Seleuco I Nicátor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Seleuco I»)
Infotaula de personaSeleuco I Nicátor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento358 a. C. Editar o valor em Wikidata
Europos, Grecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte281 a. C. Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Lysimachia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSelêucia Piéria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Seleucid ruler (en) Traducir
312 a. C. – 281 a. C. – Antíoco I Sóter (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Macedonia
Imperio Seléucida Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión da Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaKoiné Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei
Basileus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaSeleucid dynasty (en) Traducir e Imperio Seléucida Editar o valor em Wikidata
CónxuxeApama (pt) Traducir
Estratonice (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAntíoco I Sóter (pt) Traducir
 () Apama (pt) Traducir
Fila (pt) Traducir
 () Estratonice (pt) Traducir
Achaeus (en) Traducir
 () valor descoñecidovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
PaisAntíoco (pai de Seleuco I Nicator) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Laódice (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDidymeia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Seleuco I, chamado Nicátor ("o vencedor"), nado en Macedonia arredor do 358 a.C. e finado en Tracia o 281 a.C., foi o último dos chamados diádocos. Reinou en Babilonia e Siria dende o 305 a.C. ao 281 a.C. Foi o fundador da dinastía seléucida e do Imperio Seléucida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ascenso ao poder imperial[editar | editar a fonte]

Fora xeneral no exército de Alexandre o Grande e dous anos despois da morte deste, no 321 a. C., foi nomeado sátrapa (gobernador) de Babilonia e máis tarde, rei deste territorio, pero despois da derrota e morte do xeneral Antígono I Monóftalmos, Seleuco fíxose co poder do extenso dominio que chegaba ata o actual Paquistán, Irán, as montañas da India e os desertos do mar de Aral. De todos os diádocos que se repartiron o imperio de Alexandre, Seleuco foi quen levou a máis extensa parte que comprendía vinte pobos de distintas etnias, linguas e relixión, e que sumaba máis de trinta millóns de habitantes.

No ano 301 a. C. librouse a batalla de Ipsos na que loitaron Casandro de Macedonia, Lisímaco de Tracia e Seleuco contra Antígono Monóftalmos, perdedor da contenda e que ata entón se fixo co control de todo o imperio de Alexandre coa intención de ser o único rei. A partir desa vitoria, Seleuco reinou tranquilo sobre o extenso territorio descrito anteriormente.

Reinado[editar | editar a fonte]

Seleuco soubo manter unhas boas relacións políticas e comerciais coa India. Enviou a dito país o seu secretario Megástenes, á corte do rei indio chamado Chandragupta (en grego, Sandrácoto), fundador da gran Imperio Maurya. Os acordos consolidáronse polo matrimonio entre o rei indio e unha filla de Seleuco. Á volta da súa viaxe, Megástenes escribiu un gran relato, do que só quedaron breves extractos, e esta foi a primeira vez que os gregos tiveron unha narración sobre cuestións relacionadas con este país.[1]

Os reinos dos diádocos despois da batalla de Ipsos, no 301 a. C.

Ao longo do seu reinado, Seleuco fundou varias cidades importantes. Na beira occidental do río Tigris (que nace na actual Turquía e desemboca no golfo Pérsico), ao noroeste de Babilonia, construíu Seleucia do Tigris, que foi ademais a capital. Seleucia foi o centro do comercio. Así mesmo fundou Seleucia Pieria, Seleucia Traquea e Antioquía (na actual Turquía).

Seleuco seguiu un sistema de goberno moi parecido ao dos anteriores reis de Persia. Cada provincia estaba rexida por un sátrapa (gobernador). Pero ao ser un reino tan grande e tan estendido e con etnias e xentes tan diferentes, os problemas empezaron a chegar, sobre todo na zona que estaba formada por pobos persas, medos e bactrianos que conservaran a súa antiga relixión e a súa lingua. Así é que cando os sátrapas tiveron coñecemento do comezo da decadencia da dinastía seléucida, aproveitaron para facerse independentes. O sátrapa grego da Bactriana tomou o título de rei no 255 a. C. e así comezou o reino de Bactriana (hoxe país de Balkh, no que actualmente é parte de Afganistán, Uzbekistán e Taxiquistán), que durou até o ano 126 a. C. O seu idioma foi sempre o grego.

Seleuco morreu asasinado por Tolomeo Cerauno. Sucedeuno no trono o seu fillo Antíoco I Sóter.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John Keay (2001). India: A History. Grove Press. pp. 85–86. ISBN 978-0-8021-3797-5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]