Empúries

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°08′05″N 3°07′14″L / 42.13472, -3.12056

Basílica paleocristiana que data dos séculos IV e VII dC.

Empúries (en grego antigo: Ἐμπόριον, transcrito Emporion, "comercio"; en latín: Emporiae) foi unha antiga colonia grega e romana situada no extremo sur do golfo de Roses, no actual concello de L'Escala, na provincia de Xirona. Estaba situada ao sur da localidade de Sant Martí d'Empúries, que conserva o seu nome.

Esténdese dende a antiga foz do río Fluvià (El Riuet) ata preto do antigo brazo do río Ter, que desembocaba ao norte da vila de l'Escala, na praia do Rec del Molí. O espazo é unha das sedes do Museo de Arqueoloxía de Cataluña e a escavación arqueolóxica de máis duración de Cataluña. No recinto atópase o antigo convento de Santa Maria de Gràcia d'Empúries, prácticamente reconstruído durante a década de 1910, onde se atopa o Museo Monográfico de Empúries.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]