Verdes, Coristanco
| Verdes | |
|---|---|
O río Anllóns ao seu paso polo Refuxio de Verdes | |
| Concello | Coristanco[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°13′26″N 8°47′28″O / 43.22399476, -8.79112991 |
| Área | 3 km² |
| Poboación | 65 hab. (2018) |
| Densidade | 21,67 hab./km² |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santo Adrán de Verdes é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 65 habitantes (27 mulleres e 28 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 88 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A paraxe natural Refuxio de Verdes é unha zona onde as augas do Anllóns se atopan cunha serie de pedras que alteran o seu curso, dando lugar a cascadas e rápidos que, xunto coa vexetación e as construcións existentes, enchen de encanto o lugar.
Convertido en zona de esparexemento grazas ó labor de restauración, podemos atopar neste antigo coto de pesca un gran número de muíños, que dan conta da cantidade de millo e trigo que se recollía nestas terras.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Río Anllóns en Verdes.
-
O río Anllóns ao seu paso polo refuxio de Verdes
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Verdes
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Verdes no concello de Coristanco (A Coruña) | |
|---|---|
|
A Ervelleira | A Gandra | O Morazás | Ponte | O Vilar |
Parroquias de Coristanco
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parroquias de Cereo e Verdes. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2002.