Pausanias (xeógrafo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pausanias
Nacementoc. 110 e c. 115
Lugar de nacementoAsia
Falecementoc. 180
Lugar de falecementoSicilia
Ocupaciónescritor, xeógrafo e escritor de viaxes
Coñecido porDescription of Greece
editar datos en Wikidata ]

Pausanias (en grego antigo Παυσανίας Pausanías), chamado o Periéxeta, foi un xeógrafo e viaxeiro da Antigüidade. Naceu, segundo as suposicións actuais, en Magnesia do Sípilo (Lidia) sobre o ano 115, e morreu en Roma sobre o ano 180.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pausanias explora a Grecia antiga, a Macedonia romana, Italia, Asia e África antes de vivir en Roma sobre o 174. Alí escribe unha Descrición de Grecia (Περιήγησις / Periêgêsis [Hellados]), ou Periexese, en dez libros. Á maneira dunha guía de viaxes moderna dá, segundo transcorre o seu itinerario, a lista detallada dos lugares que visita (entre as que destaca a descrición de Delfos) e as lendas que están en relación con eles. O historiador Paul Veyne chega a dicir na súa obra Les Grecs ont-ils cru à leurs mythes ? (1983):

Pausanias é o equivalente dun filólogo ou un arqueólogo alemán da época dourada; para describir os monumentos e contar a historia dos diferentes países de Grecia, investigou nas bibliotecas, viaxou moito, veuno todo cos seus ollos. (...) A precisión das indicacións e a amplitude da información sorprenden, así como a seguridade da súa mirada. [1]

A obra de Pausanias é así un testemuño de capital importancia sobre Grecia en época romana, en particular para o século II, mesmo se Pausanias se comprace a miúdo en mesturar a historia e a mitoloxía. Numerosas escavacións arqueolóxicas teñen confirmado en moitas ocasións a veracidade das súas informacións, sobre todo no que atinxe os xacementos históricos e as obras de arte que contiñan.

A Descrición está composta do seguinte xeito:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. !Pausanias est l'égal d'un philologue ou d'un archéologue allemand de la grande époque ; pour décrire les monuments et raconter l'histoire des différentes contrées de la Grèce, il a fouillé les bibliothèques, a beaucoup voyagé, a tout vu de ses yeux. (...) La précision des indications et l'ampleur de l'information surprennent, ainsi que la sûreté du coup d'œil."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lacarrière, Jacques (1978): Promenades dans la Grèce antique, Hachette.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]