Saltar ao contido

Laconia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laconia
 Nome orixinal
    Λακωνία (el) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Epónimo
Laconia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Laconia Regional Unit (en) Traducir (2011 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   84.469 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3.636 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal23x xx Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1360426 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04nnr Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Laconia, antes coñecida como Lacedemonia, é unha unidade rexional da Grecia, localizada no sueste da rexión do Peloponeso, con capital na cidade histórica de Esparta.

Ten unha extensión de 3 636 km2 e unha poboación, en 1991, de 94.916 habitantes[1].

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Segundo Pausanias[2], o primeiro rei da rexión chamouse Lélexe, ou Lélex, e era autóctono. Chámanse autóctonos aqueles personaxes nacidos directamente da tierra, sen ter pai nin nai, polo que estaban vinculados a esta para sempre. Deste rei vénlle o nome ós primeiros habitantes da rexión, os lélexes[3]. Lélexe tivo dous fillos: Miles, que o sucedeu ó trono, e Policaón, que accedeu ó trono de Mesenia ó casar con Mesene, filla do rei de Argos[4].

Ascendencia e descendencia de Lacedemón e Esparta, segundo Apolodoro

A Miles sucedeuno o seu fillo Eurotas, un deus fluvial habido coa náiade Cleocaría, que dragou un pantano e creou un río, chamado Eurotas. Este casou con Clete e tivo unha filla, Esparta. Esparta casou con Lacedemón, fillo da náiade Táixete[5] e Zeus, que foi o sucesor de Eurotas e quen bautizou ó reino como Lacedemonia[6] e á cidade principal, fundada por el, como Esparta. Dise que tiveron dous fillos, Amiclas (o seu sucesor) e Eurídice, que casaría con Acrisio e sería a nai de Dánae.

  1. ↑ Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo, tomo 11, s. v. Laconia.
  2. ↑ Descripción de Grecia 3, 1, 1.
  3. ↑ Este pobo aparece citado na Ilíada como aliados dos troianos (Ilíada X, 429; XX, 96).
  4. ↑ Grimal, s. v. Lélege.
  5. ↑ Que dará nome a unha montaña de Esparta, o monte Táixete ou Táixeto.
  6. ↑ "Táixete tivo de Zeus a Lacedemón, de quen recibe o nome a rexión de Lacedemonia" (Apolodoro III, 10, 3),

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]