Eleusis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 38°2′N 23°32′L / 38.033, -23.533

Eleusis
Ελευσίνα
Eleusis.JPG
Vista da escavación a carón de Eleusis
Localización
Eleusis en Grecia
Eleusis
Eleusis
PaísGrecia Grecia
RexiónBandera d'Àtica.svg Ática
Unidade periféricaÁtica Occidental
Xeografía
Altitude0-5 msnm
Superficie37,06 km²
Demografía
Poboación29.902 (2011)
Densidade807 /km²
Outros datos
Código postal192 00
AlcaldeGeorgios Abatzoglou (SYRIZA)
Páxina oficial de Eleusis

Eleusis (grego: Ελευσίνα - Elefsina, grego antigo: Ἐλευσίς - Eleusis) é unha vila e concello de Ática Occidental, Grecia. Está localizada a 18 km ó noroeste de Atenas, no Golfo Sarónico.

Antigamente era unha pequena demo (poboación) de Ática. Aloxou un santuario dedicado á deusa Demeter e á súa filla Perséfone, que se converteu en moi importante como sede dos misterios eleusinos (ou Eleusis), unha das máis grandes cultos da antiga Grecia e despois do Imperio Romano. Tamén é famosa por ser o berce do gran poeta tráxico Esquilo, un dos tres grandes dramaturgos da antigüidade.

Na actualidade Elefsina é unha pequena cidade industrial e o centro administrativo da unidade periférica de Ática Occidental, case absorbida dentro da área metropolitana de Atenas. Está directamente conectado con ela tren suburbano e estrada. É un dos principais centros industriais de Grecia, coa maior refinería de petróleo de Grecia. Ten un sitio arqueolóxico e un museo.

Eleusis foi elixida como Capital Europea da Cultura en 2021, xunto con Timișoara e Novi Sad.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Segundo Pausanias a cidade recibiu o nome do heroe epónimo Eleusis,[1] fillo de Hermes e da oceánida Daira (ou ben de Ogiges). Cando a deusa Perséfone, filla de Deméter, foi secuestrada por Hades, foi a Eleusis, onde coñeceu a Celus, rei do lugar.[2] Triptólemo, fillo do soberano, foi o fundador dos Misterios de Eleusis, culto agrario recibido pola dusa grega, que se estendeu a toda Grecia e, na época romana, a todos os dominios da urbe italiana. No camiño entre Eleusis e Mégara, xunto a un santuario Metanira, dixéronse que foron enterrados os argentos que loitaron contra Tebas na expedición coñecida como os sete contra Tebas.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros asentamentos remóntanse ao ano 2000 a.C., converténdose durante o período micénico nun gran recinto fortificado. É nesta fase cando se introduciu o culto a Deméter, unha divinidade relacionada coa natureza e o cultivo de cereais. A continuidade deste culto confirmouse ata a época romana, coa construción de sucesivos templos na parte oriental do outeiro onde se atopa a cidade.

No século VIII a.C. o santuario adquiriu un carácter panhelenico e o seu festival converteuse nun dos máis importantes de Atenas. O tirano ateniense Pisistrato rodeou a cidade e o santuario cunha gran muralla, reforzada por torres de defensa. Máis tarde erixíronse moitos outros edificios públicos, nos períodos clásico e romano, pero a expansión do cristianismo e, sobre todo, a invasión dos Ostrogodos levou ao abandono completo do santuario.

Segundo a tradición,[4] Eleusis incorporouse a Atenas durante o sinecismo de Teseo. De feito, tería que datarse a finais do século VIII a.C. ou principios do VII B.C. Durante as guerras médicas, no ano 480 a.C. - 479 a.C., foi arrasada polo exército exército de Xerxes I e o templo de Deméter foi queimado.[5] De novo foi arrasada durante a Guerra do Peloponeso, cando a Ática foi invadida polo Rei espartano Plistoanacte.[6]

No 170 unha invasión do Imperio Romano, a dos Costobocos, habitantes da zona norte do Mar Negro, chegaron ata Grecia destruíndo parte do santuario de Eleusis. A poboación resistiu á invasión daqueles bárbaros, ademais enviáronse tropas romanas para rexeitalas.

Galería[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Croacia Rijeka
Flag of Ireland.svg Galway
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura
xunto con Romanía Timișoara
Flag of Serbia.svg Novi Sad

2021
Sucesor:
Pendente

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pausanias: Descrición de Grecia , I, 38, 7.
  2. Himnos homéricos, Deméter 96 y sigs.
  3. Pausanias I, 39.2.
  4. Por exemplo Tucídides, Historia da Guerra do Peloponeso II.15.1
  5. Heródoto, Historia IX.65
  6. Tucídidas, op. cit. I.114.2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]