Hérulos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Imperio Romano so Hadriano (reinou do 117 ao 138), amosando a localización da tribo dos hérulos no que se cre que era o seu territorio orixinal, as illas danesas e a provincia de Skane en Suecia.

Os hérulos eran os membros dun antigo pobo xermánico, clasificada na gran confederación dos suevos, que invadiu o Imperio Romano no século III.

O antigo pobo xermano hérulo foi case con total seguridade expulsado de Escandinavia ao longo do século III e tivo a súa orixe nas costas da actual Pomerania. Segundo algúns historiadores medievais, os seus integrantes aliáronse cos godos e participaron con eles en varias expedicións levadas a cabo ao redor das costas dos mares Negro e Exeo (ano 260). A principios do século VI, os longobardos venceron ao pobo hérulo e disolveron o seu reino, situado na conca do río Elba. Algúns dos seus integrantes emigraron a Escandinavia e outros enroláronse como mercenarios no exército do Imperio Romano de Oriente. O caudillo hérulo máis coñecido, Odoacro, depuxo ao último emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo, en 476 e foi nomeado rei de Italia polas súas tropas. Gobernou Italia do 476 ao 493, ata que os ostrogodos combateron e venceron o seu exército, instalándose na península Itálica.