Valenza, Coristanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°11′48.3″N 8°48′24.2″O / 43.196750, -8.806722

Valenza
Igrexa de Valenza.jpg
San Pedro de Valenza
Concello Coristanco
Poboación 391 hab. (2014)
Entidades de poboación 9

San Pedro de Valenza é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 479 habitantes (249 homes e 230 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 505 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 391 habitantes, sendo 197 homes e 194 mulleres.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Valenza pode estar relacionado coa forma valentia derivada do verbo latino valere (valer,ser forte), por referencias a fortes ou fortalezas antigas. Bustelo, de bustelludiminutivo de bustu(busto funerario,tumba ou lugar onde se queimaban os cadáveres), debeu chegar a significar pastadoiro de gando ou pequena extensión de terra destinada a pasto de gando. Castrobó, alusión a un recinto fortificado clara, indicando na segunda parte a condición da súa calidade e bondade, tamén indicaría fortaleza ou fortín; o que parece claro é que alí non existiu castro ningún. Lestón pode referirse a un lugar abundante nunha planta chamada lesta recendente de talo sempre ergueito, con follas planas e longas. Portoquintáns: porto pode aludir a un paso terrestre entre montañas ou a un paso acuático, mesmo de barcas; quintáns viría de quintus,-a,-um que nun principio puido significar a quinta parte dun terreo ou herdade e , mais tarde, calquera territorio cercado,máis ou menos grande. O Ramallón é posible que faga alusión a unha rama moi grande dunha árbore a un cruce de varios camiños. A Ribela, diminutivo de ripa co significado de ribeira e indicaría un asentamento nunha aba ou ladeira dunha montaña. A Serra parece relacionado cunha elevación montañosa.[1]

Hidrografía[editar | editar a fonte]

O único curso de auga que pode ser destacado é o rego do Grelo, que ten un curso duns 4,5 km dentro da parroquia. Nace a rentes da aldea de Bustelo e toma unha dirección sur-norte. Incúrvase logo cara ao nordés para ir xuntarse co río Calvar, un pouquiño ao leste de Portoquintáns. Un ínfimo regato, afluente do anterior sería o Martiño, nacido no monte homónimo ou o rego de Fontes, que mana do Picho de Fontes e que se xunta co Grelo, preto de Valenza. Unha boa parte do linde con Corcoesto está ocupado polo rego do Lourido, cun minúsculo subsidiario: o rego de Batán, que nace preto do Ramallón.[1]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Valenza[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Valenza no concello de Coristanco (A Coruña)

Bustelo | Castrobó | A Costa | Lestón | Portoquintáns | O Ramallón | A Ribela | A Serra | Valenza

Parroquias de Coristanco[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coristanco

A Agualada (San Lourenzo) | Cereo (Santa María) | Coristanco (San Paio) | Couso (San Miguel) | Cuns (San Vicenzo) | Erbecedo (San Salvador) | Ferreira (Santa María) | Oca (San Martiño) | San Xusto (San Xián) | Santa Baia de Castro (Santa Baia) | Seavia (San Mamede) | Traba (Santa María) | Valenza (San Pedro) | Verdes (Santo Adrán) | Xaviña (San Tomé)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. 1,0 1,1 Domínguez Rial, Evaristo (2015). Coristanco. As súas parroquias. Embora edicións. ISBN 978-84-16456-10-9.