Ponte Lubiáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°11′51″N 8°42′40″O / 43.1975, -8.71111111

Ponte Lubiáns
Localización
RíoRosende
ConcelloCoristanco - Carballo
ProvinciaA Coruña
Características
ConstruciónSéculo I
Lonxitude40 m
Ancho2,6 m
TipoRomana (de arco)
Materialpedra

A ponte Lubiáns está situada sobre o río Rosende, entre as parroquia de Oca (concello de Coristanco) e a de Carballo (concello de Carballo).

Características[editar | editar a fonte]

Tamén coñecida como Ponte Vella, é de orixe romana (un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro, lembra a súa orixe), mais foi reformada na Idade Media. Está formada por catro arcos asimétricos e atravesada por un tallamar triangular na parte central. Ten unha lonxitude de 40 metros, con 2,60 m de ancho, e unha altura máxima de 5,40 m.

É un resto conservado da antiga vía romana per loca marítima que, vindo de Grandimirum (Brandomil, no concello de Zas) atravesaba a parroquia de San Martiño de Oca para continuar polo concello de Carballo ata Brigantium, hoxe cidade da Coruña.

Aparece xunto coa Torre de Nogueira no escudo do concello de Coristanco[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Franco Maside, R. M. (2001): La vía Per Loca Marítima: un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]