Tebas, Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tebas (en grego Θῆϐαι) era una vila grega de Beocia, capital dun domo.

Tebas na mitoloxía[editar | editar a fonte]

Orixes da cidade[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cadmo.

A cidade foi fundada polo Cadmo (ou Cadmos), fillo de Axenor, rei de Tiro (Fenicia) e de Telefasa, e irmán de Europa.

Chegou a Grecia buscando á súa irmá Europa, raptada por Zeus. Ao non atopala, e seguindo o consello do Oráculo de Delfos buscou un lugar onde fundar unha cidade. No sitio revisto, un dragón matou aos seus compañeiros, venceu ao dragón e sementou os seus dentes, dos que naceron os guerreiros que lle axudaron a fundar Tebas.

Xa ancián, o pobo de Tebas se rebela contra el, xunto coa súa esposa busca refuxio na Iliria, onde foron finalmente transformados en serpes.

O cíclo de Edipo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Edipo.
Artigo principal: Esfinxe.
Artigo principal: Antígona.

Edipo era fillo dos reis de Tebas Laio e Iocasta. Ao nacer, un oráculo revela que matará o seu pai, ante o cal decídese que morra. Un pastor é o encargado de executalo, pero só o abandona no monte, no que é atopado por outro pastor, este de Corinto, o cal o leva ante os reis de Corinto, que o adoptan dada a súa incapacidade para ter fillos.

Coñecedor da terrible profecía, fuxe de Corinto, nun camiño pelexa e mata a un home, que resulta ser Laio, o seu pai. Chegando a Tebas atopa á Esfinxe, un monstro que se alimenta dos viaxeiros e ten atemorizada a Tebas, que lle propón unha adiviña, Cal é o único animal que na alborada anda con catro pés, ao mediodía con dous pés e á tardiña con tres pés?, que Edipo resolve dicindo que é o home. Edipo salva a vida e a esfinxe suicídase.

Os habitantes de Tebas danlle como mostra de gratitude o trono baleiro e a man da raíña viúva, Iocasta. Xa no trono, as desgrazas que caen sobre a cidade apuntan a un home impío que atrae a cólera dos deuses. Por fin Edipo descubre toda a verdade e cégase polo que fixo. Guiado pola súa filla Antígona diríxese a Colono, alí os seus fillos pelexaran polo seu cadáver, pois será rei quen o posúa.

Máis tarde, Antígona foi condenada a ser enterrada viva como castigo por ter enterrado o cadáver do seu irmán, Polinices, a pesar da prohibición do tirano Creonte.