Hoplita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Hoplita grego.

O hoplita[1] era un cidadán-soldado das cidades-estado da Antiga Grecia. O seu nome (do grego antigo ὁπλίτης, hoplitēs) deriva de hoplon (ὅπλον, plural hopla, ὅπλα), que significa «artigo de armamento» ou «equipamento». Era un soldado de infantería pesada, en contraposición ao gimneta (grego antigo γυμνής, gymnếs, “espido”) e ao psilós (grego antigo ψιλός, psilós, “espido” tamén), soldados de infantería lixeira.

Estes soldados apareceron probablemente a finais do século VII a. C. Formaban parte dunha milicia cidadá, armada como lanceiros. Eran relativamente fáciles de armar e manter, e ademais podían pagar o custo do armamento. Case todos os gregos coñecidos da Antigüidade clásica loitaron como hoplitas, incluso filósofos e dramaturgos. Dende a formación dos hoplitas como milicia, non recibiron permanentes ataques e as campañas eran curtas. A excepción eran os guerreiros espartanos, que eran soldados especializados, e que tiñan nos seus estados terras asignadas ás clases baixas, que eran quen se encargaban delas. Os exércitos marchaban dereitamente cara ao seu obxectivo. Alí, os defensores podían esconderse tras as murallas da cidade; nese caso os atacantes debían contentarse con facer estragos no agro, aínda que os primeiros tamén podían decidir encontrarse con eles no campo de batalla. As batallas entón tendían a ser decisivas. Eran curtas, sanguentas e brutais, polo que se necesitaba un alto grao de disciplina. Ambas as forzas aliñábanse nunha chaira, cunha formación rectangular aproximada, arredor de oito filas, aínda que isto variaba. Outras forzas eran menos importantes; coma os hippeis (cabalaría), que se situaba nos flancos, e tanto a infantería lixeira como as tropas que lanzaban proxectís eran insignificantes.

Os hoplitas máis coñecidos eran os espartanos, adestrados dende a súa nenez no combate e na guerra, para convertelos nunha forza de ataque superior e excepcionalmente disciplinada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hoplita.