-492
Aparencia
| 2026 | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Calendario gregoriano | 2026 MMXXVI | ||||||||||||||||||
| Ab urbe condita | 2779 | ||||||||||||||||||
| Calendario armenio | 1475 | ||||||||||||||||||
| Calendario chinés | 4722 – 4723 | ||||||||||||||||||
| Calendario hebreo | 5786 – 5787 | ||||||||||||||||||
| Calendario hindú | |||||||||||||||||||
| · Vikram Samvat | 2081 – 2082 | ||||||||||||||||||
| · Shaka Samvat | 1948 – 1949 | ||||||||||||||||||
| · Kali Yuga | 5127 – 5128 | ||||||||||||||||||
| Calendario persa | 1404 – 1405 | ||||||||||||||||||
| Calendario musulmán | 1448 – 1449 | ||||||||||||||||||
| Calendario rúnico | 2276 | ||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- En Roma, consulado de T. Xeganio Macerino e P. Minucio Augurino
- Cleómenes I, rei dos lacedemonios, expulsa do trono ao segundo rei, Demarato, hostil aos seus proxectos contra Atenas e Exina. Demarato refúxiase con Darío I.
- Iníciase a primeira expedición do rei persa Darío I contra Grecia baixo o mando do seu xenro e xeneral, Mardonio. Darío envía a Mardonio á Xonia a substituír o seu sátrapa, Artafernes e co encargo de facerse coa Tracia e impor o seu protectorado na Macedonia. A súa campaña contra a Grecia é un fracaso: boa parte da frota persa é destruída por unha tempestade ao bordear o monte Athos. Segundo Heródoto, perdéronse 300 embarcacións e máis de 20 000 homes. Os brixios atacan o acampamento persa e matan a moitos persas. Mardonio é ferido mais consegue derrotalos.
- Milcíades debe fuxir do Quersoneso de Tracia e refúxiase en Atenas. Alí acúsaselle de tiranía, mais logo é absolto.
- En Sicilia, a colonia de Siracusa Camarina rebélase. Hipócrates, tirano de Xela intervén para se enfrontar a Siracusa. Após vencer o exército no río Heloro, sitia a cidade. Porén, diante da intervención de forzas provenientes de Corinto, decide retirarse a cambio de Camarina.
Nacementos
[editar | editar a fonte]Mortes
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |