Ferreira, Coristanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°09′11.2″N 8°46′54.3″O / 43.153111, -8.781750

Ferreira
Cruceiro e igrexa de Ferreira.JPG
Cruceiro e igrexa de Santa María de Ferreira.
ConcelloCoristanco[1]
ProvinciaA Coruña
Área5 km²
Poboación162 hab. (2018)
Densidade32,4 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Ferreira é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. En 2018 contaba con 162 habitantes dos cales 69 eran homes e 93 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 192 habitantes (104 mulleres e 88 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 209 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 174 habitantes, sendo 77 homes e 97 mulleres.

Referencias medievais[editar | editar a fonte]

É probable que nos primeiros séculos da Idade Media pertencese ao territorio dos cóporos ou dos brigantinos e que polo século XII estivesen dentro das posesións dos Condes de Traba e dentro da área de influencia do bispado iriense. Debeu estar moi poboada xa no Neolítico porque no seu territorio, segundo o Inventario de patrimonio (2000) había tres mámoas localizadas no Chao da Embarradas que pasarían a ser sete, segundo o traballo de campo para a elaboración do PXOM. No citado Inventario do PXOM incluirían o cruceiro e a igrexa parroquial ademais de: catro muíños, dous hórreos, casa con dependencias e dous conxuntos singulares. A primeira referencia histórica que atopamos está relacionada cun camiño da época medieval que, segundo Elisa María Ferreira Priegue, uniría Bergantiños coas terras do occidente coruñés remontando as empinadas abas de Ferreira e , despois de pasar pola Agualada, torcería en dirección a Cuns e Sordíns e , desde alí, seguiría por Gándara e Carreira cara a Dumbría e Cee.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ferreira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ferreira no concello de Coristanco (A Coruña)

Bieite de Abaixo | Bieite de Arriba | Ferreira | Figueiras | O Piñeiro | O Pontillón | O Porto | As Teixoeiras

Parroquias de Coristanco[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coristanco

A Agualada (San Lourenzo) | Cereo (Santa María) | Coristanco (San Paio) | Couso (San Miguel) | Cuns (San Vicenzo) | Erbecedo (San Salvador) | Ferreira (Santa María) | Oca (San Martiño) | San Xusto (San Xián) | Santa Baia de Castro (Santa Baia) | Seavia (San Mamede) | Traba (Santa María) | Valenza (San Pedro) | Verdes (Santo Adrán) | Xaviña (San Tomé)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.