Terón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 535 a. C. |
Morte | 473 a. C. (61/62 anos) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Familia | Q1338558 |
Fillos | Damarete, Trasídeo |
Irmáns | Xenocrates of Akragas |
Premios | |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Yuzhakov Big Encyclopedia (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Terón foi un tirano grego da cidade de Acragante en Sicilia desde o 488 a.C. e pronto estivo relacionado con Xelón, que xa tiña unha posición forte en Gela e a partir do 485 a.C. tamén de Siracusa. Posteriormente Xelón converteuse no xenro de Terón.
Terón fixo guerra á cidade de Selinunte e ao tirano de Hímera, chamado Terilo. Polo tanto, Terilo buscou establecer unha alianza con Cartago. Terón capturou Hímera, pero á súa vez foi sitiado nesa cidade polo exército cartaxinés, axudado por Terilo. Terón recibiu axuda de Xelón, que, no 480 a.C., obtivo unha gran vitoria fóra das murallas de Hímera, o que simbolizou un triunfo sobre o helenismo occidental nun momento en que as cidades gregas gañaran a batalla de Salamina. Baixo o reino de Terón, Acragante xunto con Siracusa e Selinunte (que era procartaxinesa) formaban unha especie de "triunvirato" que dominaría a Sicilia grega desa época. Terón morreu no 473 a.C. e foi sucedido durante un breve tempo polo seu fillo Trasideo, antes de ser desprazado por Hierón I, o irmán de Xelón e Acragante quedará baixo o control de Siracusa.
Terón era un gran amante da arte e, como home culto, fixo de Acragante unha das máis belas cidades gregas. O poeta Píndaro estivo na súa corte e dedicoulle dúas odas olímpicas.