Século -XVIII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

século XIX adC < século XVIII adC > século XVII adC

O século XVIII antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1800 a.C. e terminou o 31 de decembro de 1701 a.C.

En Oriente Medio este século estivo marcado polo ascenso (en 1792 a.C.) de Hammurabi ao trono da cidade de Babilonia desde onde iniciou unha política de expansión. En primeiro lugar, liberouse da tutela de Ur para, en 1786 a.C., enfrontarse ao veciño rei de Larsa, Rim-Sin, arrebatándolle Isín e Uruk. Coa axuda de Mari no 1762 a.C. derrotou a unha coalición de cidades na beira do río Tigris, para conquistar a cidade de Larsa. Despois proclamouse rei de Sumer e Acad, título que xurdira en tempos de Sargón de Acad e que empregárase dende entón polos monarcas que obtiveron o dominio de toda a rexión de Mesopotamia. Despois dun novo enfrontamento cunha nova coalición de cidades conquistou Mari, despois da cal, no 1753 a.C., completou a súa expansión coas conquistas de Asiria e Ešnunna, ao norte de Mesopotamia. En Exipto comeza segundo período intermedio. Arredor do 1800 a.C. s XIII dinastía chega ao poder e é incapaz de controlar as extensas terras dominadas. A finais do século aparecen os hicsos, que conquistaron a rexión norte do país.

Acontecementos relevantes[editar | editar a fonte]

Persoas relevantes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]