determinación.[11]

Algúns cidadáns, con todo, si que se deron de conta do seu talento. A primeira vez que abandonou apesarado a Ekklesía (a asemblea ateniense), un ancián chamado Eunomo animouno dicindo que a súa dicción era moi parecida á de Pericles.[42] Noutra ocasión, despois de que a Ekklesía se negase a escoitalo e mentres marchaba a casa tras ser rexeitado, un actor chamado Sátiro seguiuno e entretívoo nunha amigable conversa.[44]

Incremento da actividade política[editar | editar a fonte]

Aínda que se cre que continuou coa práctica legal privada como logógrafo, o feito é que a partir do ano -354 Demóstenes interesouse cada vez máis polos asuntos públicos, facéndose famoso polos seus discursos que versaban sobre o restablecemento do espírito público en Atenas e sobre a conservación da cultura grega nun momento en que o modelo de cidade-estado se vía ameazado.

No -355 escribiu Contra Androcio e no -354, Contra Leptino, dous feros ataques contra individuos que pretendían eliminar unhas exencións de impostos. En Contra Timócrates e Contra Aristócrates avogou pola eliminación da corrupción, denunciando medidas que vía como deshonestas ou contrarias das tradicións atenienses.[45] Todos estes discursos ofrecen unhas primeiras mostras sobre as súas ideas de política exterior, como puidesen ser a importancia da frota, as alianzas, ou o honor nacional.[46]

"Mentres que o navío está a salvo, xa sexa un grande ou pequeno, entón é o momento para que o mariñeiro e o temoneiro e todos os outros cargos mostren o seu empeño e teñan coidado de que non naufrague pola malicia ou neglixencia dalgún; pero cando o mar o superou, entón o empeño é inútil".
Demóstenes (Terceira Filípica, 69) - O orador advirte aos seus compatriotas dos desastres que sufriría Atenas se permanece indiferente ás ameazas do seu tempo.

Partidario de Eubulo, en -354 Demóstenes pronunciou en favor deste o seu primeiro discurso político, Sobre as symmorías, no que defendía a moderación ao mesmo tempo que propoñía a reforma das symmorías como unha fonte de financiamento para a frota ateniense, defendendo o aumento das obrigacións con respecto ás trierarquías.[45][47]

Con todo, axiña cortou con Eubulo, ao que atacou no -352 (Sobre a sintaxe), ao mesmo tempo que se pronunciaba contra a política exterior ateniense co discurso Polos megalopolitanos (-353), que chamou a atención dos atenienses sobre o perigo que representaba o poder de Esparta, trala desfeita de Tebas. Tamén se opuxo a Eubulo no -351, co discurso Pola liberdade dos rodios.

Eubulo era naquel tempo o político máis influente de Atenas, situación que mantivo no período entre o -355 e o -342, e estaba en contra da intervención nos asuntos internos doutras poles gregas.[48]

Aínda que ningún dos seus primeiros discursos tivo éxito, Demóstenes foi aos poucos facéndose un oco dentro do grupo das personalidades políticas de importancia ao mesmo tempo que, doutra banda, rompía coa facción política de Eubulo (facción á que pertencía Esquines). Nesa época Demóstenes foi plantando os alicerces dos seus futuros éxitos políticos, o que o levaría a se converter no líder do seu propio partido. Os seus argumentos mostraban o seu desexo de articular as necesidades e intereses de Atenas.[49]

No ano -351, Demóstenes sentiuse suficientemente forte como para mostrar a súa visión sobre o asunto de política exterior máis importante ao que se enfrontaba Atenas naquel tempo: a postura que debería tomar a cidade con respecto a Filipo II de Macedonia. Segundo comenta Jacqueline de Romilly, filóloga membro da Academia francesa, a ameaza de Filipo daría a Demóstenes un enfoque e unha razón de ser.[46] A carreira política de Demóstenes é virtualmente a historia da política exterior ateniense.[38]

Confrontación con Filipo[editar | editar a fonte]

Primeira Filípica e as Olínticas (-351 - -341)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Primeira Filípica.
Filipo II de Macedonia: medalla da vitoria (niketerion) do século -II (París, Cabinet des médailles da Biblioteca Nacional de Francia). Demóstenes percibía ao rei de Macedonia como unha ameaza para a autonomía de todas as cidades-estado gregas.

Demóstenes dirixiu as súas enerxías contra o crecente poder do rei Filipo II de Macedonia, a quen vía como unha ameaza non só para Atenas senón para todas as cidades-estado gregas.

Gran parte dos seus mellores discursos dirixíronse contra o poder crecente do rei Filipo II de Macedonia. Desde o ano -357, cando Filipo cercou Anfípolis e Pidna, Atenas e Macedonia estiveran formalmente en guerra.[50]

No -352 Demóstenes describiu a Filipo como o maior e o peor inimigo da súa cidade. O discurso sería un avance dos feros ataques que Demóstenes lanzaría contra o rei macedonio durante os anos que seguiron.[51] Un ano despois criticou a aqueles que subestimaban o poder de Filipo e avisaba de que era tan perigoso como o propio rei de Persia.[52]

No -352 as tropas atenienses lograron con éxito enfrontarse a Filipo nas Termópilas,[53] pero a vitoria macedonia sobre os focios na batalla do Campo de Azafrán supuxo un duro golpe para Demóstenes.

O seu primeiro discurso contra Filipo, coñecido como a Primeira Filípica (-351 - -350), tiña como tema a preparación e a reforma do fondo social de Atenas,[54] o alicerce principal das políticas de Eubulo.[46] Exhortou aos atenienses a que espertasen da súa falsa seguridade e pediu que a guerra se estendese a Tracia, pero non tivo éxito.

"Necesitamos diñeiro, seguro, atenienses, e sen diñeiro nada do que debería ser feito poderá facerse".
Demóstenes (Primeira Olíntica, 20) - O orador empregouse con esforzo para convencer os seus concidadáns de que a reforma do fondo social era necesaria para financiar os preparativos militares da cidade.

Desde ese momento e ata o -341, todos os discursos de Demóstenes referíanse ao mesmo asunto: a loita contra Filipo. No -349, para completar o seu dominio do mar Exeo Filipo marchou contra Olinto, aliado de Atenas e a última cidade da Calcídica que lle quedaba por dominar. Olinto pediu axuda a Atenas, e Demóstenes pronunciou con tal motivo as tres Olínticas, nas que solicitou a Atenas axuda para o seu aliado. Nos tres discursos, Demóstenes criticaba os seus compatriotas por non facer nada, e urxía a Atenas a axudar a Olinto contra o "bárbaro"[55] macedonio.[56][57]

Malia os avisos de Demóstenes, os atenienses enguedelláronse nunha guerra inútil en Eubea e non ofreceron apoio militar a Olinto.[58] O tratado subseguinte, a paz de Filócrates, era insoportábel para el, que non o considerou máis que un respiro entre dúas batallas.

O caso de Meidias (-348).[editar | editar a fonte]

"Só pensade: no momento en que este tribunal se levante, cada un de vós andará para a casa, uns máis rápido, outros con máis calma, sen ansiedade, sen mirar por encima do ombreiro, sen medo a que el vaia ir correndo contra un amigo ou inimigo, un home grande ou un pequeno, forte ou débil, ou nada polo estilo. E por que? Porque no seu corazón coñece e confía, e aprendeu a confiar no Estado, en que ninguén o acosará ou insultará ou agredirá".
Demóstenes (Contra Meidias, 221) - O orador pide aos atenienses que defendan o seu sistema legal, solicitando un tratamento exemplar para a defensa que sirva para disuadir a outros.[59]

No -348 ocorreu un caso peculiar: Meidias, un rico ateniense, deulle unha labazada publicamente a Demóstenes, que naquel tempo ocupaba un cargo na Corexía, un gran festival relixioso en honor ao deus Dioniso.[35] Meidias era un amigo de Eubulo e apoiaba a campaña militar en Eubea.[58] Tamén era un vello inimigo de Demóstenes que entrara violentamente na súa casa no -361, xunto co seu irmán Trasíloco, para se apoderar dela.[60]

Demóstenes decidiu presentar unha querela contra o seu rico opoñente e escribiu o discurso xudicial Contra Meidias. O discurso ofrece información moi valiosa sobre a lei ateniense nesa época e especialmente sobre o concepto grego de Hibris ou ambición excesiva, que se trataba nesa cidade como un crime que ía non só contra a cidade senón contra a sociedade en si mesma.[61] Demóstenes defende que o estado democrático perece se o goberno da lei vese socavado polos homes ricos e sen escrúpulos, e que todos os cidadáns adquiren poder e autoridade en todos os asuntos de estado grazas a "a forza das leis".[62]

Segundo o filólogo Henri Weil, Demóstenes retirou finalmente os cargos contra Meidias por razóns políticas, e nunca chegou a pronunciar Contra Meidias,[63] aínda que Esquines mantivo que Demóstenes fora subornado para retiralos.[64]

Paz de Filócrates (-347 - -345).[editar | editar a fonte]

Ilustración de 1898, obra de Louis Loeb (1866 - 1909): Demóstenes ante a asemblea principal de Atenas (ekklesía) no ano -346

No ano -348, Filipo II conquistou Olinto e arrasouna ata os seus cimentos. Logo seguiu avanzando e conquistou a Calcídica e todos os Estados da federación calcídica que antes estaban liderados por Olinto.[65] Tras estas vitorias macedónicas, Atenas dirixiuse para ese Estado á busca da paz. Demóstenes atopábase a favor de asinar un tratado con Filipo II. En -347 enviouse unha delegación ateniense a Pella co obxectivo de negociar un tratado de paz e Demóstenes estaba entre os doce embaixadores enviados (-346) para entrevistarse con Filipo, delegación na que tamén se atopaban Esquines e Filócrates. Segundo Esquines, no seu primeiro encontro con Filipo, Demóstenes desmaiaríase do medo.[66]

A ekklesía aceptou oficialmente os duros termos que Filipo impuxera. Con todo, cando a delegación ateniense chegou a Pella para recibir o xuramento de Filipo necesario para considerar que o tratado fora acordado, este atopábase en plena campaña militar.[67] Filipo estaba atrasando de forma deliberada o momento da negociación e posíbel acordo porque esperaba poder manter baixo a súa soberanía todas aquelas posesións atenienses que puidese conquistar antes de ratificar o tratado.[68] Demóstenes, ansioso ante o atraso, insistía en que a embaixada debería viaxar ao lugar en que se atopase Filipo, e conseguir o xuramento sen demora[68] pero, con todo, os enviados atenienses (incluídos tanto el como Esquines) permaneceron en Pella ata o regreso de Filipo da súa campaña con éxito en Tracia.[69] Finalmente xurouse a paz en Feres, pero Demóstenes acusou ao resto de enviados de actuar neglixentemente por intereses económicos.[70]

Xusto logo da firma da Paz de Filócrates, Filipo atravesou as Termópilas e conquistou Fócida, mentres que Atenas permaneceu inactiva e non enviou axuda ningunha á rexión.[71][72] Apoiada por Tebas e Tesalia, Macedonia tomou o control sobre os votos de Fócida na Anfictionía, unha organización relixiosa formada para apoiar aos grandes templos de Apolo e Deméter.[73] Malia certa reticencia por parte dos líderes atenienses, Atenas finalmente aceptou a entrada de Filipo no Consello da Liga,[74] estando Demóstenes entre aqueles que apoiaron esta opción, tal como nos indica no seu discurso Sobre a paz.

Segunda e Terceira Filípicas (-344 - -341).[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Segunda Filípica e Terceira Filípica.
Imaxe do Quersoneso e da área circundante tomada desde un satélite. O Queroneso converteuse no foco dunha agre disputa territorial entre Atenas e Macedonia. Foi finalmente cedida a Filipo en -338.

Entre os seus discursos deste período destacan a Segunda Filípica, o discurso coñecido como Sobre a falsa embaixada, contra Esquines, e a Terceira Filípica na que se esixía unha acción resolta contra Filipo (-341). Destes, as Filípicas considéranse discursos políticos, mentres que Sobre a falsa embaixada é un discurso pronunciado no ámbito xudicial.

En -344 Demóstenes viaxou ao Peloponeso, coa finalidade de conseguir alianzas e afastar o maior número posíbel de cidades da influencia macedonia, aínda que os seus esforzos foron xeralmente infrutuosos.[75] A maior parte dos peloponesios vían a Filipo como o garante da súa liberdade, e mesmo enviaron unha embaixada conxunta a Atenas para presentar as súas queixas ante a actividade de Demóstenes.[76] En resposta á devandita embaixada, Demóstenes pronunciou a Segunda Filípica, un vehemente ataque contra a persoa de Filipo. No ano -343 Demóstenes pronunciou Sobre a falsa embaixada, dirixida contra o seu rival político Esquines, que estaba enfrontándose a un cargo de alta traizón. Esquines foi finalmente absolto por unha estreita marxe de trinta votos, nun xurado cuxo número podería ser de ata 1.501.[77]

En -343 as forzas macedonias atopábanse realizando unha nova campaña militar na rexión de Epiro e, en -342, Filipo fixo unha incursión en Tracia.[78] Tamén negociou cos atenienses algunhas modificacións dos termos pactados na Paz de Filócrates.[79]

Cando o exército macedonio se aproximaba ao Quersoneso Tracio, un xeneral ateniense chamado Diopeites arrasou o distrito marítimo de Tracia, incitando a resposta de Filipo. A asemblea ateniense reuniuse para estudar a situación e Demóstenes pronunciou o seu discurso Sobre o Quersoneso, co que convenceu aos atenienses a non chamar a Diopeites de volta a Atenas. Tamén no -342 pronunciou a Terceira Filípica, que se considera como o mellor discurso político de toda a súa carreira.[80] Utilizando todo o poder da súa elocuencia, Demóstenes esixiu á asemblea ateniense unha firme resposta contra Filipo, pedindo ao pobo ateniense unha enérxica demostración de forza. Dicíalles que sería "mellor morrer mil veces que render tributo a Filipo".[81] Tras este discurso Demóstenes tomou o control da política ateniense e foi capaz de debilitar considerabelmente a facción pro-macedonia liderada por Esquines, converténdose no líder político máis influente de Atenas.

Grazas a iso Demóstenes conseguiría que se anulase o tratado de paz, que se aumentasen as asignacións militares e se reforzase a mariña e fixo de Tebas, cidade longo tempo hostil cara a Atenas, unha aliada.

Batalla de Queronea (338).[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Batalla de Queronea.
O Sol de Verxina, símbolo da monarquía macedonia.

A Cuarta Filípica (-340), foi na realidade unha declaración de guerra que conduciu a outra derrota grega ás mans dos macedonios: En gran parte grazas aos esforzos de Demóstenes, o intento de Filipo, no -340, de capturar Bizancio (actual Istambul) atrasouse.

En -341 Demóstenes foi enviado a Bizancio, onde buscou a renovación da alianza con Atenas. Grazas ás súas manobras diplomáticas, Abidos tamén se uniu á causa. Por outra banda, estes acontecementos preocuparon a Filipo e incrementaron a súa animadversión contra Demóstenes. A asemblea ateniense, con todo, non tivo en conta as queixas de Filipo contra a conduta de Demóstenes e denunciou o tratado de paz, o que de feito significaba unha declaración de guerra.

En -339 Filipo fixo o seu último e maior movemento á busca da conquista do sur de Grecia, asistido polo apoio de Esquines no marco da a Anfictonía.[82] Durante a reunión do Consello, Filipo acusou á cidade de Anfisa, na Lócrida, de invadir chan consagrado.[83] O oficial que presidía o Consello, un tesalio chamado Cotifo, propuxo a convocatoria do Congreso da Anfictonía para que impuxese un castigo exemplar.[84] Esquines concordaba con esta proposta e mantiña que os atenienses deberían participar no Congreso,[84] aínda que Demóstenes reverteu as iniciativas de Esquines e Atenas finalmente abstívose.[85] Tralo fracaso da primeira incursión militar á Lócrida, a sesión de verán da Anfictonía deu o mando das forzas da liga a Filipo, e pediulle que dirixise unha segunda excursión.[86]

Filipo decidiu actuar de inmediato. O inverno de -339 - -338 atravesou as Termópilas e entrou en Anfisa, onde venceu rapidamente á poboación da cidade. Tras esta significativa vitoria, Filipo entrou na Fócida en -338 e logo dirixiuse ao sueste, baixando o val do río Cefiso, para asediar e capturar a cidade de Elateia, onde restaurou as fortificacións.[86]

Mentres tanto, Atenas dedicouse a forxar unha alianza coas cidades de Eubea, Megara, Acaia, Corinto, Acarnania, así como con outros estados menos importantes do Peloponeso. En calquera caso, a alianza máis desexada para Atenas era coa cidade-estado de Tebas.

Co obxectivo de conseguir dita alianza, Atenas enviou a Demóstenes á cidade de Beocia. Filipo, pola súa banda, tamén enviou a súa propia delegación coa finalidade contraria, pero non logrou evitar que Demóstenes adherise a Tebas á súa causa.[87] Non chegou aos nosos días o discurso completo de Demóstenes diante o pobo tebano, polo que as argumentacións que utilizou para convencer a Tebas para unirse á alianza descoñecémolas. De calquera modo, a alianza produciuse a cambio dun prezo: Politicamente, o control de Beocia por parte de Tebas foi recoñecido de forma oficial. Militarmente, Tebas conseguiu o mando supremo das tropas aliadas de terra, e o mando conxunto con Atenas da armada no mar. Ademais, Atenas pagaría dous terzos do custo militar total da campaña.[88]

Mentres que os atenienses e os tebanos se preparaban para a guerra, Filipo fixo un último intento para tranquilizar aos seus inimigos, propoñendo un novo tratado de paz que non foi aceptado.[89] Tras isto, e tras unha serie de pequenos enfrontamentos entre os dous bandos que terminaron con vitorias menores do bando ateniense, Filipo logrou levar as falanxes confederadas a un enfrontamento en campo aberto nunha chaira próxima á cidade de Queronea. Malia a alianza entre Tebas e Atenas, Filipo derrotou os exércitos aliados na batalla do ano -338 Durante a batalla Demóstenes participou como un mero hoplita máis, e mesmo algunhas fontes falan dun comportamento pouco honorábel. Segundo Plutarco, Demóstenes desertou do campo de batalla e "non fixo nada honorábel, nin o seu comportamento estivo á altura dos seus discursos".

Tal era o odio de Filipo contra Demóstenes que, segundo relata Diodoro Sículo, o rei burlouse trala batalla dos infortunios do político ateniense. Con todo, o tamén orador e político ateniense Démades dise que fixo o seguinte comentario ao rei:

Oh Rei, cando a Fortuna te colocou no posto de Agamenón, non te avergoñas de actuar como Tersites?

Segundo conta Diodoro, Filipo reaccionou ante estas palabras e detivo inmediatamente a súa actitude.[90]

Trala súa vitoria, Filipo foi só severo con Tebas, a cal pasou a controlar directamente mediante o nomeamento de gobernantes macedonios. Atenas foi tratada de forma máis magnánima, obrigándoa só a que disolvese a súa liga naval e a que abandonase as súas posesións en Tracia, mentres que en troco lle garantía a independencia. Malia todo iso, Demóstenes continuou falando contra Macedonia, mesmo trala derrota de Queronea.

Últimas iniciativas políticas e morte[editar | editar a fonte]

Enfrontamento con Alexandre. Discurso "Sobre a Coroa".[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Sobre a Coroa.
Mosaico de Alexandre Magno, atopado en Pompeia, e copia dunha pintura orixinal grega do século -III que se perdeu. En -336 - -335 o Rei de Macedonia atallou os intentos de resistencia das cidades gregas e acabou coas esperanzas de Demóstenes de recuperar a independencia ateniense.

Trala batalla de Queronea, Filipo impuxo un severo castigo á cidade de Tebas, aínda que foi bastante transixente á hora de impoñer a Atenas as condicións dun acordo de paz. Demóstenes defendeu a fortificación de Atenas e foi elixido pola ekklesía para pronunciar o discurso fúnebre polos cidadáns mortos na guerra contra Macedonia.[91][92]

No -336 Filipo foi asasinado durante a voda da súa filla, Cleopatra de Macedonia co rei Alexandre de Epiro. Trala súa morte, o exército proclamou rei ao seu fillo primoxénito, Alexandre. Mentres tanto, cidades como Atenas ou Tebas vían neste cambio de líder unha oportunidade para recuperar a súa total independencia, e Demóstenes estivo entre os atenienses que tomaron un rol máis activo na dirección da revolta de Atenas. Segundo Esquines, "era tan só o sétimo día trala morte da súa filla, e malia que as cerimonias de loito non se completaron, púxose unha coroa de flores na cabeza e roupas brancas polo seu corpo, e estivo aí, facendo ofrendas en agradecemento, violando toda decencia".[24]

Demóstenes tamén enviou mensaxeiros ao xeneral Átalo, pai da última esposa de Filipo, a quen consideraba un opoñente interno ao trono de Alexandre.[93] En calquera caso, Alexandre marchou axiña para Tebas, que se someteu pouco despois de velo aparecer fronte ás súas portas. Cando os atenienses se decataron de que Alexandre se moveu tan rápido para Beocia rendeu o pánico e suplicaron piedade ao novo rei de Macedonia. Alexandre, pola súa banda, limitouse a amonestalos, e non impuxo castigo ningún pola sublevación.

"Estás ao descuberto na túa vida e na túa conduta, nas túas actuacións públicas e nas túas abstinencias. Un proxecto aprobado pola xente comeza a avanzar. Esquines xa non ten voz. Reportouse un lamentábel incidente. Esquines está en evidencia. Recorda a unha vella torcedura ou fractura: no momento en que diminúe a saúde volve estar activa".
Demóstenes (Sobre a Coroa, 198) - En Sobre a Coroa Demóstenes ataca feramente e finalmente neutraliza a Esquines, o seu grande opoñente político.

En -335 Alexandre sentiuse con suficiente fortaleza como para se enfrontar con Tracia e Iliria. Mentres estaba loitando no norte, os tebanos e os atenienses rebeláronse unha vez máis, crendo os rumores que se estenderon sobre a posíbel morte de Alexandre. Darío III de Persia financiou as cidades gregas que se levantaron contra Macedonia, e dise que Demóstenes podería recibir uns 300 talentos (uns 8,5 millóns de dólares) en nome de Atenas, motivo polo cal se enfrontou despois a acusacións por apropiación indebida.[94]

Alexandre reaccionou de xeito inmediato e arrasou Tebas ata os seus cimentos. Non atacou Atenas, pero esixiu que todos os políticos da facción anti-macedonia fosen exiliados, sendo Demóstenes o primeiro da lista. Segundo Plutarco, unha embaixada especial de Atenas encabezada por Foción, un opositor da facción anti-macedonia, foi capaz de persuadir a Alexandre para que retirase dita esixencia.[95]

Demóstenes, pola súa banda, e malia as súas desventuras que sufrira nos seus enfrontamentos contra Filipo e Alexandre, aínda era respectado polo pobo de Atenas. En -336 o orador Ctesifonte propuxo a Atenas que honrase a Demóstenes polos seus servizos prestados concedéndolle, de acordo coa tradición, a coroa de ouro. Con todo, a existencia en Atenas dun importante partido promacedonio facía que a posición de Demóstenes estivese sempre suxeita a oposición e a proposta converteuse nun controvertido tema político que desembocou, en -330, en que Esquines utilizase un tecnicismo legal para procesar a Ctesifonte. O motivo do procesamento era ofrecer a coroa a Demóstenes tras incorrer nunha serie de irregularidades no ofrecemento.

No seu discurso máis brillante,[96] Sobre a Coroa, Demóstenes defende a Ctesifonte e ataca vehementemente a todos aqueles que preferiron a paz con Macedonia. Non estaba arrepentido polas súas accións pasadas nin polas súas ideas políticas e insistía en que, cando estaba no poder, o obxectivo constante de todas as súas accións foi o enxalzamento do honor e a ascendencia do seu pobo, e que en todas as ocasións e en todo o que fixo preservou a súa lealdade a Atenas.[97] Finalmente venceu a Esquines, malia que as obxeccións legais que opoñía o seu inimigo ao outorgamento da Coroa eran probabelmente válidas.[98]

Este sería o seu discurso máis famoso, no que realiza unha defensa global de toda a súa carreira, defendendo a Ctesifonte e atacando ao partido promacedonio. A súa elocuencia e lóxica foron tan convincentes que Ctesifonte foi absolto e Esquines, humillado, viuse obrigado a exiliarse de forma voluntaria.

O caso de Hárpalo.[editar | editar a fonte]

No ano -324 a influencia política de Demóstenes comezou a decaer por culpa dun novo caso no que o acusaron de corrupción.

En -324 un aristócrata macedonio chamado Hárpalo, a quen Alexandre nomeara gobernador de Babilonia e confiara unha cuantiosa cantidade de tesouros, fuxiu de Macedonia, escapando co botín, e buscando refuxio en Atenas. Demóstenes esixiu que Hárpalo fose capturado[99] e, finalmente, Hárpalo foi encarcerado malia a oposición de Hipérides, un político da facción anti-macedonia que era un antigo aliado de Demóstenes.[100] A ekklesía, tras unha proposta de Demóstenes, decidiu confiscar o diñeiro de Hárpalo, que foi confiado a un comité presidido por Demóstenes.[100] Cando o comité contou o tesouro atopou que só había a metade do diñeiro que Hárpalo declarara que tiña,[100] pero non revelaron publicamente o déficit. Máis tarde, cando Hárpalo escapou, o Areópago realizou unha auditoría, ao final da cal acusou a Demóstenes de malversar 20 talentos (570.000 dólares estadounidenses de 2008).

Durante o xuízo contra el, Hiperides argumentou que non revelara o enorme déficit porque fora subornado por Hárpalo.[100]

Demóstenes foi condenado a pagar unha multa de 50 talentos (1,4 millóns de dólares estadounidenses de 2008), que non puido reunir, polo que foi condenado á prisión, aínda que escapou en pouco tempo.[101] Aínda non está claro se as acusacións contra el tiñan ou non fundamento[102] aínda que, en calquera caso, os atenienses axiña revogaron a sentenza.[103] Demóstenes fuxiu para Exina ata a morte de Alexandre.

"Tomemos o caso dunha casa, unha nave ou algo parecido, que debe basear a súa forza na súa estrutura; e así é tamén no caso de asuntos de estado, nos que os principios e os alicerces deben ser a verdade e a xustiza".
Demóstenes (Segunda Olíntica, 10) - O orador enfróntase a serias acusacións máis dunha vez, pero nunca admite acción impropia ningunha e insiste en que é imposíbel "gañar o poder de forma permanente mediante a inxustiza, o perxurio e a falsidade".

Un ano máis tarde, a morte de Alexandre Magno provocou en toda Grecia unha rebelión contra Antípatro, sucesor a Alexandre como gobernador macedonio de Grecia, feito que Demóstenes aproveitou para terminar o seu exilio e entrar triunfalmente en Atenas, ao mesmo tempo que reclamaba unha nova guerra contra Macedonia. Demóstenes volve insistir aos atenienses na persecución da súa independencia de Macedonia, que se convertería na chamada Guerra Lamíaca. Con todo, Antípatro sufocou a rebelión e acabou coa oposición ao seu poder, tras o cal esixiu que os atenienses entregasen a Demóstenes e a Hipérides, xunto con outros políticos antimacedonios. Démades, xefe entón do partido promacedonio, conseguiu que a ekklesía se pregase ás esixencias de Antípatro e votase e aprobase un decreto coa condena a matar dos axitadores políticos.

Demóstenes escapou a un santuario da illa de Calauria, onde finalmente foi descuberto por Arquias, un confidente de Antípatro. Demóstenes suicidouse no templo de Poseidón de Calauria antes de ser capturado mediante un engano a Arquias: pretendendo ir escribir unha carta á súa familia, aproveitou para tomar veleno escondido nunha cana.[104] Cando notou que o veleno comezaba a facer efecto díxolle a Arquias: "Agora, cando che pareza, podes comezar a xogar o papel de Creonte na traxedia, e levarte de aquí este corpo meu sen enterrar. Pero eu, grazas a Neptuno, pola miña banda, mentres aínda estou vivo, levántome e deixo este sagrado lugar; aínda que Antípatro e os macedonios case non deixaron nada, salvo o templo, sen contaminar". Tras dicir estas palabras, caeu á beira do altar e faleceu.[104]

Valoracións[editar | editar a fonte]

Carreira política[editar | editar a fonte]

A figura histórica de Demóstenes foi obxecto de opinións enfrontadas e de distintas valoracións ao longo dos séculos.

Plutarco, por exemplo, encomia a Demóstenes polo seu carácter. Rebatendo ao historiador Teopompo, o biógrafo insiste en que Demóstenes mantivo "o mesmo partido e dirección política que tiña desde un principio, mantívoos constantes ata o final; e estivo tan lonxe de abandonalos mentres viviu que chegou a preferir dar a súa vida a traizoar os seus principios".[105] Doutra banda, Polibio un historiador grego do mundo mediterráneo, era moi crítico coas políticas defendidas por Demóstenes. Polibio acúsao de lanzar ataques verbais inxustificados contra grandes homes doutras cidades, tratándoos inxustamente de traidores aos gregos. O historiador mantiña que Demóstenes medía todo en función dos intereses da súa propia cidade, imaxinando que os gregos deberían ter as súas visión centrada en Atenas. Con todo, e segundo este historiador, o único que os atenienses chegaron a conseguir grazas á súa oposición a Filipo foi a derrota en Queronea, "e se non fose pola magnanimidade do rei e o seu coidado pola súa propia reputación, os seus infortunios serían aínda maiores, grazas á política de Demóstenes".[106]

"O home que pensa que debe o seu nacemento só aos seus pais agardará ata chegar o seu natural e destinado final; o que é fillo da súa nación está disposto a morrer antes que vela escravizada, e vixiará eses agravios e indignidades, que na suxección ao ben común se ve impulsado a soportar, como máis aterradores que a propia morte".
Demóstenes (Sobre a Coroa, 205) - Durante a súa longa carreira política Demóstenes urxiu os seus concidadáns a defender a súa cidade e a preservar a súa liberdade e a súa democracia.

Paparrigopoulos enxalza o patriotismo de Demóstenes, pero critícao por ser curto de miras. De acordo coa súa crítica, Demóstenes debería entender que os antigos Estados gregos só podían sobrevivir unificados baixo o liderado do reino de Macedonia.[17] Polo tanto, acusa a Demóstenes de non xulgar ben os acontecementos, os opoñentes e as oportunidades, e de ser incapaz de prever o inevitábel triunfo de Filipo.[85] Critícao por sobrevalorar a capacidade de Atenas de revivir e de retar a Macedonia.[107] A súa cidade perdera a maioría de aliados no Exeo, mentres que Filipo consolidara o seu control sobre a rexión de Macedonia e controlaba unha gran riqueza mineral.

Chris Carey, profesor de grego na University College de Londres, conclúe que Demóstenes era mellor orador que estratego e político,[85] aínda que tamén subliña que os "pragmáticos" como Esquines e Foción non tiñan unha visión suficientemente inspiradora como para rivalizar coa de Demóstenes. O orador pedía aos atenienses que elixisen entre o que é xusto e honorábel e o antepuxesen á súa propia seguridade e á preservación da cidade.[105] A xente, pola súa banda, prefería o activismo de Demóstenes ata o punto de que a agre derrota de Queronea foi recibida como un prezo que valía a pena pagar na tentativa de reter a liberdade e a influencia sobre a península.[85]

Por outra banda, segundo o tamén profesor de grego Arthur Wallace Pickard-Cambridge, o éxito é un pobre criterio para xulgar as accións da xente como Demóstenes, que actuaban motivados polo ideal político da liberdade.[108] Filipo pedira a Atenas que sacrificase a súa liberdade e a súa democracia, mentres que Demóstenes intentaba revivir o brillante pasado da cidade.[107] Buscaba revivir eses valores imperecedoiros e, xa que logo, converterse nun "educador da xente" (en palabras de Werner Jaeger).[109]

O feito de que Demóstenes loitase na batalla de Queronea como un mero hoplita máis, así como a súa fuxida do campo de batalla, indica que carecía de capacidade militar. Segundo o historiador Thomas Babington Macaulay, na época na que viviu Demóstenes estaba fortemente marcada a diferenza entre os oficios políticos e os militares.[110] Case ningún político, exceptuando Foción, era ao mesmo tempo un bo orador e un xeneral competente. Demóstenes era moi competente no ámbito da política e das ideas, pero non no da guerra.[110] O contraste, por outra banda, entre a capacidade intelectual de Demóstenes e as súas deficiencias en termos de vigor, resistencia e coñecementos ou habilidade militar,[17] así como de visión estratéxica[85] ilústrase na inscrición que os seus concidadáns puxeron na base da súa estatua:[111]

Se foses para Grecia tan forte como sabio, os macedonios non a conquistarían

Habilidade oratoria[editar | editar a fonte]

Herma de Demóstenes (Múnic, Glyptothek). Copia dunha estatua póstuma honorífica do político do Ágora de Atenas esculpida orixinalmente por Polieuctos (ca. -280).

De acordo con Dionisio de Halicarnaso, historiador grego e profesor de retórica, Demóstenes representa a etapa final do desenvolvemento da prosa ática. Este autor afirma que Demóstenes reuniu as mellores características dos estilos básicos; utilizaba habitualmente o estilo de tipo medio ou normal e aplicaba o estilo arcaico e o de elegancia chá cando era necesario. En todos e cada un dos tres estilos era mellor que os seus mestres especializados.[112]

Demóstenes é considerado un orador consumado, adepto de todas as técnicas da oratoria que utiliza de forma conxunta no seu traballo.[109] Nos seus discursos xudiciais iniciais, a influencia dos seus primeiros mestres é obvia, pero non enmascara o seu estilo marcado e orixinal, que tamén aparece.[20][113]

Segundo Harry Thurston Peck, pertencente á escola clásica, Demóstenes "non incrementa o coñecemento; o seu obxectivo non é a elegancia; non busca brillantes ornamentos; en raras ocasións toca o corazón da xente con suaves apelacións, e cando o fai, produce só un efecto que podería mellorar calquera orador de terceira clase. Non tiña agudeza, graza ou vivacidade, tal como nós entendemos estes termos. O segredo do seu poder é simple, posto que se atopa esencialmente no feito de que os seus principios políticos estaban ligados ao seu propio espírito".[6] No seu xuízo, Peck coincide con Jaeger, que dixo que as decisións políticas inminentes imbuían os discursos de Demóstenes cun poder artístico fascinante.[114]

Demóstenes era capaz de combinar mensaxes curtas con explicacións extensas, harmonizando coa súa función.[109] A súa linguaxe é simple e natural, non utiliza palabras estrañas ou artificiais. Segundo Jebb, Demóstenes era un artista capaz de facer que a súa propia arte o obedecese.[20] Pola súa banda, Esquines estigmatizaba a súa intensidade, atribuíndo aos seus rivais fíos de imaxes absurdas e incoherentes.[115]

Dionisio establece que o único punto débil de Demóstenes era a súa falta de senso do humor, aínda que Quintiliano vía esta deficiencia como unha virtude.[116][117] Con todo, a principal crítica que se fixo a Demóstenes parece que se apoiou principalmente na súa negativa a falar ex tempore;[118] téndose negado a miúdo a comentar asuntos que non se estudou previamente.[6] En calquera caso, dedicaba unha elaborada preparación a todos os seus discursos e, xa que logo, os seus argumentos son os produtos dun estudo coidadoso de cada asunto. Tamén era famoso pola súa capacidade de sátira.[119]

De acordo con Cicerón, Demóstenes vía a forma de entregar a mensaxe (os xestos, a voz etc.) como algo máis importante que o estilo.[120] Aínda que non tiña a voz de Esquines, ou a capacidade improvisadora de Demades, utilizaba de forma moi eficiente o seu corpo para acentuar as súas palabras,[16] conseguindo proxectar as súas ideas e argumentos cunha maior forza. Con todo, dita posta en escena non era ben acollida por todo o mundo da antigüidade: Demetrio de Falero e os comediantes ridiculizaban a "teatralidade" de Demóstenes, mentres que Esquines opinaba que Leodamas de Acarnas era superior a el.[121][122]

Legado retórico[editar | editar a fonte]

Friné indo para os baños públicos como Venus e Demóstenes tentado por Esquines por J. M. W. Turner (1838), Londres, Tate.

A fama de Demóstenes perdurou a través dos séculos. Os estudosos da Biblioteca de Alexandría editaron coidadosamente os manuscritos dos seus discursos, e os colexiais da antiga Roma estudaron a súa arte como parte do seu propio adestramento en retórica.[38] Xuvenal aclamouno dicindo que era largus et exundans ingenii fons (unha longa e desbordante fonte de enxeño),[123] Os discursos de Cicerón contra Marco Antonio tamén mencionaban as Filípicas.

Pola súa banda, Plutarco fixo unha mención na súa Vida de Demóstenes recalcando as fortes similitudes entre as personalidades e as carreiras políticas de Demóstenes e de Marco Tulio Cicerón:

O poder divino parece deseñar orixinalmente a Demóstenes e a Cicerón baixo o mesmo plan, dándolles moitas similitudes nos seus caracteres naturais, tales como a paixón pola distinción e o seu amor pola liberdade na vida civil, ou a súa esixencia de coraxe fronte aos perigos e a guerra, ao mesmo tempo que engadiu moitos parecidos accidentais. Creo que dificilmente se pode atopar outros dous oradores que, desde uns comezos escuros e insignificantes, se fixesen tan grandes e poderosos; que ambos se enfrontasen a reis e tiranos; ambos perdesen ás súas fillas; fosen expulsados do seu país e retornasen con honor; que, fuxindo de novo de aí, fosen ambos os dous capturados polos seus inimigos e finalmente acabasen as súas vidas ao mesmo tempo que a liberdade dos seus compatriotas.
Plutarco, Demóstenes, 3

Durante a Idade Media e o Renacemento Demóstenes mantivo unha boa reputación pola súa elocuencia.[38] Os seus textos eran os máis estudados e lidos de todos os oradores antigos, con quizais Cicerón como único competidor real.[124] O autor e xurista francés Guillaume du Vair encomia os seus discursos polo seu elegante estilo e artística composición; John Jewel, bispo de Salisbury, e Jacques Amyot, escritor e tradutor renacentista francés, ven a Demóstenes como un magnífico orador, ata "supremo".[125]

Na historia moderna, oradores como Henry Clay imitaron a técnica de Demóstenes. As súas ideas e principios sobreviviron e inspiraron a personaxes e tendencias políticas da nosa época. Demóstenes constituíu unha fonte de inspiración para os autores dos artigos federalistas (unha serie de 85 artigos defendendo a ratificación da Constitución dos Estados Unidos de América) e para os principais oradores da Revolución francesa.[126] O primeiro ministro francés Georges Clemenceau estivo entre aqueles que idealizaron a Demóstenes e mesmo escribiu un libro sobre el.[127] Pola súa banda Friedrich Nietzsche a miúdo compuxo as súas frases de acordo cos paradigmas de Demóstenes, cuxo estilo admiraba.[128][129]

Durante a segunda guerra mundial, os loitadores da resistencia francesa identificáronse con Demóstenes, e deron a Adolf Hitler o nome de Filipo. Demóstenes recoñeceuse como o símbolo da independencia e utilizouse como sinónimo da resistencia contra a opresión tiránica.[109] Tamén constituíu unha fonte de inspiración para escritores da literatura moderna tales como Mary Renault ou Orson Scott Card.[130]

Por outra banda, a Demosthenian Literary Society, sociedade pertencente á Universidade de Georgia, recibe a súa nome en honor a Demóstenes, sendo un tributo á súa habilidade retórica e á forma en que mellorou a súa habilidade oratoria.

Traballos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Obras de Demóstenes.
Os Logoi, os famosos discursos de Demóstenes, nunha edición de 1570, en grego, xunto con outras obras do mesmo período.

Parece que Demóstenes publicou a maioría dos seus discursos, se non todos.[131] Trala súa morte, os textos das súas obras sobrevivírono, sendo gardados en Atenas e na Biblioteca de Alexandría. En Alexandría os textos incorporáronse ao corpo de literatura grega clásica que foi preservado, catalogado e utilizado polos estudosos do período helenístico. Desde entón e ata o século IV multiplicáronse as copias dos seus discursos, polo que estiveron nunha situación relativamente boa para sobrevivir ao escuro período comprendido entre os séculos VI e IX[132] Finalmente, chegaron aos nosos días un total de sesenta e un discursos de Demóstenes. Friedrich Blass, da Escola Clásica alemá, cre que o orador escribiu outros nove discursos máis, pero que non sobreviviron.[133]

As edicións modernas dos discursos baséanse en manuscritos dos séculos X e XI.[134][135] A autoría de polo menos nove dos sesenta e un discursos discútese.[136]

Tamén chegaron aos nosos días cincuenta e seis prólogos e seis cartas. Os prólogos eran aperturas de discursos de Demóstenes, e foron recompiladas para a Biblioteca de Alexandría por Calímaco, que cría na autoría de Demóstenes.[137] Os estudosos modernos, con todo, están divididos: algúns os rexeitan,[11] mentres que outros, como Blass, opinan que son auténticos.[138] As cartas están escritas co nome de Demóstenes, pero a súa autoría foi duramente discutida.[139]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Longino, Do sublime, 34.4
  2. Cicero, Brutus, 35
  3. Quintilliano, Institutiones, X, 1, 6 and 76
  4. H. Weil, Biography of Demosthenes, 5–6
  5. Esquines, Contra Ctesifonte, 171
  6. 6,0 6,1 6,2 H. T. Peck, Harpers Dictionary of Classical Antiquities
  7. Esquines, Contra Ctesifonte, 172
  8. Segundo Edward Cohen, profesor de Clásicas na Universidade de Pensilvania, Cleobule era filla dunha muller escitia e dun pai ateniense, Xilón, aínda que algúns autores insisten na pureza xenealóxica de Demóstenes. Existe acordo entre os historiadores en que Cleobule era de Crimea, e non cidadá ateniense, á que Xilón coñecería tras ser exiliado ao final da Guerra do Peloponeso supostamente por traizón. Segundo Esquines, Xilón recibiría como agasallo do reino do Bósforo un lugar chamado "os xardíns" na colonia de Kepoi, aínda que se discute a veracidade destas afirmacións, dado que hai un lapso temporal de setenta anos entre a posíbel traizón de Xilón e o discurso de Esquines, polo que o orador podería estar aproveitándose do feito de que a audiencia non tería un coñecemento directo dos feitos acontecidos.
  9. O. Thomsen, The Looting of the Estate of the Elder Demosthenes, 61
  10. Demóstenes, Contra Afobos 1, 4
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 "Demosthenes". Encyclopaedia The Helios. 1952. 
  12. Demóstenes, Contra Afobos 1, 6
  13. Demóstenes, Contra Afobos 3, 59
  14. Segundo afirma Tsatsos, os xuízos contra os titores duraron ata que Demóstenes chegou á idade de 24 anos. Nietzsche reduce o tempo dos xuízos a uns cinco anos.
  15. 15,0 15,1 15,2 Plutarco, Demóstenes, 5
  16. 16,0 16,1 F. Nietzsche, Leccións de Retórica, 233?235
  17. 17,0 17,1 17,2 K. Paparregopoulus, Ab, 396?398
  18. Luciano, Demosthenes, An Encomium, 12
  19. De acordo coa Suda, Demóstenes estudou con Eubúlides de Mileto e Platón; Cicerón e Quintiliano comentan que Demóstenes era discípulo de Platón; Tsatsos e Weil cren que non hai indicios de que Demóstenes fose pupilo de Platón ou Isócrates. En canto a Iseo, Jebb afirma que "a escola de Iseo non se menciona en ningunha outra parte nin se recorda o nome de ningún outro alumno seu". Peck opina que Demóstenes continuou estudando con Iseo uns catro anos máis tras adquirir a súa maioría de idade.
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 R. C. Jebb, The Attic Orators from Antiphon to Isaeos
  21. Suda, artigo Isaeus Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  22. K. Tsatsos, Demóstenes, 83
  23. Pseudo-Plutarco, Demóstenes, 847c
  24. 24,0 24,1 24,2 Esquines, Contra Ctesifonte, 77
  25. Pseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores, 847d.
  26. Esquines, Contra Ctesifonte, 162
  27. Esquines, Na Embaixada, 149
  28. Ateneo, Deipnosophistae, XIII, 63
    *C.A. Cox, Household Interests, 202
  29. 29,0 29,1 A.W. Pickard, Demosthenes and the Last Days of Greek Freedom, 15
  30. Esquines, Sobre a Embaixada, 148-150, 165-166
  31. Esquines, Contra Ctesifonte, 173
  32. 32,0 32,1 Esquines, O Discurso na Embaixada, 165
  33. Plutarco, Demóstenes, 15
  34. A.W. Pickard, Demosthenes and the Last Days of Greek Freedom, xiv-xv
  35. 35,0 35,1 S. Usher, Greek Oratory, 226
  36. Demóstenes, Contra Zenotemis, 32
  37. Tanto Tsatsos como Weil manteñen que Demóstenes nunca abandonou a profesión de logógrafo pero que, tras pronunciar o seu primeiro discurso político, quería ser visto como home de estado. Segundo James J. Murphy, profesor emérito de retórica e comunicación na Universidade de California, a súa carreira como logógrafo continuou mesmo durante os seus períodos máis intensos de conflito político contra Filipo.
  38. 38,0 38,1 38,2 38,3 "Demosthenes". Encyclopaedia Britannica. 2002. 
  39. "Batalus" ou "Bátalo" significaba "martelador" en antigo grego, pero tamén era o nome dun músico que tocaba a frauta (sobre o cal Antífano escribiu unha obra ridiculizándoo) e dun escritor de cancións. A palabra tamén se usaba en Atenas para describir o ano. Outro alcume de Demóstenes era "Argas". Segundo Plutarco, o nome puido dárselle tanto polo seu comportamento salvaxe como pola súa desagradábel forma de falar. "Agras" era un nome poético para serpe, pero tamén o nome dun poeta.
  40. Esquines, Contra Timarco, 126
  41. Esquines, Discurso na Embaixada, 99
  42. 42,0 42,1 Plutarco, Demóstenes, 6
  43. Plutarco, Demóstenes, 6-7
  44. Plutarco, Demóstenes, 7
  45. 45,0 45,1 I. Worthington, Demosthenes: Statesman and Orator, 29
  46. 46,0 46,1 46,2 J. De Romilly, A Short History of Greek Literature, 116?117
  47. K. Tsatsos, Demosthenes, 88
  48. D. Phillips, Athenian Political Oratory, 72
  49. T. N. Habinek, Ancient Rhetoric and Oratory, 21
  50. D. Phillips, Athenian Political Oratory, 69
  51. Demóstenes, Contra Aristócrates, 121
  52. Demóstenes, Sobre a liberdade dos rodios, 24
  53. Demóstenes, Sobre a falsa embaixada, 319
  54. O chamado "Theorika" era un fondo mediante o cal o estado pagaba a atenienses sen recursos económicos para lles permitir acceder aos festivais dramáticos. Eubulo aprobou unha lei que dificultaba desviar fondos públicos, incluíndo o "theorika", para financiar operacións militares menores.
  55. Demóstenes caracterizou a Filipo como "bárbaro" na Terceira Olíntica e na Terceira Filípica. Segundo Tsatsos, Demóstenes incluía dentro da nación grega só aqueles que alcanzasen os estándares culturais do sur de Grecia, e non tiña en consideración o criterio étnico.
  56. Demóstenes, Segunda Olíntica, 3
  57. Demóstenes, Primeira Olíntica, 3
  58. 58,0 58,1 Demóstenes, Sobre a Paz, 5
  59. J. De Romilly, Ancient Greece against Violence, 113?117
  60. Demóstenes, Contra Meidias, 78?80
  61. H. Yunis, The Rhetoric of Law in 4th Century Athens, 206
  62. Demóstenes, Contra Meidias, 223
  63. H. Weil, Biography of Demosthenes, 28
  64. Esquines, Contra Ctesifonte, 52
  65. Demóstenes, Terceira Filípica, 56
  66. Esquines, Discurso na Embaixada, 34
  67. Demóstenes, Terceira Filípica, 15
  68. 68,0 68,1 Demóstenes, Sobre a Coroa, 25?27
  69. Demóstenes, Sobre a Coroa, 30
  70. Demóstenes, Sobre a Coroa, 31
  71. Demóstenes, Sobre a coroa, 36
  72. Demóstenes, Sobre a Paz, 10
  73. Demóstenes, Sobre a Coroa, 43
  74. Demóstenes, Sobre a Falsa Embaixada, 111?113
  75. Demóstenes, Segunda Filípica, 19
  76. T. Buckley, Aspects of Greek History 750-323 BC, 480
  77. Pseudo-Plutarco, Esquines, 840c
  78. Demóstenes, Terceira Filípica, 17
  79. Demóstenes (ou Hegésipo), Sobre Halonneso, 18?23
  80. K. Tsatsos, Demóstenes, 245
  81. Demóstenes, Terceira Filípica, 65
  82. Demóstenes, Sobre a Coroa, 149
  83. Demóstenes, Sobre a Coroa, 150
  84. 84,0 84,1 Demóstenes, Sobre a Coroa, 151
  85. 85,0 85,1 85,2 85,3 85,4 C. Carey, Aeschines, 12?14
  86. 86,0 86,1 Demóstenes, Sobre a Coroa, 152
  87. Demóstenes, Sobre a Coroa, 153
  88. P.J. Rhodes, A History of the Classical World, 317
  89. Plutarco, Demóstenes, 18
  90. Diodoro Sículo, Libros, XVI 87
  91. Demóstenes, Sobre a Coroa, 299
  92. Demóstenes, Sobre a Coroa, 285
  93. P. Green, Alexander of Macedon, 119
  94. Esquines acusou a Demóstenes de permanecer calado sobre os 70 talentos (2 millóns de dólares estadounidenses de 2008) do ouro do gran rei persa, dos que supostamente se apropiou ilegalmente. Esquines e Dinarco tamén mantiñan que cando Arcadia ofreceu os seus servizos por 10 talentos (286.000 dólares estadounidenses de 2008), Demóstenes rexeitou dar o diñeiro aos tebanos, que estaban levando as negociacións, e que por iso Arcadia mudou para o bando de Macedonia.
  95. Plutarco, Foción, 17
  96. K. Tsatsos, Demosthenes, 301 and The Helios
  97. Demóstenes, Sobre a Coroa, 321
  98. A. Duncan, Performance and Identity in the Classical World, 70
  99. Plutarco, Demóstenes, 25
  100. 100,0 100,1 100,2 100,3 Hiperides, Contra Demóstenes, 1
  101. Plutarco, Demóstenes, 26
  102. Segundo Pausanias, Demóstenes mesmo e outros declararon que o orador non se apropiou de diñeiro ningún que Hárpalo trouxese de Asia. Tamén narra a seguinte historia: Pouco despois de que Hárpalo fuxise de Atenas, morreu ás mans dos serventes que o atendían, aínda que algúns afirman que foi asasinado. O que se facía cargo do seu diñeiro fuxiu a Rodas, onde foi arrestado por un macedonio, Filoxeno. Filoxeno procedeu a examinar ao escravo, "ata que soubo o suficiente sobre aqueles que aceptarían un suborno de Hárpalo". Logo enviou un mensaxeiro a Atenas, que deu unha lista das persoas que foran subornadas por el. "A Demóstenes, con todo, nunca o mencionou, aínda que Alexandre lle tiña un amargo rancor, e el mesmo tiña un enfrontamento privado con el". Por outra banda, Plutarco cre que Hárpalo enviou a Demóstenes un paquete con vinte talentos (570.000 dólares estadounidenses de 2008) e que "Demóstenes non puido resistir a tentación, pero aceptando o agasallo,... rendeuse aos intereses de Hárpalo".
  103. Plutarco, Demóstenes, 27
  104. 104,0 104,1 Plutarco, Demóstenes, 29
  105. 105,0 105,1 Plutarco, Demóstenes, 13
  106. Polibio, Historias, 13
  107. 107,0 107,1 K. Tsatsos, Demosthenes, 318?326
  108. A.W. Pickard, Demosthenes and the Last Days of Greek Freedom, 490
  109. 109,0 109,1 109,2 109,3 J. De Romilly, A Short History of Greek Literature, 120-122
  110. 110,0 110,1 T.B. Macaulay, On Mitford's History of Greece, 136
  111. Plutarco, Demóstenes, 30
  112. Dionisio, Sobre o Admirable Estilo de Demóstenes, 46
  113. K. Tsatsos, Demosthenes, 86
  114. W. Jaeger, Demosthenes, 123?124
  115. Esquines, Contra Ctesifonte, 166
  116. Dionisio, Sobre o admirábel estilo de Demóstenes, 56
  117. Quintiliano, Institucións, VI, 3, 2
  118. J. Bollansie, Hermippos of Smyrna, 415
  119. Plutarco, Demóstenes, 8
  120. Cicerón, Bruto 38, 142
  121. Plutarco, Demóstenes, 9?11
  122. Esquines, Contra Ctesifonte, 139
  123. Juvenal, Satura, X, 119
  124. G. Gibson, Interpreting a Classic, 1
  125. W. A. Rebhorn, Renaissance Debates on Rhetoric, 139, 167, 258
  126. K. Tsatsos, Demosthenes, 352
  127. V. Marcu, Men and Forces of Our Estafe, 32
  128. P.J.M. Van Tongeren, Reinterpreting Modern Culture, 92
  129. F. Nietzsche, Beyond Good and Evil, 247
  130. G. Slusser, Ender's Game, 82
  131. H. Weil, Biography of Demosthenes, 66?67
  132. H. Yunis, "Demosthenes: On the Crown," 28
  133. F. Blass, Die attische Beredsamkeit, III, 2, 60
  134. C.A. Gibson, Interpreting a Classic, 1
  135. K.A. Kapparis, Apollodoros against Neaira, 62
  136. Blass discute a autoría dos seguintes discursos: Cuarta Filípica, Discurso Fúnebre, Ensaio Erótico, Contra Estéfano 2 e Contra Evergos e Mnesibulo. Arnold Schaefer, da escola clásica alemá, considera auténticos só vinte e nove discursos.
  137. I. Worthington, Oral Performance, 135
  138. F. Blass, Die Attische Beredsamkeit, III, 1, 281-287
  139. Nesta discusión considérase o traballo de Jonathan A. Goldstein, profesor de Historia e Clásicas da Universidade de Iowa, como o de maior autoridade na materia. Goldstein ve as cartas de Demóstenes como verdadeiras cartas apoloxéticas que foron dirixidas á asemblea ateniense.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Fontes primarias (gregas e romanas)[editar | editar a fonte]

Fontes secundarias[editar | editar a fonte]

  1. Volumen I. 1993. ISBN 978-84-249-0028-1. 
  2. Volumen II. 1985. ISBN 978-84-249-0998-7. 
  3. Volumen III. 1985. ISBN 978-84-249-0999-4. 
  1. Volumen I. 1983. ISBN 978-84-249-0921-5. 
  2. Volumen II. 1983. ISBN 978-84-249-0922-2. 
  • Nietzsche, Friedrich (1909–1913). Beyond Good and Evil. The Complete Works of Friedrich Nietzsche. 
  • Nietzsche, Friedrich (1975). Lessons of Rhetoric. Plethron (from the Greek translation). * Paparregopoulus, Constantine (-Karolidis, Pavlos) (1925), History of the Hellenic Nation (Volume Ab). Eleftheroudakis (in Greek).
  • Peck, Harry Thurston (1898). Harper's Dictionary Of Classical Literature And Antiquities. 
  • Phillips, David (2004). "Philip and Athens". Athenian Political Oratory: 16 Key Speeches. Routledge (UK). ISBN 0-415-96609-4. 
  • Pickard, A. W. (2003). Demosthenes and the Last Days of Greek Freedom 384 - 322 B.C. Gorgias Press LLC. ISBN 1-59333-030-8. 
  • Phillips, David (2004). Athenian Political Oratory. Routledge (UK). ISBN 0-415-96609-4. * Romilly de, Jacqueline (1996). A Short History of Greek Literature. University of Chicago Press. ISBN 0-8014-8206-2. 
  • Romilly de, Jacqueline (2001). Ancient Greece against Violence (translated in Greek). To Asty. ISBN 960-86331-5-X. 
  • Rebhorn, Wayne A. (1999). Renaissance Debates on Rhetoric. Cornell University Press. ISBN 0-226-14312-0. 
  • Rhodes, P.J. (2005). "Philip II of Macedon". A History of the Classical Greek World. Blackwell Publishing. ISBN 0-631-22564-1. 
  • Rose, M.L. (2003). The Staff of Oedipus. University of Michigan Press. ISBN 0-472-11339-9. 
  • Schaefer, Arnold (1885). Demosthenes und seine Zeit (in German). Third Volume. B. G. Teubner. 
  • Slusser, G. (1999). "Ender's Game". Nursery Realms edited by G. Westfahl. University of Georgia Press. ISBN 0-8203-2144-3. 
  • Thomsen, Ole (1998). "The Looting of the Estate of the Elder Demosthenes". "Classica Et Mediaevalia - Revue Danoise De Philologie Et D'Histoire" (Museum Tusculanum Press) 49: 45–66. ISBN 87-7289-535-7. Consultado o 2006-10-08. 
  • Trapp, Michael (2003). Greek and Latin Letters. Cambridge University Press. ISBN 0-521-49943-7. 
  • Tritle, Lawrence A. (1997). The Greek World in the Fourth Century. Routledge (UK). ISBN 0-415-10583-8. 
  • Tsatsos, Konstantinos (1975). Demosthenes. Estia (in Greek). 
  • Usher, Stephen (1999). "Demosthenes Symboulos". Greek Oratory: Tradition and Originality. Oxford University Press. ISBN 0-19-815074-1. 
  • Van Tongeren, Paul J. M. (1999). Reinterpreting Modern Culture: An Introduction to Friedrich Nietzsche's Philosophy. Purdue University Press. ISBN 1-55753-156-0. 
  • Weil, Henri (1975). Biography of Demosthenes in "Demosthenes' Orations". Papyros (from the Greek translation). 
  • Worthington, Ian (2001). Demosthenes. Routledge (UK). ISBN 0-415-20457-7. 
  • Worthington, Ian (2004). "Oral Performance in the Athenian Assembly and the Demosthenic Prooemia". Oral Performance and its Context edited by C.J. MacKie. Brill Academic Publishers. ISBN 90-04-13680-0. 
  • Yunis, Harvey (2001). "Introduction". Demosthenes: On the Crown. Cambridge University Press. ISBN 0-521-62930-6. 
  • Yunis, Harvey (2005). "The Rhetoric of Law in Fourth-Century Athens". The Cambridge Companion to Ancient Greek Law edited by Michael Gagarin, David Cohen. Cambridge University Press. ISBN 0-521-81840-0. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brodribb, William Jackson (1877). Demosthenes. J.B. Lippincott & co. 
  • Butcher, Samuel Henry (1888). Demosthenes. Macmillan & co. 
  • Clemenceau, Georges (1926). Demosthène. Plon. 
  • Easterling P. E., Knox Bernard M. W. (1985). The Cambridge History of Classical Literature. Cambridge University Press. ISBN 0-521-21042-9. 
  • Jennings, Bryan William (1906). The world's famous orations (Volume 1). New York: Funk and Wagnalls Company. 
  • Obras de Demóstenes en grego e en francés, con introdución e anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Nos textos de Demóstenes, os números en azul son rótulos activos que serven para mudar dun idioma a outro.
  • Demóstenes ou Hipérides: Sobre o tratado con Alexandre (Περὶ τῶν πρὸς Ἀλέξανδρον Συνθηκῶν).
    • Texto francés, con anotacións no mesmo idioma, no mesmo sitio. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para mudar ao grego.
      • Texto grego no mesmo sitio. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para mudar ao francés.
  • Dionisio de Halicarnaso: Sobre a elocución de Demóstenes.
    • Texto francés no mesmo sitio. Os números en azul son rótulos activos que serven para mudar ao grego.
      • Texto grego no mesmo sitio. Os números en azul son rótulos activos que serven para mudar ao francés.

Biografías

A súa época

Miscelánea