Coristanco
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | San Roque | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.779 (2023) (41,28 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 140 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Pensado Plágaro | ||||
Eleccións municipais en Coristanco | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15147 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15029 | ||||
Páxina web | coristanco.net |
Coristanco é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no 2018 tiña 5.950 habitantes[1] (6.706 no 2014, 6.974 no 2012, 7.102 no 2011, 7.165 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «coristanqués».
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]O concello limita ao norte con Ponteceso e Carballo, ao sur con Santa Comba, Zas e Tordoia, ao leste con Carballo e ao oeste con Cabana de Bergantiños. A principal vía de comunicación é a estrada AC-552, que une A Coruña con Fisterra.
Parroquias de Coristanco |
---|
Hidrografía
[editar | editar a fonte]A lagoa de Alcaián, tamén coñecida como Braña Rubia, está situada na parroquia de Seavia, ao pé do monte Bubela. Malia o seu nome, é unha braña, e só ten auga estancada nas épocas máis chuviosas. Na actualidade está moi descoidada e apenas ten patrimonio ecolóxico. O nome de Alcaián débese á lenda de que baixo a lagoa hai unha cidade somerxida (lenda repetida noutras moitas outras lagoas) chamada Alcaián. Outra lagoa do concello é a lagoa de Cuns.
Demografía
[editar | editar a fonte]Fonte INE, 1857-2011; IGE, Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos Arquivado 05 de abril de 2022 en Wayback Machine.
Evolución da poboación de Coristanco Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6495 | 7338 | 9327 | 10 314 | 7765 | 7285 | 7102 | 6974 | 6875 | 6706 | 6551 | 6425 | 6313 | 6177 | 6074 | 5950 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Censo total 2014 | 6706 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 631 (9.41 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4006 (59.74 %) |
Maiores de 65 anos | 2069 (30.85 %) |
Historia
[editar | editar a fonte]Hai restos megalíticos no concello, unhas 30 mámoas construídas hai uns 8.000 anos, sendo os mellor conservados os catro que hai no monte Lume de Suso e os de Porcariza, en Xaviña.
A partir do século VI a. C. chegou a cultura castrexa traída polos ártabros. Na zona establecéronse os Brigaecini, que deron nome á comarca. Consérvanse oito castros catalogados[2], en moi mal estado de conservación debido ó uso das súas pedras noutras construcións ou peches de leiras.
- Castro Redondo e O Portal (A Cruz de Agrelo-Cereo)
- Cotón e San Roque (Coristanco)
- Santa Cecilia (Centiña-Coristanco)
- Vilar (Couso); O Cotón (Ferreira)
- Oca e As Picureas (Oca)
- Lume de Suso (Santa Baia de Castro)
- A Croa de Arixón (Seavia)
- Puga (Arixón-Seavia)
- Castrobó (Castrobó-Valenza)
- A Insua (Valenza)
Coa romanización comezaron a mellorarse as comunicacións, con construcións como a ponte Lubiáns sobre o río Rosendo.
Durante a Idade Media a zona estivo dominada polo arcebispo de Santiago, o mosteiro de San Mamede de Seavia e o conde de Traba. Na torre de Nogueira viviron os Bermúdez de Castro.
O concello de Coristanco constituíuse en 1835, formando parte do partido xudicial de Carballo. Con anterioridade a maioría das súas parroquias pertencían a Santiago de Compostela.
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio arquitectónico
[editar | editar a fonte]A ponte Lubiáns cruza o río Rosendo, afluente do Anllóns. Une o concello de Carballo con Coristanco, no lugar de Montecelo, na parroquia de Oca.
Foi construída no século I, e por ela discorría a vía XIX do itinerario de Antonino, tamén chamada Per loca maritima. Até a construción moitos anos despois da Ponte Nova uns metros máis abaixo serviu de paso entre A Coruña e Fisterra. Nas súas orixes tiña cinco arcos, contando na actualidade con 4. Ten 40,5 metros de lonxitude e 2,6 de ancho. A súa maior altura sobre o río é de 5,4 m. Aínda conserva a calzada de lousas.
A torre de Nogueira está situada no lugar de Nogueira, na parroquia de Seavia. É de forma rectangular e estilo gótico, de 13 m de altura. Formaba parte do pazo-fortaleza dos Bermúdez de Castro, levantado no século XV. O pazo tiña dúas torres, de carácter defensivo.
O pazo de Cereo Vello conserva entre dous pináculos barrocos unha pedra de armas co emblema dos Manueles, descendentes do infante Xoán Manuel, á súa vez descendente de Afonso X o Sabio. O escudo é acuartelado con dous leóns rampantes con dous brazos armados. Consérvanse tamén os emblemas doutras familias nobres de Bergantiños, como os Vilardefrancos e os Pardiñas.
Outros dous pazos son o de Ferreiros, que pertenceu a un descendente de María Pita, e o de Ponte, en Verdes, que conserva restos dunha torre con pequenas garitas e unha gran muralla arredor da construción.
Irmandade
[editar | editar a fonte]Coristanco está irmandado dende 1998 con La Guyonnière situado no departamento Vendée na rexión Países do Loira[3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Coristanco.
-
O Río Anllóns o seu paso por Verdes.
-
O Río Anllóns o seu paso por Verdes.
-
Carroza deseñada con patacas na Festa da pataca de Coristanco de 2005.
-
Cesto de patacas na Festa da pataca de Coristanco de 2005.
-
Casa do concello
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos". ige.gal. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ CASTROS DE GALIZA/GALICIA I Coristanco onosopatrimonio.blogspot.com.es
- ↑ "Irmandamento Guyonnière concello de Coristanco". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coristanco |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domínguez Rial, Evaristo (2015). Coristanco. As súas parroquias. Costa da Morte. Edicións Embora. ISBN 978-84-16456-06-2.