Efialtes de Atenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Efialtes de Atenas
Nacementoséculo V a. C.xuliano
Lugar de nacementoAtenas
Falecemento461 a. C.
Lugar de falecementoAtenas
NacionalidadeAntiga Atenas
Ocupaciónpolítico e militar
editar datos en Wikidata ]

Efialtes (en grego antigo: Ἐφιάλτης) finado en -461, foi un antigo político ateniense do século -V, que se converteu no xefe do partido democrático de Atenas, a partir de -465, e que se opuxo ao aristócrata Cimón, cabeza do partido aristocrático. Xunto con Pericles, emprendeu unha serie de reformas políticas e sociais.

Efialtes é considerado por moitos historiadores modernos, como o político que marcou o inicio da "democracia radical", pola que Atenas sería famosa en diante. Efialtes, con todo, non viviría durante moito tempo para participar desta nova forma de goberno. En -461, foi asasinado a instigación de oligarcas resentidos, e o mando político de Atenas pasou ao seu adxunto: Pericles.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiras accións[editar | editar a fonte]

Efialtes aparece na historia primeiro como estratego ao mando dunha frota ateniense no mar Exeo, en -465. Sostiña que Esparta rivalizaba con Atenas pola hexemonía, e dirixiu en balde a campaña contra o envío de reforzos aos espartanos durante a rebelión dos hilotas (-462).[1] Despois, en agosto do -463, de rexeitamento á petición de axuda militar de Esparta para acabar cunha revolta dos hilotas.[2] Cimón, o político ateniense máis destacado da época, era pro-espartano e avogou por enviar axuda argumentando que Grecia non debía permitirse coxear, nin Atenas verse privada da súa compañeira de xunta. Efialtes, mentres tanto, argumentou que Esparta e Atenas eran inimigas por natureza, e que Atenas debía alegrarse da desgraza de Esparta mellor que axudala a recuperarse. Cimón, con todo, venceu no debate, e foi enviado a Esparta con 4.000 hoplitas.[3]

Ataque ao Areópago[editar | editar a fonte]

En -462, Efialtes e os seus aliados políticos empezaron a atacar ao Areópago, un consello composto de antigos arcontes que era unha forza tradicionalmente conservadora baixo o control da aristocracia, dado que estas maxistraturas estaban restrinxidas ás clases máis ricas. Segundo Aristóteles e algúns historiadores modernos, Atenas fora gobernada, desde aproximadamente o -478, baixo unha informal «Constitución Areopaxita», baixo o liderado de Cimón de Atenas.[4][5] Na época das Guerras Médicas alcanzou un prestixio considerábel e un influente papel político: tras a vitoria sobre os persas, o Areópago intentou impedir a democratización do sistema apoiando a Cimón. Logo do mais as atribucións do Areópago non estaban moi definidas pois dende as reformas de Clístenes algunhas das competencias do Consello dos Cincocenteos (Bulé) e o Areópago se solapaban.

O asunto de maior polémica entre as institucións era o control dos arcontados. Logo do seu exercicio, estes maxistrados rendían contas ante o Areópago, aínda que os sectores reformistas esixían que fose a Bulé a encargada de facelo reclamando o control popular sobre a xestión. Efialtes empezou a súa campaña contra este corpo axuizando a certos membros por mala administración.[6] Cara o ano 462 a. C, Efialtes persuadiu á Asemblea para reformar o Areópago, limitou o seu poder e deixoulle unicamente xurisdición para os casos de homicidio e crimes relixiosos; e a administración das propiedades sacras. Efialtes propuxo á Ecclesia, ou asemblea popular, unha serie radical das reformas que dividiu os poderes, tradicionalmente exercidos polo Areópago, entre o consello democrático da Bulé, a propia Ecclesia, e os tribunais populares. Deste xeito, a Bulé gañou o control dos arcontes e poderes xudiciais para asegurar a orde pública.[7]

Algúns historiadores argumentaron que Cimón e os seus hoplitas estaban aínda no Peloponeso na época desta proposta, mentres que outros argumentaron que a proposta foi despois do seu regreso.[8][9] Aqueles que sitúan as propostas durante a ausencia de Cimón, suxiren que tentaron derrocalo ao seu regreso, mentres que aqueles que cren que estaba presente durante as propostas, cren que se opuxo a elas no debate inicial. Todos están de acordo en que a súa resistencia foi condenada ao fracaso, debido ao feito de que o seu exército de hoplitas foi despedido polos espartanos groseiramente, acción que demoleu o prestixio político de Cimón e doutro atenienses pro-espartanos.[10]

Morte e legado[editar | editar a fonte]

O éxito das reformas de Efialtes foi seguido polo ostracismo de Cimón, que deixou a Efialtes e a súa facción o control do estado, aínda que a democracia ateniense ben establecida dos anos posteriores non se asentou aínda completamente; as reformas de Efialtes parecen ser soamente o primeiro paso do programa do partido democrático.[11] Efialtes, con todo, non viviría para ver o desenvolvemento adicional desta nova forma de goberno. No -461, foi asasinado por un tal Aristódico de Tanagra, como parte dun complot oligárquico. Pericles, o seu aliado político encargaríase de terminar a transformación gobernamental e dirixir a Atenas durante varias décadas.[12]

A traxedia As Euménides, de Esquilo, testemuña en certa medida as ideas e sentimentos espertados no pobo ateniense por estas novas medidas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ephialtes (4)," from The Oxford Classical Dictionary, Simon Hornblower and Antony Spawforth, ed.
  2. Plutarco, Cimón 16, 8.
  3. Kagan: The Outbreak of the Peloponnesian War, 72.
  4. Kagan, The Outbreak of the Peloponnesian War, 64-5.
  5. Aristóteles, Constitución dos atenienses, 23.
  6. Aristóteles, Constitución dos atenienses, 25.
  7. Gómez Espelosín, Javier (2001). Historia de Grecia Antigua. Akal. p. 175. ISBN 84-460-1428-9. 
  8. Hignett, History of the Athenian Constitution, 341.
  9. De Ste. Croix, The Origins of the Peloponnesian War, 179.
  10. Kagan, Outbreak of the Peloponnesian War, 73-74.
  11. Hignett, History of the Athenian Constitution, 217-18
  12. Plutarco: Pericles, 10,6-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]